lunes, 12 de septiembre de 2016
ACdC ESIXE NOVAMENTE Ó GOBERNO QUE SUBSANE AS DEFICIENCIAS EN PARQUES INFANTIS
Dende a Asamblea Cidadá de Cambre vímonos preocupando dende o comezo da lexislatura polo estado e mantemento dos parques infantís das distintas parroquias do Concello.
En numerosas ocasións durante este último ano, fixemos chegar ó actual equipo de goberno queixas reiteradas dos veciños e usuarios, polo mal estado e deterioro de moitos parques, resultando incluso perigoso para a integridade dos nenos o estado de abandono e desperfectos que sofren algúns deles.
Ante a inacción do Goberno, que únicamente leva a cabo accións de precintado naqueles elementos de xogo que xa non poden ser usados, dende a ACdC vémonos na obriga de voltar a denunciar esta situación para que se lle dea solución inmediata e prevaleza a protección dos nosos nenos e nenas.
Valgan como exemplo os seguintes:
ANDEIRO: Existen deficiencias no que se refire ó seu mobiliario e a carencia dunha limpeza que garanta un uso sen perigos.
A BARCALA.: Concretamente o que se atopa ó carón do aparcadoiro do Eroski. Actualmente o chan esta recheo de pedras que fan moito dano en caso de caídas, ademais das deficiencias que presenta nos seu elementos de xogo.
Coidamos, neste caso, que existe un uso moi intenso do parque por parte dos nenos e nenas que xustifica polo menos o mantemento, senón o investimento, para asegurar un uso seguro e un mínimo estado de conservación.
O TEMPLE. PARQUE RAMON BARBA: Neste caso, coidamos que existe un espazo amplo e apropiado para a instalación dalgún elemento máis, ou alomenos o mantemento dun mínimo estado de conservación do existente. Actualmente o chan ten fisuras e os elementos de xogo están en mal estado.
O TEMPLE CASA DAS PALMEIRAS: Elementos desgastados e rotos.
O TEMPLE PRAZA JOSE LUIS CASO CORTINES: Elementos en mal estado ou rotos. Tobogán precintado por danos sofridos por un neno.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario