COMUNICADO
DE PRENSA
ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A ACTITUDE DA USC E DA XUNTA QUE, COA FIRMA DUN
CONVENIO COA CATEDRAL, ACABAN CO MODELO ACONFESIONAL QUE DEBEN SEGUIR AMBAS
ENTIDADES
Compostela, 04 de novembro de 2016. Esquerda
Unida tacha de vergoñento e bochornoso
o convenio asinado entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de
Turismo, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa institución
relixiosa representada pola Catedral de Santiago, e que agora se pode ver na
nova web de transparencia da Xunta de Galicia, no que se deixa claro que é a propia Igrexa quen nomeará aos cargos
para unha nova cátedra da USC sobre as peregrinacións e que será a
administración pública a que soporte a financiación da Cátedra Institucional
“do Camiño de Santiago e as Peregrinacións”.
Este
acordo, recollido
en exclusiva polo diario Praza, manifesta como se
despreza a necesaria aconfesionalidade que debe imperar na administración
pública así como nunha institución académica dedicada ao coñecemento científico
como é a Universidade de Santiago de Compostela (USC) pois o acordo non implica
realmente ningunha obriga seria para a Igrexa que, ademais, será quen teña o
privilexio de seleccionar o persoal co que se dotará dita Cátedra.
Esquerda
Unida denuncia a existencia deste tipo de acordos sen obrigas para a Igrexa
cando, por poñer só un exemplo ilustrativo, unha gran cantidade de mozas e mozos universitarios se vén na obriga de
renunciar a proseguir cos seus estudos por teren problemas económicos. Ante
esta situación, Esquerda Unida reafirma
a necesidade dunha suficiencia financeira para a Universidade pública galega e
reclama a necesaria separación de Igrexa e Estado e esixe que a Igrexa non obteña privilexios con diñeiro
público e que esta financie en pé de igualdade as actividades que a impliquen.
Gabinete de prensa de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario