martes, 9 de febrero de 2016




A ASAMBLEA INSTA A UNIÓN X CAMBRE A PROPOÑER  E DIALOGAR CO RESTO DOS GRUPOS.

Na ACdC, solicitamos ao goberno que coa finalidade de conseguir un goberno estable en Cambre, inicie diálogo de propostas co resto dos grupos da corporación.
Dende a ruptura do pacto de goberno entre UxC e PSOE, na Asamblea se informou sempre ao goberno da nosa posición de diálogo. Posición, que seguimos mantendo polo ben do conxunto de veciñas e veciños de Cambre.

Entendemos, que debe ser o alcalde ou a persoa designada polo goberno para esta cuestión a que nos faga unha proposta, pois coñecen mellor a situación actual e as carencias que existen. Si isto chega a suceder, iniciaríamos as conversas para ver ata onde estamos dispostas a chegar.

A única proposta que se fixo por parte do actual goberno de cara á participación do resto dos grupos, foi a da Xunta de Goberno Local, un órgano que non ten capacidade de decisión, polo que dende ACdC nos pareceu algo insuficiente e motivado por unha falsa escusa de transparencia que actualmente xa existe posto que os grupos reciben as actas das Xuntas de Goberno Local. Por iso, instamos ao goberno a unha nova negociación cos grupos políticos representados no concello, posto que con 5 concelleiros e un 20% dos votos, UxC non te lexitimidade para gobernar en solitario, contratando a asesores que cubran a labor de concelleiros que non acadaron nas urnas, pois esa situación estaría máis preto de converter Cambre nun goberno de tecnócratas  que nun goberno democrático.
Levamos semanas asistindo a difamacións sobre a nosa postura de cara a un diálogo, por iso, queremos insistir en que por medio dos nosos concelleiros se informou a UxC, en persoa, por teléfono e mediante notas de prensa a nosa posición a dialogar de cara a establecer un pacto de goberno si se cumpren unha serie de garantías, tanto éticas como programáticas.

O que non pode ser, e que  a cidadanía de Cambre, sufra as consecuencias de ter un concello con áreas como servizos sociais ou facenda carentes de dirección política, mentres estamos á espera do que diga a executiva do PSOE en Madrid.

Ademais, dende a ACdC poñemos en cuestión a lexitimación que pode ter unha reedición do pacto entre PSOE e UxC, xa que non debemos esquecer que aínda que o Sr.Bao abandone a acta, dúas concelleiras do PSOE, mostraron o seu apoio expreso a este concelleiro no pleno do 23 de novembro, abandonando o salón de plenos con él.


Por todo o anterior solicitamos ao goberno de Cambre que inicie un diálogo de propostas ao resto dos grupos coa finalidade de consolidar un goberno estable que permita facer unha política responsable coas veciñas e veciños de Cambre.

No hay comentarios: