CONSULTA AS BASES PREACORDO: EU -PODEMOS
Estimadas compañeiras
Estimados compañeiros
No Consello Político Federal de
IU do pasado sábado 7 de maio acordouse celebrar unha segunda consulta ás bases
sobre a negociación os acordos para a coalición electoral con Podemos.
Máis onte fíxose público o
preacordo acadado entre ambas organizacións, IU e Podemos, co compromiso
explícito de desenvolver co urxencia unha consulta ás bases de ambas
organización sobre o preacordo.
A consulta farase estes días:
· desde
ás 0.00 h do 10 de Maio, consulta online a través da nosa ferramenta UAR, até o
día 11 ás 9.00h
· 11
de Maio consulta presencial en urna que deberemos de novo organizar nas
comarcas.
A consulta online faise co
sistema habitual a través da páxina web ES LA HORA: http://eslahora.izquierdaunida.es e
estará habilitada para que poida votarse desde as 00:00 horas do 10 de Maio até
as 9.00h do día 11.
A votación presencial será o
mércores 11 de Maio nas sedes locais de Esquerda Unida en horario de 17:00 a
22:00h como máximo. Sobre este asunto dende as agrupacións locais da Coruña e
de Cambre están a organizar a votación presencial, ao ser as unicas localidades
da comarca donde EU ten sede.
Na votación presencial
poderán votar as persoas afiliadas e simpatizantes a EU na CORUÑA e en CAMBRE
(rexistradas no censo) que non poidan votar on line. Se votouse on line non
poderase votar presencialmente.
Para máis información podedes
dirixir as vosas consultas aos seguintes correos electrónicos:
No caso das persoas
afiliadas e simpatizantes que non sexan da CORUÑA nin de CAMBRE (rexistradas no
censo) que non poidan votar on line e que quieran votar presencialmente deberán
desprazarse para poder facelo da seguinte maneira (non temos outra posibilidade):
· persoas afiliadas e simpatizantes de OLEIROS,
CULLEREDO, SADA, BETANZOS, MIÑO, PADERNE, ABEGONDO, CARRAL e CERCEDA : sede de
EU no Temple (Cambre), na rúa da Constitución 3, baixo.
· persoas afiliadas e simpatizantes de ARTEIXO, A
LARACHA, CARBALLO, MALPICA, LAXE, CEE, CORCUBIÓN e MUXÍA: sede de EU na Coruña,
rúa Cardenal Cisneros 60, baixo.
Contando coa vosa
colaboración e implicación, recibide un cordial saúdo.
Juan Martínez: Coordinador comarcal
No hay comentarios:
Publicar un comentario