Prezada compañeira
Prezado compañeiro
Estamos na fase final de XI
Asemblea Federal. Agora correspóndelle ao conxunto da militancia de IU decidir
cal será a liña político - organizativa e a dirección encargada de
desenvolvela.
Até as 23,59 do venres 27
poderemos votar online entrando na páxina de IU ou directamente na seguinte
ligazón:
O proceso para acceder é o
mesmo que seguimos para avalar os documentos e candidaturas e para as dúas
consultas que IU realizou sobre a coalición con Podemos: introducir o correo
electrónico e a clave e acceder á páxina de votación. Se non lembras a túa
clave, podes solicitala picando onde di "esquecín a miña
clave".
Se o prefires podes votar
presencialmente, en urna, nos lugares e horario que indicamos de seguido:
A votación presencial será o
domingo 29 de Maio nas sedes locais de Esquerda Unida. Sobre este asunto dende
as agrupacións locais da Coruña e de Cambre están a organizar a votación
presencial, ao ser as unicas localidades da comarca donde EU ten sede.
- Na sede da Coruña o horario de votación presencial será de 11:00
a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
- Na sede de Cambre o horario de votación presencial será de 11:00
a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Na votación presencial
poderán votar as persoas afiliadas e simpatizantes a EU na CORUÑA e en CAMBRE
(rexistradas no censo) que non poidan votar on line. Se votouse on line non
poderase votar presencialmente.
- a AFILIACIÓN poderá votar os documentos, o balance de xestión e as
candidaturas aos órganos federais de IU mentras que as e os SIMPATIZANTES
só poderán votar os documentos.
Para máis información podedes
dirixir as vosas consultas aos seguintes correos electrónicos:
No caso das persoas
afiliadas e simpatizantes que non sexan da CORUÑA nin de CAMBRE (rexistradas no
censo) que non poidan votar on line e que quieran votar presencialmente deberán
desprazarse para poder facelo da seguinte maneira (non temos outra posibilidade):
· persoas afiliadas e simpatizantes de OLEIROS,
CULLEREDO, SADA, BETANZOS, MIÑO, PADERNE, ABEGONDO, CARRAL e CERCEDA : sede de
EU no Temple (Cambre), na rúa da Constitución 3, baixo.
· persoas afiliadas e simpatizantes de ARTEIXO,
A LARACHA, CARBALLO, MALPICA, LAXE, CEE, CORCUBIÓN e MUXÍA: sede de EU na
Coruña, rúa Cardenal Cisneros 60, baixo.
· a AFILIACIÓN poderá votar os documentos, o balance de
xestión e as candidaturas aos órganos federais de IU mentras que as e os
SIMPATIZANTES só poderán votar os documentos.
Para máis información podedes
dirixir as vosas consultas ao correo electrónico eu-coruna@esquerdaunida.org .
Contando coa vosa
colaboración e implicación, recibide un cordial saúdo.
Juan Martínez
Coordinador comarcal
No hay comentarios:
Publicar un comentario