lunes, 26 de septiembre de 2016





INICIATIVAS PRESENTADAS  POLO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO.


MOCIÓN RELATIVA A EXECUCIÓN DOS ACORDOS ADOPTADOS  NOS PLENOS MUNICIPAIS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

As Mocións, Rogos e Preguntas, presentadas nos Plenos da Corporación son o instrumento fundamental para facer efectivas as funcións de control, orientación política e fiscalización  da oposición, cuxo exercicio garante a calidade democrática municipal. Cando son aprobados, os acordos son actos administrativos onde o seu cumprimento debe garantilo a alcaldía, según a normativa vixente. Lamentablemente, incumprir as Mocións aprobadas en pleno é  unha práctica habitual dos gobernos locais. 

Ademais  dunha  obriga legal,  o cumprimento dos acordos plenarios é un acto de coherencia política, responsabilidade e respeto cara a cidadanía, que en gran parte está representada polos  grupos municipais da oposición. Cumprir supón tamén unha oportunidade para mellorar a calidade  democrática local e a eficacia na xestión pública, sacando partido ó traballo de todos os grupos municipais en beneficio do interés xeral.

Dende o Grupo Municipal da ACDC estamos comprobando que por  diversos motivos, non se están executando moitos dos acordos que se adoptan no Pleno desta Corporación.
Despois dun  análise e avaliación por parte do noso Grupo, sobre o primeiro ano de Goberno, e dicir dende o comezo da lexislatura ata hoxe, observamos e lamentablemente podemos constatar a existencia de numerosos acordos municipais, respostas afirmativas a rogos formulados, e compromisos adquiridos como consecuencia de múltiples mocións e propostas, moitas delas aprobadas por unanimidade, que foron ignoradas e relegadas ó mais absoluto esquecemento.
Sen falsa modestia podemos dicir que somos o Grupo Municipal que mais iniciativas presentou neste ano de lexislatura, pero posiblemente o mais esquecido pola desidia amosada polo Goberno 

Municipal. Ademais é altamente desmotivante, non só para o Grupo da ACDC, senón para os propios veciñ@s do concello, o contemplar como as propostas que fan os grupos da oposición, son aprobadas para logo  ser ignoradas e non executadas.
Isto entre outras cousas é o noso entender, o que está xerando desconfianza, alonxamento e desencanto da vida municipal, que fortalecen a aqueles que opinan que as institucións teñen mermada a súa utilidade, ou creen que a política é un compadreo que sirve para arranxar o problema do amigo de turno, ou se cadra só para acadar un incremento na nómina persoal de cada un. 

Como xa manifestamos con anterioridade, esta indiferenza e consciente deixadez das súas obrigas, están provocando un grave perxuízo ó pobo de Cambre, pedímoslle e esixímoslle que actúen con responsabilidade, e aínda que nada mais sexa que por saúde democrática e respeto á institución que representan, cumpran o que vostedes mesmo aproban.

Desexamos firmemente que a presente Moción sexa apoiada e aprobada por unanimidade, pero dadas as circunstancias moito nos tememos que unha vez mais, sexa incorporada a longa lista de compromisos adquiridos polo Grupo de Goberno non executados.
POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE “ACDC” PROPÓN AO PLENO A APROBACIÓN DO SEGUINTES ACORDOS:
PRIMEIRO.- Instar ao Sr. Alcalde a que no menor prazo posible, dea cumprimento aos acordos que, sendo aprobados polo Pleno, non foron executados ao día de hoxe.

SEGUNDO.- Que, dentro da orde do dia dos plenos ordinarios, ben como punto especifico ou ben dentro de informes da Alcaldía, se inclúa información periodica e concreta sobre o estado de execución dos acordos tomados en plenos anteriores, non só para coñecemento dos Grupos municipais, senón para a información xeral dos veciñ@s. 

ROGOS


1º.-     A primeiros do Xullo, temos coñecemento de que foi celebrada unha Reunión EDUSI, na que se informou sobre o contrato de convocatoria DUSI 2º FASE, que parece ser será común para todas as áreas, e A Coruña "cede parte do que lle correspondería ó resto da área" e "o contrato faríase entre A coruña e O Consorcio, este último en representación dos Concellos"  (XGL 11/7/16). 
                 
Convén recordar a materia da que estamos tratando. 
En novembro do ano pasado aprobáronse as bases e a primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenrollo Urban Sostible e Integrado que serían cofinanciadas con fondos FEDER europeos. Nestas bases fixábase que a cantidade reservada para a Comunidade Autónoma de Galicia son 118 millóns de Euros.
                    
Nas bases da convocatoria defínense aspectos como os que siguen:
CAPITULO I. Décimo: "Para cidades ou áreas funcionais maiores de 20.000 e menores de 50.000 habitantes, a axuda máxima a asignar para as operacións a cofinanciar serán de 5 millones de euros, salvo casos excepcionais, debidamente motivados. "

CAPITULO !!!. Vixésimoquinto. "Convócase aproximadamente un 70 % del total de la ayuda FEDER destinada ó eixo urban dentro del POCS." Correspondían a Galicia en primeira convocatoria 83 millóns de euros.

ANEXO !. Define as áreas funcionais que podían acceder a estes fondos europeos.

"1. Áreas urbanas constituidas por un único municipio con una población mayor de 20.000 habitantes. Los municipios de más de 20.000 habitantes podrán presentar Estrategias DUSI. Estas Estrategias de escala local podrán referirse a la totalidad del término municipal, o limitarse a áreas urbanas inframunicipales de diferente tipología morfológica y funcional: centros históricos, barrios desfavorecidos o áreas suburbanas con problemáticas específicas y retos singulares. 
Se recomienda que la unidad de gestión administrativa de estas estrategias sea el propio Ayuntamiento del municipio."
Con respecto a este tema, e tendo en conta que o prazo para a presentación da solicitude na primeira convocatoria expirou o 13 de xaneiro e Cambre non optou a ela, sucedéronse unha serie de afirmacións por parte do Goberno de Cambre, desafortunadas ó noso entender, que pretenderon ensombrecer a realidade do acontecido. No pleno de xaneiro o Concelleiro da Area de Urbanismo, non foi quen de asumir a responsabilidade de non ter presentado un proxecto para Cambre que poidera acadar ata 5.000.000 de euros para poder financiar unha estratexia de desenrolo urban para Cambre.
Existe unha segunda convocatoria contemplada nas bases que únicamente estará formada polo 30% dos fondos correspondentes a cada CCAA, no caso de Galicia 35 millóns de euros, e o remanente, no seu caso que quedara da primeira convocatoria. 
No Pleno ordinario de Xaneiro o Sr. Leirós afirmaba que xa se estaba traballando para esta segunda convocatoria, pero por outra banda atopámonos coas declaracións da XGL pola que deducimos que Cambre volve a decidir non presentarse de xeito individual á consecución desta cantidade de fondos europeos, que ben poderían mellorar a nosa calidade de vida nos vindeiros anos, polo que en base a esta exposición o Grupo Municipal da ACDC,
PREGAMOS: Se nos informe sobre o estado de elaboración do proxecto comprometido polo Goberno de cara á segunda convocatoria e o contido pormenorizado da reunión do 4 de xullo, de cara a coñecer qué tipo de proxecto ou estratexia se vai presentar na segunda fase da Convocatoria e qué beneficios potenciais vai xerar para o noso Concello.
2º.-     Na estrada do Temple a Cambre, nas inmediacións do colexio Portofaro, a parada do BUS, esta ó carón do paso de peóns, o que ten producido mais de un disgusto as persoas que diariamente cruzan polo lugar, sobre todo por tratarse dun lugar con moito tráfico rodado e peonil. Para o noso Grupo e de urxente necesidade trasladar a parada de lugar antes de que teñamos que lamentar algún accidente grave.
PREGAMOS se realice un proxecto e se proceda a cambiar a parada de lugar.
3º.-     Este verán detectáronse, na estrada que transcorre paralela ó paseo fluvial, a altura da ponte de cela no 9, o comezo de un derrubamento do firme polo lado do río.
Tendo en conta o uso lúdico do entorno, demandamos o inmediato plan de actuación, que inclúa non só a reconstrucción sostible do firme da calzada, senon tamén que se asegure de algun xeito para que o paso a pé pola zona non revista riscos. Asímesmo se demande da autoridade competente a implicación neste caso que pode ser de unha maior gravidade cando comecen as choivas do inverno. 


PREGUNTAS


1º.-     A finais do mes pasado, moitos veciños queixáronse do estado das augas en diferentes zoas do Río Mero. Concretamente na Ponte das Insuas, relatábase en prensa que ademais da cor verdosa das augas o olor facíase insoportable, situación que comprobamos que efectivamente se corresponde co denunciado tal e como mostran as imaxes que aportamos.
Independentemente das declaracións de Augas de Galicia como da propia Xunta que ano tras ano comprométense a acondicionar as zoas de baño, así como as múltiples reunións que se celebran entre estes entes e os nosos gobernantes, a situación do Río segue a ser a mesma. Neste sentido, independentemente da pregunta que prantexamos, sería de agradecer que o Goberno informara do estado das negociacións con Augas de Galicia.
             
Ante esta situación o Grupo Municipal da ACdC, PREGUNTA:
¿Qué medidas concretas se tomaron polo Goberno ante estas denuncias de augas verdes e suxas?

2º.-     Numerosas queixas a través de diferentes medios, tanto persoalmente, como a través de redes sociais, en relación ás deficiencias de construcción do recentemente inaugurado centro de saúde do Temple, fixeron que a ACdC fixeramos unha visita para comprobar a situación. O que nos atopamos é un centro de saúde con múltiples deficiencias de obra, que ilustramos con fotografías e describimos por riba seguidamente.

En canto entramos no centro vemos que o chan ten un aspecto lamentable, parecendo que está suxo ou que nunca foi limpado. A causa é que ó rexuntar as plaquetas e por non limpar a argamasa ou leitada quedaron restos que son imposibles de retirar.
Nun dos aseos, nin tan siquera se enluciu unha parte do tabique que da un aspecto propio de calquera edificación menos dun centro sanitario. Tamén nos aseos podemos ver como non están rematadas as xuntas entre azulexos e plaquetas, por non comentar o feito de que os tapóns das piletas están soltos, podéndose atopar ata no chan.

Tamén podemos observar como existen marañas de cables que se atopan á vista e sin ningún tipo de medida de seguridade que impida que un neno poida manipulalos.

En base o exposto, o Grupo Municipal da ACdC PREGAMOS:
Se nos informe sobre as medidas tomadas polo Goberno de Cambre, no seu caso, ou as que se van tomar para poder esixir que sexan subsanadas e reparadas todas estas deficiencias que non fan mais que corroborar o interés electoralista da inauguración do Centro antes de dotalo de medios, pero tamén de infraestructura.

3º.-     Tendo en conta a situación e problemática da seguridade viaria en Cambre. ¿Pode informarnos a Concelleira responsable, sobre a experiencia, coñecemento e posible adaptación no noso concello dalguha ponencia en relación a asistencia  o curso “IV Encontro de cidades para a seguridade viaria e mobilidade sostible” que tivo lugar en Badajoz?
Cambre a 23 de setembro de 2016
Asdo: Olga Santos López

Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 

No hay comentarios: