ASAMBLEA LOCAL DE “ESQUERDA
UNIDA” R/Constitución, 3 baixo.
15679 O Temple (CAMBRE)
Tlf.- 98106913 e-mail:
eu-cambre@esquerdaunida.org http://eucambre.blogspot.com.es
EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA, POR UN CENTRO
DE SAÚDE CON
EQUIPAMENTO DIGNO PARA O TEMPLE.
A política sanitaria da Xunta de
Galicia está a deteriorar e facer inviable económicamente o sistema sanitario
público galego como paso previo a súa privatización.
O concello de Cambre non é alleo os
recortes que se están producindo na área da sanidade pública, os veciñ@s non
podemos quedar impasibles ante a carencia de medios e persoal no PAC de Cambre
e no Centro de Saúde do Temple, a atención sanitaria e un dereito que debe ser
garantido polos poderes públicos nas mellores condicións de uso.
ESQUERDA UNIDA manifesta unha vez
mais a súa decidida defensa do sistema sanitario público, e critica a actitude do Goberno do
PP que, aliado co capital, lonxe de garantir o correcto funcionamento está a
deterioralo coa intención de facelo inviable e así facilitar a súa
privatización. A Xunta do PP considera a sanidade como unha grande oportunidade
para o capital privado, o seu aliado, e por iso reduce os seus orzamentos
e crea artificialmente situacións de desprestixio para facilitar a
privatización da sanidade.
Dende ESQUERDA UNIDA de Cambre,
denunciamos a carencia de medios aos que se enfrentan a diario os profesionais
e os propios usuari@s dos centros sanitarios, por isto esiximos que a nova
infraestructura sanitaria do Temple estea dotada de especialidades médicas que
cubran as necesidades nas mellores condicións
para a atención sanitaria dos veciñ@s.
A
SANIDADE PUBLICA NON SE VENDE, SE DEFENDE.
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE
CALIDADE
Asdo.- Consello Local de EU de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario