Esquerda Unida da comarca estará presente na XI Asemblea Federal de IU apoiando a Garzón como o seu novo coordinador federal
A militancia comarcal de Esquerda Unida estará representada nesta Asemblea Federal polo seu coordinador comarcal, Juan Martínez, pola coordinadora local de Cambre, Loreto Taibo, e polo membro da dirección local da Coruña, René Gamborino.
Forman parte das 17 persoas que compoñen a delegación de Esquerda Unida, encabezada pola súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz, e da que tamén forman parte Jorge Suárez, Alcalde de Ferrol, Eva Solla, vicevoceira de AGE e secretaria xeral do PCG, e Rubén Pérez, secretario nacional de Organización e voceiro da Marea de Vigo, entre outros.
Coa celebración en Madrid da súa XI Asemblea Federal, Izquierda Unida remata o seu proceso de renovación da dirección federal e de decisión da nova estratexia política para os próximos anos. Foi un proceso novedoso no que toda a militancia de IU puido participar directamente nas votacións para elixir as persoas que formaran parte do seu Consello Político Federal, a partires das candidaturas encabezadas por Alberto Garzón, que recibiu o apoio de mais do 75 % da militancia que votou, e doutras persoas como Paloma López, eurodeputada de IU que contaba co apoio de Cayo Lara, coordinador federal salinte.
Durante os meses nos que se desenvolveu o debate interno, evidenciouse o amplísimo apoio da militancia comarcal de EU hacia Alberto Garzón, para que sexa elixido novo coordinador federal de IU e para que a súa proposta política, caracterizada pola aposta pola confluencia con outras forzas transformadoras, sexa a que rixa a estratexia política de IU no futuro, e xa mesmo nas próximas eleccións xerais do 26-X, nas que IU no estado concurrira dentro da coalición UNIDOS PODEMOS, xunto con Podemos, Equo e outras forzas políticas, e en coordinación coas candidaturas territoriais de confluencia como En Marea, na que Esquerda Unida participa activamente.
Este apoio comarcal de EU por Alberto Garzón e pola confluencia é coherente co compromiso que tamén EU ten feito coas "mareas" na comarca, tanto nas que gobernan, como o caso da Marea Atlántica, como as que están a traballar dende a oposición, como no caso da Asemblea Cidadá de Cambre.
Tamén cara ás eleccións galegas do outono dende Esquerda Unida se está a traballar arreo para que o proceso desenvolvido ata agora polas "mareas locais" coñecido como "Mareas en Común" sexa a pedra angular da candidatura de confluencia que gañé as eleccións e bote da presidencia de Galicia ao PP e as súas políticas de recortes, para dar paso a un goberno de cambio na defensa das políticas sociais fronte a crise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario