viernes, 12 de febrero de 2016


CTeTEI6WEAA-OaG

Esquerda Unida repulsa o asasinato machista ocurrido en Becerreá

Esquerda Unida, unha vez máis, manifesta a súa condena máis rotunda á violencia machista, que cobrouse onte unha nova vítima en Becerreá. Neste senso, a deputada de AGE, Eva Solla, traslada a súa solidariedade coa familia e cos menores testemuñas do asasinato e reclama que “dende os poderes públicos se loite de maneira real e prioritaria contra este problema”.
Tanto a Administración central como a autonómica son responsables de educar en igualdade e levar a cabo programas transversais neste senso, así como dar solucións reais para que as mulleres teñan ferramentas para abandonar as situacións de maltrato”, explica a deputada. “A pesar de que a violencia de xénero é rexeitada desde todos os ámbitos, é aínda unha secuela endémica que nos segue golpeando”, sinala Vanessa Angustia, coordinadora de EU Pontevedra e senadora de En Marea.
“Desde que comezou a crise, a violencia de xénero foi en aumento. Temos exemplos de violencia institucional soterrada que se exerce contra as mulleres a través dos recortes orzamentarios ou a diminución das poucas políticas de prevención, entre outros factores que seguen a fortalecer a desigualdade”, remata a senadora.

No hay comentarios: