INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE MAIO
MOCIÓN SOBRE A XESTIÓN DOS RESIDUOS DE FIBROCEMENTO E CONTAMINACIÓN POR AMIANTO E AS SÚAS AFECCIÓNS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O amianto é un mineral metamórfico fibroso cuxas
características son que as súas fibras, son o suficientemente flexibles para
ser entrelazadas polo que así soporta grandes temperaturas. Por estes motivos
foi moi utilizado entre os anos 60, 70 e 80 como illante en fornos e
calefaccións, tubaxes,, e múltiples materiais de construción en forma de compoñente, coñecidos como uralita. Tense constancia de
que, sobre todo nos anos 70, importáronse ao redor de 100.000 toneladas de
amianto, e de que a maioría de edificios construídos entre 1965 e 1985 conteñen
este produto. Algúns expertos, calculan que no noso país a xente vivimos entre
tres millóns de toneladas de amianto.
As autoridades
médicas demostraron nos anos 80 que os produtos que conteñen amianto provocan
cancro cunha elevada mortalidade. O po de fibras de amianto invisible a primeira
ollada pode ser inhalado por persoas e animais, producindo, segundo os estudos,
15 ou 30 anos máis tarde, cancro de pulmón, estómago, pleura e peritoneo, calcúlase que morren por esta causa un
milleiro de persoas ao ano no Estado español.
No caso da recollida de residuos
de Amianto, o Concello remítese ás normativas de rango autonómico e estatal, e
na web municipal non se atopa ningún tipo de información que oriente aos
veciños que teñan ese material, sobre todo ferros de uralita, respecto dos
procedementos que deben seguirse para a súa recollida e posterior tratamento. Non é inusual, por tanto ver ferros ou tubaxes de uralita
nos colectores de lixo ou nos arredores dos Puntos Limpos, debido a que non se
sabe ou se descoñece que facer con estes materiais ou ben á imposibilidade de
poder afrontar o custo económico que supón contratar a unha empresa
especializada en desamiantado.
Outro aspecto que
preocupa a este grupo municipal é a presenza de elementos fabricados con
fibrocemento nos centros educativos do municipio. Existen exemplos, algúns
deles que xa trouxemos mediante distintas iniciativas a este Concello.
Desde a ACDC
entendemos que o Concello, como institución máis próxima ao cidadán, debe ter
un papel máis activo neste asunto e dar cumprimento as iniciativas aprobadas en
relación a este problema.
POLO EXPOSTO PROPOÑEMOS AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES
ACORDOS:
1º.- Que por parte dos servizos técnicos municipais se
redácte e publique un informe sobre a situación actual da xestión de residuos
de fibrocemento.
2º.- Que se estude a posibilidade de complementar as
ordenanzas existentes, tanto a actual de limpeza e medioambiente ou as
urbanísticas, cunha regulación das licenzas de obras onde se garanta que, cando
se vaian a realizar obras, reparacións ou derribas de edificios, así como no
posterior tratamento dos mesmos, aplíquese escrupulosamente o Real Decreto
396/2006, do 31 de marzo, que establece as medidas preventivas para a
protección dos traballadores e persoas expostas ó amianto.
3º.- Proceder á elaboración dun Plan para a progresiva
substitución dos compoñentes de fibrocemento nos colexio e edificios públicos
municipais e instar á Consellería de Educación a que se realicen actuacións
similares nos CEIP e IES do concello, así como para a progresiva substitución
das tubaxes de fibrocemento.
4º.- Que se valore a posibilidade de poñer en marcha
campañas de información aos veciños, en particular sobre o risco que supón a
inadecuada manipulación do Amianto, e informar de cales son os pasos que deben
seguir para poder contactar con empresas autorizadas para o tratamento destes
materiais e os seus residuos, e dos programas de axudas económicas se os
houbese.
ROGOS:
1.- Existe unha
fonda preocupación entre os veciños do Temple, pola dimensión que está tomando
a demora na posta en funcionamento do
Centro de Saúde. Esta obra está acumulando retrasos de case un ano, cos
conseguintes perxuizos para os veciños de Cambre e en especial para os da
parroquia do Temple, onde a dotación sanitaria existente, é claramente
insuficiente.Diante desta situación, chama a atención que non exista
unha información detallada por parte das administracións responsables sobre os
prazos previstos para a súa apertura ou dos motivos que a impiden. Polo exposto PREGAMOS nos informen cales foron as xestións
realizadas polo Goberno sobre o mencionado asunto e da demora na entrada en
servizo desta infraestructura sanitaria.
2.- Somos coñecedores de que
se están levando a cabo diferentes roldas de reunións por parte do Goberno con
hostaleiros e técnicos ó obxecto de darlle forma á iniciativa de desenvolver
unha feira no Temple. Compre recordar que esta iniciativa foi unha proposta da
ACdC incluída no noso programa. Agradecemos ó goberno que unha vez mais asuma
como propia unha iniciativa nosa, aínda que non estaría de mais, atendendo a
criterios de honestidade e transparencia que foramos invitados tanto a ACdC,
como por extensión, os demais grupos políticos, para poder darlle a esas
reunións un prisma mais amplo do que poden plasmar os hostaleiros, o goberno, e
os técnicos.
Fáltannos en ditas reunións as opinións dos veciños, representados
democráticamente nos grupos municipais que formamos parte da Corporación.
PREGAMOS: Sexamos incluídos
todos os grupos da Corporación nas conversas ou tidos en conta de cara á
configuración dunha iniciativa propia da ACdC, que coidamos será unha fonte
dinamizadora e de recursos para o noso concello en Xeral e para a parroquia do
Temple en particular. Asímesmo pregamos que na presente sesión se nos informe
por parte da concelleira responsable do estado das citadas conversas.
3.- Recentemente
publicábase na prensa que o Goberno de Cambre iniciara contactos con diferentes
asociacións xuvenís para chegar a crear unha comisión de festas en Cambre que
organizara as patronais de Santa María.
Tendo en conta que
estamos a escasos tres meses das citadas festas, dende o noso grupo
PREGAMOS ó Concelleiro responsable nos
informe sobre o estado de ditas conversas e contactos de cara a poder
esclarecer qué acontecerá coas festas patronais de Cambre para este ano 2016.
PREGUNTAS:
1.-
Transcorridos seis meses dende a
presentación dunha iniciativa sobre a
salubridade da auga nas fonte públicas do concello, o noso Grupo PREGUNTA:
¿Que medidas preventivas
ten tomado o Goberno sobre a
calidade da auga nas fontes públicas do termo municipal de Cambre?
2.- Según a XGL
do 9 de maio de 2016, no recollido no apartado de informes do concelleiro
delegado da área de RRHH e SS, Don Juan Evaristo Rodríguez Vazquez, infórmase
no seu tenor literal do seguinte:
"En canto ao técnico de orientación
laboral, decidiuse interromper a colaboración co Servizo Público de Emprego de
Galicia".
Dende o noso GM
preguntámosnos sobre a conveniencia da interrupción desta colaboración aínda
que a insuficiente información da que dispoñemos nos leva a cuestionarnos si
será a suspensión desta colaboración un agravante para aquelas persoas
desempregadas de Cambre, e por este motivo,
PREGUNTAMOS:
¿Poden informarnos mais pormenorizadamente dos
motivos que levaron a esta decisión así como das consecuencias que esta
orixinará nos veciños demandantes de emprego?
3.- No pasado
mes de Abril o Goberno suspendeu os bailes organizados pola Asociación da
Terceira Idade de A Barcala, debido ós ruídos que esta actividade xenera e que
o local non parece reunir as condicións legales necesarias para levar a cabo
este tipo de eventos.
A decisión do Goberno
foi dar cumplimento ó informe xurídico e suspender de inmediato a actividade
antes de darlle unha solución ó problema, orixinando un grave descontento entre
moitos dos usuarios.
Actualmente non temos
coñecemento de en qué situación se atopan as conversas entre o Goberno e a
Asociación ou si existe algunha solución que sexa de satisfacción das dúas
partes.
PREGUNTAMOS:
¿Se
nos pode informar polo goberno sobre a actual situación deste conflicto?
Cambre
a 20 de MAIO de 2016
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario