Prezadas compañeiras e compañeiros:
Informamos de que mañá mércores 28 de Decembro ás 20 horas, no centro cívico Cidade Vella, terá lugar o acto "OS CIEs: CENTROS DE SUFRIMENTO", organizado polo Foro Galego de Inmigración e a rede Coruña contra a Guerra, entidades sociais coas que ven colaborando Esquerda Unida.
Este relatorio será impartido por Ramiro García de Dios, notable defensor dos dereitos das persoas migrantes dende a súa labor como xuiz de control de estancia do centro de internamento de extranxeiros de Aluche e titular do xuzgado de instrucción nº 6 de Madrid. Membro das asociacións xudiciais progresistas "Xuíces pola Democracia" e "Maxistrados pola Liberdade e a Democracia". Neste 2016 recibiu o premio nacional de dereitos humanos que todos os anos otorga a Asociación Pro Derechos Humanos de España (APDHE).
A presentación correrá a cargo do compañeiro Xabier Ron, activista do foro de inmigración e membro da dirección nacional de Esquerda Unida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario