Esquerda Unida na comarca esixe compromisos institucionais para garantir a viabilidade de Alcoa
Ante a situación de incerteza sobre o futuro da Alcoa, coas novas sobre a súa posible venda e as dificultades impostas polo sistema de prezos eléctrico, urxe unha acción decidida dende os gobernos central e da Xunta en apoio do sector do aluminio na Coruña e en Galicia.
Esa é a conclusión da xuntanza mantida entre unha representación do comité de empresa de Alcoa-A Coruña, encabezada polo seu presidente, Juan Carlos López Corbacho, e a representación de Esquerda Unida, composta por Juan Manuel Fajardo, membro da dirección nacional de EU e deputado de AGE, e Juan Martínez, coordinador comarcal de EU.
De feito, para Esquerda Unida a solución da situación de Alcoa vai ser unha prioridade para novo goberno de cambio que as galegas e galegos elixiran o vindeiro outono. E ata entonces, presionaremos políticamente para que tanto os gobernos actuais do Estado e da Xunta deixen de estar de perfil e atendan estratéxicamente ao sector industrial.
Dende o comité de empresa de Alcoa denunciaron a situación de total incerteza que padecen, sempre coa ameaza de peche rondando, e sempre carecendo da información precisa por parte da dirección da empresa, agora que todo apunta a unha posible venda das plantas de Alcoa en Galicia. Ante iso, no Parlamento de Galicia rexistrouse xa unha iniciativa de AGE esixindo información sobre a situación, e de seguido vai presentarse outras na liña da posta en marcha dun plan industrial para Galicia.
Houbo coincidencia total na necesidade de seguir esixindo un cambio nas políticas enerxéticas do país, evitando os perxuizos da actual regulación das tarifas e da subasta, en liña co que estase a facer noutro países europeos, nos que está adecuada ás necesidades dos seus sectores industriais.
Tamén na comarca dende Esquerda Unida, e en colaboración co as demáis forzas políticas que se sumen, se traballará por recabar todo o apoio institucional posible dende os concellos, coa presentación de iniciativas en apoio do futuro de Alcoa nos plenos e implicando aos gobernos locais na defensa do sector industrial da comarca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario