jueves, 15 de diciembre de 2016
O proceso de paz en Colombia entre o Goberno e as FARC supón o inicio dun novo tempo no movemento popular colombiano. Tras os numerosos diálogos levados a cabo dende o ano 2012 e a firma do texto definitivo o pasado 24 de novembro de 2016, a implementación deste acordo de paz non só pon punto final ó conflito, senón que abre tamén multitude de retos para a sociedade colombiana e o futuro do país latinoamericano.
Para contribuír á comprensión dun problema tan sumamente complexo, convidámosvos o próximo 22 de decembro ás 19:30h a un acto sobre as posibilidades de paz en Colombia. Esta mesa aberta terá lugar na Fundación da ONCE (Cantón Grande, nº3) e contaremos con figuras tan destacadas como:
- ENRIQUE SANTIAGO, avogado especializado en dereitos humanos participou como asesor xurídico da delegación das FARC-EP nas negociacións do acordo de paz para Colombia. Membro da coordinadora federal de Izquierda Unida e responsable da comisión de internacional do Partido Comunista de España.
- EVA SOLLA, deputada e vicepresidenta segunda do parlamento de Galicia por En Marea. Secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia e membro da executiva nacional de Esquerda Unida.
- CRISTHIAN CAMARGO, responsable en España da Xuventude Comunista Colombiana (JUCO).
Esperámosvos a todos alí.
Saúde!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario