martes, 26 de julio de 2016



 

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto ó presente escrito, acompaño Moción, Rogos e Preguntas, que o Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, desexa que sexan incluídos para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 27 de XULLO de 2016, de conformidade co disposto no Artigo 97.2 do Regulamento Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no propio Regulamento Organico Municipal do Concello de Cambre.


                                                Cambre a 22 de XULLO de 201
Asdo: Olga Santos López.Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son  





MOCIÓN CONTRA O USO NON AGRARIO DE HERBICIDAS NO TERMO MUNICIPAL DE CAMBRE


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo para un Uso Sostenible dos
Plaguicidas, cuxos obxectivos son " A redución dos riscos e os efectos do uso dos plaguicidas na saúde humana e o medio ambiente, e o fomento do uso da xestión integrada de pragas e de formulacións ou técnicas alternativos como as alternativas de índole non química aos plaguicidas", no seu Capítulo IV, artigos 11 e 12, expón que: "Os Estados membros, tendo debidamente en conta as medidas apropiadas para a protección do medio acuático a auga potable e os requisitos necesarios de higiene e saúde pública e a biodiversidade, ou os resultados das avaliacións de risco pertinentes, velarán por que se minimice ou prohiba o uso de plaguicidas nas seguintes zonas específicas: ao longo das estradas [...], nos espazos utilizados polo público en xeral, ou por grupos vulnerables, como os parques, xardíns públicos, campos de deportes e áreas de recreo, recintos escolares e campos de xogo e os espazos próximos aos centros de asistencia sanitaria".

Dita directiva é trasposta polo Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostenible dos produtos fitosanitarios, ten como obxectivo a redución dos riscos e os efectos do uso dos produtos fitosanitarios na saúde humana e o medio ambiente, e o fomento da xestión integrada de pragas e de formulacións ou técnicas alternativas, tales como os métodos non químicos.

Este Real Decreto contempla que as súas disposicions "entenderanse sen prexuízo de que a Administración competente en cada caso poida aplicar o principio de cautela limitando ou prohibindo o uso de produtos fitosanitarios en zonas ou circunstancias específicas"

Ademais das anteriores, o marco xurídico para a aplicación de herbicidas e plaguicidas complétase coas seguintes normas:

-Directiva Marco sobre a auga (Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello)
-Directiva Aves (Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello)-Directiva Hábitats (Directiva 92/43/CEE do Consello)
-Lei 33/2011, de 4 de outubro, Xeneral de Saúde Pública.

Cada vez hai maior evidencia científica de que o uso de herbicidas químicos suscita riscos moi serios, tanto directos como colaterales, para a saúde das persoas e para a conservación do medio ambiente, ademais de que, en ocasións, resulta ineficaz e ata contraproducente para os obxectivos que se esgrimen e, xa que logo, supón un custo económico innecesario.

O Glifosato, o herbicida de uso máis estendido e compoñente activo do Roundup e outras marcas comerciais, ten efectos moi tóxicos sobre a saúde e o medio ambiente como a 20 de marzo de 2015 publicou a Organización Mundial da Saúde que cataloga este herbicida como probablemente canceroxénico.

Demostrouse que a concentracións máis baixas que as recomendadas para o seu uso en agricultura, o glifosato interfire no funcionamento hormonal de células humanas, afecta ás células da placenta, así como ás embrionarias. Así mesmo, provoca nacementos prematuros e abortos, cancros do tipo mieloma múltiple e linfoma Non-Hodgkin, e dana o DNA celular.

Outras probas toxicológicas independentes revelaron toxicidade subaguda (lesións en glándulas da saliva), toxicidade crónica (inflamación do estómago), danos xenéticos en células sanguíneas, e indican trastornos reproductivos (esperma menor e anómalo en ratas e coellos), e aumento da frecuencia de tumores de fígado e de tiroides (en ratas).

En relación ao anterior, a ACdC propón ó pleno da Corporación de Cambre a adopción dos seguintes acordos:

1.- Que o Concello de Cambre responsabilícese da protección da saúde dos veciños deste municipio e do seu patrimonio natural tal e como recomenda o RD 1311/2012, prohibindo a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos non agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo na totalidade do territorio do término municipal.

2.- Que esta práctica sexa substituída por métodos non químicos, que non danen a saúde nin o medio ambiente, por exemplo os métodos mecánicos e térmicos que se aplican na maioría dos países da Unión Europea e que teñen un maior potencial de xeración de emprego.

3.- Que, tal e como tamén recomenda o RD 1311/2012, tome as medidas oportunas para sensibilizar e informar á poboación dos riscos para a saúde e o medio ambiente que supón o uso dos herbicidas químicos tamén no referente aos seus usos agrarios a fin de fomentar unha redución do seu uso agrario e unha aplicación en condicións de seguridade.
Image result for ecologistas contra el uso de herbicidas
  Image result for contra el uso de herbicidas
Cambre a 22 de XULLO de 2016
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son



ROGOS



1.- Na parroquia do Temple existen varios semáforos de regulación do tráfico que non están dotados de medios sonoros que contribúan a mellorar a sua función para persoas con problemas de discapacidade visual. Tendo en conta a demanda cidadá e o principio de igualdade que debe existir para tod@s, de disfrutar de condicións axeitadas de seguridade e autonomía persoal como elemento esencial para o desenrolo da vida diaria, o noso Grupo

PREGAMOS ó Goberno, xestione a instalación de semáforos con dispositivos acústicos para facilitar o acceso nas vías públicas nas mellores condicións de seguridade.

2.- No acceso de entrada a autoestrada na zona de O Temple, existe un paso de peóns preto da rotonda. Considera o noso Grupo que a cercanía da curva, impide visualizar coa suficiente antelación as persoas, supoñendo un risco grave de accidentes.

PREGAMOS, se estudie a posibilidade de cambiar o mencionado paso, para evitar posibles accidentes.

3.- A instalación de pictogramas representa de forma sinxela un obxecto ou un concepto, sendo unha ferramenta que utilizan moitas persoas con dificultade para comunicarse verbalmente, facilitando a sua identificación en especial as persoas con discapacidade intelectual, e deste xeito avanzar na superación de barreiras que dificulten a participación na vida pública de calqueira persoa con diversidade funcional.

Por esto PREGAMOS o Goberno a posta en marcha dun plan de sinalización mediante pictogramas nos edificios públicos do concello para facilitar a súa identificación as persoas con
certas discapacidades.



PREGUNTAS 


1.- Recentemente o noso Concello ven de adherirse ó programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia.
  
¿Pode o Concello informarnos mais pormenorizadamente sobre as previsión de uso deste programa que se estiman para Cambre?
 

2.- No pasado mes de maio, procedeuse a talar unha árbore de importante porte no parque Ramón Barba.
¿Poden informanos do motivo da tala, e si vai a ser reposto por un novo retoño?
 

3.- En relación ó perigo que supón a falta de sinalización na confluencia da urbanización Eira da Riba coa rúa Viña Grande de titularidade municipal,
¿Que medidas pensan tomar para correxir a situación de perigro esistente?
 


Cambre a 22 de XULLO de 2016
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son






ENMENDA BOLSAS ESTUDO
SR. ALCALDE - PRESIDENTE DO CONCELLO DE CAMBRE
OLGA SANTOS LOPEZ, voceira do Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, á vista da Proposta para Pleno da Concelleira delegada da Area de Igualdade, Terceira Idade, Voluntariado e Educación, pola que se propón a aprobación das bases da convocatoria pública de bolsas de estudo para o curso escolar 2016 - 2017,
EXPOÑO:
Que na base SEXTA das bases propostas, inclúese unha modificación, que reduce o prazo das solicitudes con respecto ás bases da convocatoria anterior, do 1 ao 20 de Setembro de 2016.
Non coincidimos co criterio que xustifica esta decisión, tendo en conta que é unha percepción subxectiva que non xustifica suficientemente a conveniencia de dita reducción. 
No informe técnico que soporta esta reducción indícase expresamente que "tendo en conta que as bases desta convocatoria propóñense para a súa aprobación no pleno do mes de xullo e polo tanto hai marxe suficiente para a súa difusión...".
Entendemos que a marxe suficiente non é un criterio obectivo que permita reducir o prazo tendo a seguridade de que dita reducción non implique directamente un inferior número de solicitudes.
SOLICITO:
Que en base ó Artigo 115.1.e do ROM, de por cumplimentada e tome en consideración a seguinte
ENMENDA DE MODIFICACIÓN ó segundo parágrafo da base SEXTA, quedando redactada como sigue:
O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 30 de setembro de 2016 do que se informará a través do taboleiro de anuncios do Concello, de publicidade mediante trípticos informativos sobre a convocatoria así como na páxina web do Concello

Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 




No hay comentarios: