ESQUERDA UNIDA ESIXE A DEPURACIÓN DE
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS E PENAIS TANTO TURCAS COMO EUROPEAS POR CRIMES
CONTRA A HUMANIDADE
Compostela, 31 de marzo de
2016. O membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE
Xabier Ron denuncia que “o homicidio de persoas refuxiadas, entre elas
menores, por parte de Turquía coa complicidade da UE representa o ASASINATO DA
DEMOCRACIA”. Ademais, Esquerda Unida esixe a depuración de
responsabilidades políticas e penais tanto turcas como europeas por crimes
contra a humanidade.
“Se se confirman as informacións
extraídas polo Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos sobre os asasinatos
indiscriminados cometidos pola policía turca, e dados a coñecer esta tarde, reafirmamos
que este é un acordo criminal e esiximos non só o seu final, senón tamén a
depuración de responsabilidades políticas e penais por crimes contra a
Humanidade”, remata o deputado.
Grazas
pola vosa atención
Gabinete
de prensa de EU
No hay comentarios:
Publicar un comentario