lunes, 12 de septiembre de 2016
O GOBERNO NON CUMPLE O ACORDO QUE PROHIBE USAR HERBICIDAS NOS ESPAZOS PUBLICOS DO CONCELLO
No Pleno ordinario do mes de xullo de 2016, a Corporación de Cambre aprobou unha moción presentada pola ACdC pola que por unha banda "deberase prohibir a aplicación de herbicidas químicos para todos os usos non agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo na totalidade do territorio do término municipal", por outra, que esta práctica de usar glifosatos ou herbicidas "sexa substituída por métodos non químicos, que non danen a saúde nin o medio ambiente, por exemplo os métodos mecánicos e térmicos" e por último "tome as medidas oportunas para sensibilizar e informar á poboación dos riscos para a saúde e o medio ambiente que supón o uso dos herbicidas químicos tamén no referente aos seus usos agrarios a fin de fomentar unha redución do seu uso agrario e unha aplicación en condicións de seguridade."
Con posterioridade a aprobación desta moción co voto favorable de todos os grupos, o Goberno presidido por Oscar García Patiño, afirmaba que O Concello de Cambre retirará plumachos e limpará 1500 metros cadrados de fincas públicas. Dentro desta afirmación debemos facer fincapé na declaración que determina un incumplimento do acordo plenario. Concretamente se manten por parte do Goberno que "para eliminar os plumachos o concello pulverizará glifosatos sobre as plantas cando broten tras desbrozar".
Ante a gravidade desta afirmación dende a ACdC solicitaremos no vindeiro pleno do 14 de Setembro que por parte do Alcalde ou Concelleiro responsable se nos informe das previsións ou actuacións que se están a levar a cabo pola empresa que acomete esta actuación, no referente ó uso de glifosatos, prohibidos expresamente no Concello de Cambre. Do mesmo xeito, solicitaremos se nos informe cal é a actuación concreta que se está levando a cabo para a eliminación dos plumachos e requeriremos o firme compromiso do goberno de dar cumplimento a un acordo plenario adoptado por unanimidade dos membros da corporación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario