VOTACIÓN NA SEDE LOCAL DE "ESQUERDA UNIDA" DE CAMBRE
COMUNICADO
DE PRENSA
Un 84,81% da militancia e simpatizantes galegos apoian unha coalición electoral con Podemos e outras
forzas na consulta de Izquierda Unida
Compostela, 05 de maio de 2016. A
consulta á militancia e aos simpatizantes posta en marcha por Izquierda Unida
Federal sobre a procura dunha confluencia con outras forzas políticas, entre
elas, Podemos, para as vindeiras eleccións do 26 de xuño sáldase en Galicia cun 84,81% a favor, un 10,48% en contra e un 2,49%
de abstención, datos moi similares aos do resto do Estado, que rexistrou un
84,5% a favor da consulta, un 13,1% en contra e un 2,4% de abstención.
A
particularidade da consulta en Galicia residía en que a votación sometía,
ademais, á validación por parte das
bases de Esquerda Unida a vontade de formalizar un acordo para participar en
eleccións como En Marea.
O
resultado da consulta mostra que as bases de Esquerda Unida dan o seu respaldo
á confluencia e á suma de forzas, tendo claro que estamos diante dun momento
histórico onde todas e todos somos
imprescindibles para mudar as cousas e plantarlle cara ás políticas neoliberais
que merman os nosos dereitos de cidadanía.
Gabinete de prensa de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario