INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO ORDINARIO DO MES DE NOBEMBRO
SR. ALCALDE
DO CONCELLO DE CAMBRE
Adxunto ó presente escrito, acompaño Moción, Rogos e
Preguntas, que o Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, desexa que sexan
incluídos para o seu debate no Pleno Municipal correspondente ó día 30 de
Novembro de 2016, de conformidade co disposto no Artigo 97.2 do Regulamento
Orgánico, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e no propio
Regulamento Organico Municipal do Concello de Cambre.
Cambre a 24
de Novembro de 2016
Asdo:
Antonio Bruquetas Santos. Voceiro suplente do Grupo Municipal Asemblea Cidadá
de Cambre- Son
MOCIÓN DA “ACDC”
PARA DAR CUMPRIMENTO A ORDENANZA MUNICIPAL DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA.
Exposición
de motivos.
A normalización lingüística é un proceso social participativo
que, ou é protagonizado pola propia sociedade que se implica nun proceso de
cambio, ou non se consegue, e as administracións públicas teñen a obriga e
responsabilidade de apoiar e promover ese proceso, deste xeito a Lei de
Normalización Lingüística declara a nosa lingua como oficial e polo tanto as
institucións públicas de Galiza son as que teñen que velar polo seu coidado,
uso e protección.
Para a ACDC a defensa do galego, é e será sempre primordial,
buscando así a súa correcta normalización.
A corporación municipal en sesión ordinaria de data 25 de
novembro de
2004, aprobou, con carácter inicial, a Ordenanza de
normalización lingüística do
Concello de Cambre. Logo de resolver as correspondentes
alegacións e modificar varios artigos motivo dun Contencioso-Administrativo, a
Ordenanza foi aprobada definitivamente o dia 30 de setembro de 2008 e publicada
no BOP o dia 24 de xaneiro de 2009. Así
o
ártigo 1.1. di o seguinte O
galego, como lingua propia de Galicia, é o idioma oficial do Concello de
Cambre.
Para implicar á sociedade nese proceso de cambio, as
administracións deberían aplicar políticas lingüísticas activas, dinámicas e
integradoras para así implicar no proceso normalizador ás distintas entidades,
sectores e colectivos sociais.
Para desenvolver as
súas políticas en calquera ámbito, as administracións públicas dótanse de
instrumentos técnicos, por isto
consideramos imprescindíbel a recuperación e dinamización da lingua
histórica de Cambre, polo que cremos que o Goberno Municipal debería facer unha
reflexión e revisión xeral das políticas lingüísticas desenvolvidas na propia
institución e no conxunto do termo municipal.
POR TODO O EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC” PROPÓN AO
PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:
1.- Que se aplique o artigo 2.4 da Ordenanza aprobada polo pleno da corporación de data de 30 de
setembro de 2008, polo cal se acorda a creación dun Servizo de Normalización
Lingüistica (SNL)
2.- Que asimesmo se constituia, segundo
o artigo 23 da mesma ordenanza, a comisión interdepartamental de seguimento , a
cal estará constituida polo alcalde, a secretaria, o xefe de persoal, persoal
do propio SNL, 1 concelleiro de cada grupo e 1 representante da xunta de
persoal, dita comisión reunirase como mínimo dúas veces o ano.
3.- Dar conta deste acordo á
Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua así coma a todolos
organos competentes.
En CAMBRE, a 20 de outubro de
2016
Asdo: Antonio
Bruquetas Santos. Concelleiro do Grupo Municipal da “ACDC”
ROGOS:
1.-
PREGAMOS nos informen do
estado do proxecto de poda da arboreda da estrada da Estación (CP.- 1702),
sacado a contratación pola Deputación Provincial pola cantidade de 27.364
euros, e dos motivos que impediron levar a cabo dita actuación
2.- O camiño municipal que transcurre
entre Andeiro e Anceis, leva mais de dous meses cortado no lugar de Mercurín,
debido as obras de acondicionamento do mesmo. Sendo conscientes da necesidade
da obra a executar, chama a atención a demora na súa finalización.
-Por isto PREGAMOS
nos informen do motivo de non ter instaladas sinais apercibindo do corte do
camiño, obrigando a circulación de vehículos a retroceder e e ir por camiño
alternativo, e o mais grave, porque circulan autobuses de transporte escolar,
sin estar rematada a obra.
3.- Tendo en conta que as derradeiras
actuacións na estrada Castellana, AC-214, fixeron hábiles as beirarúas no tramo
que vai dende o cruceiro ata a rotonda, e que ademais, fixeron aparcadoiros, ou
apartadeiros, que fan necesario un novo plantexamento de seguridade viaria.
Polo tanto PREGAMOS
ao goberno que faga as xestions necesarias coa administración competente para
dispoñer neste tramo, antes citado, un novo paso de peons que permita un paso
seguro aos viandantes da zona.
PREGUNTAS
1.- Fai unha semana pintaronse as lineas
amarelas nas inmediacions da parada do bus na Patiña, eliminando unhas prazas
de aparcamento necesarias na zona. A intención deste feito entendemos que
é para facilitar a maniobra dun xeito mais seguro e doado. Dende a ACDC
temos serias dúbidas, debido o malestar xerado entre a veciñanza por esta medida:
Polo tanto e visto todo o anteriormente dito, PREGUNTAMOS:
-Poden informarnos polo
miudo desta actuación. Ten o Goberno algunha alternativa para compensar a perda
de aparcadoiros na zona?
2.- O servicio do bonotaxi, pretende ser
unha axuda para aquelas persoas que non dispoñen de un vehículo propio e teñen
que moverse de urxencia.
-Pode o goberno
informarnos do exito e volumen de usuarios do Bonotaxi?
3.-
A ONG Mestura, leva tempo colaborando no noso concello, nos seus 13 anos
de vida, e temos coñecemento de reunions mantidas entre eles e o goberno,
reunions das que nos gustaria ter mais información polos asuntos nos que
traballa dita ONG.
-Poden informarnos dos
acordos alcanzados nestas xuntanzas?
Novembro
2016