Prezadas compañeiras
Prezados compañeiros
Estamos na fase final de XI Asemblea Federal. Agora correspóndelle
ao conxunto da militancia de IU decidir cal será a liña político - organizativa
e a dirección encargada de desenvolvela.
A partir das 24,00 de hoxe, mércores e até as 23,59 do
venres 26 poderemos votar online entrando na páxina de IU ou directamente na
seguinte ligazón:
O proceso para acceder é o mesmo que seguimos para avalar os
documentos e candidaturas e para as dúas consultas que IU realizou sobre a
coalición con Podemos: introducir o correo electrónico e a clave e acceder á
páxina de votación. Se non lembras a túa clave, podes solicitala picando onde
di "esquecín a miña clave".
Se o prefires podes votar presencialmente, en urna, o domingo
29 de maio, nos lugares e horario que indicaremos nunha vindeira comunicación.
Son cinco as votacións que hai que realizar: informe de
xestión, teses a debate, candidatura ao Consello Político Federal, candidatura
á Comisión Federal de Arbitraxe e Garantías e candidatura á Comisión de Control
Financeiro.
Recibide un cordial saúdo.
Juan Martínez
Coordinador comarcal
No hay comentarios:
Publicar un comentario