Un proceso constituínte, unha nova constitución
Esquerda Unida non participará en ningún acto conmemorativo do 38º aniversario da Constitución Española, xa que conmemorar esta data non deixa de ser unha manifestación de complicidade con aqueles que antepoñen os beneficios dos poderes económicos fronte aos dereitos das persoas,o dereito á vivenda, ao traballo, á educación pública…
Dende Esquerda Unida pulamos pola construción dun novo marco de convivencia, un proceso constituínte que contemple e respete os dereitos das persoas e que supere o texto do 78 ao servizo dos poderes fácticos.
Novo proceso constituínte
Dende Esquerda Unida manifestamos a necesidade de iniciar un novo proceso constituínte que conte coa máxima implicación da maioría social, que consiga dotar de dereitos sociais e políticos efectivos á cidadanía e que desenvolva unha legalidade republicana, que confira ao pobo soberano a capacidade real de participar nas decisións que lle afectan directamente.

Dende Esquerda Unida traballamos para construír unha nova Constitución ao servizo da xente, feita por todas e todos e que defina un novo marco de convivencia. Esta é a única forma posible de construír un novo país onde se blinden os dereitos sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario