jueves, 17 de noviembre de 2016

Resultado de imagen de esquerda unida

Esquerda Unida
Gabinete de Prensa
R/. Dublín, 8 baixo 15707 Compostela
Tfno./Fax: 981 589 099 – 626 216 550
gabinete.prensa@esquerdaunida.org
www.esquerdaunida.org



NOTA DE PRENSA


Esquerda Unida apoia a folga educativa do 24 de novembro e inicia unha campaña contra as Reválidas e pola derrogación da LOMCE

Dende a área de Educación iniciamos unha campaña de mobilización consistente na presentación de mocións municipais, realización de actos e difusión de materiais informativos en relación á LOMCE e ás Reválidas.

Compostela, 17 de novembro de 2016. A área de Educación de Esquerda Unida apoia a folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada. Doutra banda, poñemos en marcha unha campaña informativa orientada a favorecer a mobilización do vindeiro 24 de novembro consistente na presentación de mocións municipais pedindo a derrogación das Reválidas e a LOMCE, a realización de actos comarcais de carácter aberto, así como a difusión de materiais informativos.

Dende o seu  irrenunciable compromiso coa educación pública, a área de Educación de Esquerda Unida, vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque frontal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todas e todos a unha educación de calidade en condicións de igualdade.


Pulando pola retirada das reválidas

Por este motivo, Esquerda Unida únese ao conxunto da comunidade educativa que esixe a retirada inmediata do decreto de reválidas, imposto polo goberno en funcións do PP en contra das propias CCAA, que o terían que aplicar; esixe a reversión dos recortes educativos, que supuxeron o deterioro da educación pública coa expulsión de miles de docentes das súas aulas; e a derrogación da LOMCE, unanimemente rexeitada pola comunidade educativa e polo Congreso ata en dúas ocasións nos últimos meses, sendo aprobada este martes 15 de novembro nesa cámara unha proposición de lei para a paralización urxente na aplicación da mesma, co único voto en contra do PP.

































Gabinete de prensa de Esquerda Unida.

No hay comentarios: