miércoles, 28 de diciembre de 2016

INICIATIVAS DA "ACDC" AO PLENO MUNICIPAL DO MES DE DECEMBRO
                                             Praza Europa, 7.   www.asembleadecambre.es
Tlfs.- Olga Santos: 669796995 Antonio Bruquetas: 620540061


Grupo Político 

MOCIÓN SOBRE A ELABORACIÓN DUNHA ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE O USO, CONSERVACIÓN E PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS PÚBLICOS DO CONCELLO







EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A recuperación, vixilancia, conservación e mantemento do público, é un dos piares do traballo do noso Grupo municipal. A obligación de manter, recuperar e vixilar o noso patrimonio é unha obligación desta Corporación. O caso que nos ocupa e que  traemos a ésta sesión plenaria, trata sobre os camiños públicos do concello, que en algúns casos están ocupados e cerrados total ou parcialmente, unha petición clamorosa de moitos veciños do noso concello, por suposto muy necesaria para poñer en valor a nosa riqueza, tanto para o uso da comunicación, recuperación de actividades como o senderismo o propio desenrolo turístico, etc.

A ploriferación cada vez maior de maleza, alambradas, vallas é obstáculos, fragmentan sen dereito numerosos camiños públicos sentíndose os usuarios na maioría dos casos, indefensos é desorientados ante feitos consumados, pola falta de información é de defensa decidida por parte da administración local.
Considera o noso Grupo que o marxe do proceso de inventariado, e tendo en conta os  problemas que se producen pola falta de unha normativa legal que determine a súa propiedade e uso dos mesmos, cumpre o noso xuizo a elaboración de unha Ordenanza que regule entre outras cousas, o control e uso do libre tránsito polos camiños de titularidade municipal, determinando a súa propiedade para evitar o deterioro dos mesmos.
O crecente uso público dos camiños fai necesaria a regulación, con un triple fin, de preservar os valores do patrimonio natural de Cambre, facilitar un uso harmonioso para os usuarios é mantelos en bo estado. A Ordenanza en cuestión, debería recoller a titulo orientativo, unhas normas xerais de bo uso dos camiños, evitando vertidos de lixos, escombros, etc.

POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE “ACDC” PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTE ACORDO:

UNICO.- Elaborar unha Ordenanza Municipal de camiños públicos que permita regular o seu uso e aproveitamento, garantindo a súa sinalización, conservación e protección deste tipo de bens do concello de Cambre.



ROGOS:

1.- Dende fai un mes vimos observando un malestar no problema xerado polo cambio nas prazas de aparcadoiro nas inmediacións da parada do transporte de bus na Patiña, por mor de deixar mais espacio para que o autobús poida dar a volta sen interrupción do trafico  de xeito mais sinxelo. No anterior pleno de Novembro,  respostousenos por parte da concelleira delegada  que xa se estaba falando cos veciños afectados e mesmo chegaron a un acordo.

Preguntados os veciños desminten o que dí a concelleira e propoñen que o autobus vaia dar a volta no cruce de lema coa estrada cara Bribes, aumentando deste xeito o alcance do transporte dando beneficio os usuarios do transporte.
-Por todo isto PREGAMOS que insten a compañia de transportes a analizar e considerar esta alternativa, que ademais de aliviar o trafico na zona permitirá unha maior conetividade entre os nucleos do concello.

2.- O graffiti é unha forma de manifestación artística de certa importancia que non debe confundirse co simple emborronamento das paredes e mobiliario urbano, e como tal debemos de procurar entendela e promovela.

A diario observamos pintadas sin ningún contido artístico, solo por facer unha sinal ou firma, sin ter en conta o daño que provocan a veciñ@s, comerciantes ou empresarios; alterando a convivencia e o respecto os demais.

Non podemos consentir que en determinados lugares do Concello e muy especialmente nas zonas mais urbanizadas como A Barcala, O Temple ou no centro da capital municipal, amparandose na oscuridade da noite, pinten  superficies axenas.
Existen alternativas, existen propostas, hay que tratar de compatibilizar esa forma de expresión cultural para que non afecte e dane o patrimonio propio de cada cidadán e tamén o patrimonio público do conxunto dos vecinos de Cambre.
Polo exposto o Grupo da “ACDC” PREGA o Goberno:

-Que se proceda a tomar as medidas axeitadas co fin de evitar o uso indiscriminado que supóñen as pintadas en vivendas, comercios, mobiliario público, etc. É se estudie a posibilidade de convocar un concurso de grafittis co obxectivo de difundir e encauzar a obra dos xóvenes creadores, tendo como primeiro obxectivo, o recentemente limpiado muro da urbanización da Barcala

3.- No camiño que transcurre dende A Barcala a Lendoiro, existe unha morea de bolsas de basura,  semellando un vertedoiro de lixo incontrolado.
Trátase dun lugar onde se deposita lixo  de procedencia  descoñecida dende fai bastante tempo.

-PREGAMOS  o Goberno proceda a adoptar as medidas necesarias para a eliminación do lixo, e as correspondentes para evitar o seu deposito no mencionado lugar.

PREGUNTAS:

1.-Estrada CP.-  1704, na altura da autovía  A6 (Costa da Lapa), ten abundantes curvas no seu trazado, este feito unido a humidade do firme,  acentúa a perigrosidade por deslizamento, provocando accidentes algún deles con consecuencias gravísimas.
Outro problema importante que presenta esta estrada reside na carencia de iluminación e   sendas peonis.

-Polo tanto o noso grupo pregunta:

Vai o Goberno de Cambre tomar algún tipo de medida para tentar correxir a situación denunciada e atenuar o perigro de accidentes?

2.- Veciños do Temple denunciaron ante o noso Grupo,  que dende fai meses as luces do Centro de Saúde atopanse ecendidas en horas intenpestivas sobre todo  as noites, o que se podería  considerar un despilfarro económico e enerxético nunha instalación da administración pública.

-Pode o Goberno informarnos si ten coñecemento do problema e das medidas tomadas para solucionalo?

3.- Na estrada N.- 550 o seu paso polo lugar de Pontido, os semáforos de regulación do tráfico instalados fai un ano, non están operativos, feito que aumenta o risco para a circulación, provocando inseguridade vial na zona, poñendo en perigro a conducción e o tránsito peonil.

-Ten realizado o Goberno algunha xestión para correxir a situación, é  evitar males maiores que ninguén desexa?


                 
                                             Asdo: Grupo Municipal

No hay comentarios: