viernes, 24 de febrero de 2017


IN
INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACDC" AO PLENO DO MES DE FEBREIRO

MOCIÓN PARA APLICAR O GRAVAME ÁS EMPRESAS ELECTRICAS E DE GAS POLA UTILIZACIÓN DO DOMINIO PÚBLICO.
Existen varias Sentenzas do Tribunal Supremo que avalan as ordenanzas municipais dos Concellos de Arteixo (A Coruña), Serradilla (Cáceres) e Villalcampo (Zamora) que establecen un gravame ás empresas eléctricas e de gas pola utilización do dominio público das súas instalacións de transporte de enerxía.
O Alto Tribunal falla contra as empresas, que non pagaban a taxa que fixan os concellos por atravesar os seus territorios, porque non recoñecían o gravame ou o consideraban desproporcionado.
A Lei Reguladora das Facendas Locais estableceu que as eléctricas deberían pagar aos municipios aos que fornezan por aire, chan ou subsuelo un 1,5 % da sua facturación no término local e que tamén están obrigadas a pagar por atravesar os municipios aínda que non lles fornezan unha taxa que debe fixar un informe técnico-xurídico.
Nas citadas Sentenzas o Tribunal Supremo acepta e valida as Ordenanzas Fiscais destes concellos que establecen e regulan dita taxa e que incorporan á valoración as construcións das liñas eléctricas de alta tensión e as canalizaciones de gas para o cálculo da base imponible da taxa por utilización do dominio público local.
Por todo iso, o Grupo Municipal de Asamblea Cidadá de Cambre propón para a súa aprobación en Pleno o seguinte Acordo:
PRIMEIRO.- Realizar un estudo técnico-económico sobre o estado destas infraestructuras no Concello de Cambre.
SEGUNDO.- Proceder ao seu gravame segundo a Jurisprudencia do Tribunal Supremo. Para elo proporase a creación ou modificación, según proceda, das ordenanzas fiscais do Concello de Cambre, para permitir dito gravame.

 Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son

MOCION EN APOIO ÁS MARCHAS DA DIGNIDADE E Á MOBILIZACIÓN DO 25 DE FEBREIRO NA CORUÑA.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
As Marchas da Dignidade son un movemento social que en Galicia aglutinan no seu seo a mais de sesenta organizacións e colectivos sindicais, culturais, sociais e políticos do País.
As MMdD levan mais de tres anos mobilizándose nas rúas para esixir o remate das políticas que agrecen á maioría social golpeada pola chamada crise. As MMdD diríxense ao grupo Municipal da ACdC para presentar esta moción no Pleno Municipal coa intención da súa aprobación previa deliberación.
Esta corporación municipal debe ser consciente da situación dramática que están a padecer as persoas maiores que dependen dunha pensión para poder vivir despois de toda unha vida de traballo. Dada a situación dramática de moitas familias, a pensión é o único sustento que teñen para poder sobrevivir cunhas mínimas condicións, e estamos vendo como se poñen en perigo con medidas impostas dende organismos antidemocráticos como o FMI e o Banco Mundial a través da Troika Europea. Estas medidas teñen como obxectivo favorecer ás entidades que ofrecen plans de pensións privados, e queremos recordar que as pensións non son privilexios, son dereitos irrenunciables.
Por este motivo, e pola situación actual, está convocada unha manifestación o día 25 de febreiro na Coruña co tema central da defensa das pensións, e coas nosas reivindicacións habituais resumidas en pan, traballo e teito.

ACORDO ÚNICO:
Esta Corporación Municipal apoia a mobilización convocada polas MMdD
prevista para o vindeiro 25 de febreiro na Coruña e fai un chamamento aos veciños e veciñas deste concello para participar na mesma.

ROGOS:
1.- Os fortes temporales de vento e choiva acontecidos nas últimas semanas provocaron a caida e desplazamento dos contenedores de lixo, por carecer de aparellos de suxección. Este feito ten ocasionado diversos problemas para o tráfico rodado e peonil. O problema ten maior incidencia nas zonas mais urbáns do concello, supoñendo un perigro para a circulación. Como exemplo podemos recordar como na estrada da Castellana ou no centro de Cambre, varios aparellos apareceron desplazados do seu lugar, contra vehículos e entorpezendo a circulación.
PREGAMOS se adopten con urxencia as medidas correctoras necesarias para solucionar o problema, como primeira medida nas zonas urbanas e nas estradas con mais circulación.

2.- Na estrada de Cambre O Temple, no lugar da Cruz, o arborado de mimosas está enriba da beirarrúa e do vial de circulación de vehículos. Recentemente desprendéronse dúas ramas de considerable porte, que puideron ocasionar consecuencias graves.
Por isto PREGAMOS, se tomén as medidas correspondentes para evitar calqueira accidente, e se informe o noso Grupo de ditas medidas.
  
3.- Temos coñecemento da petición que o Alcalde fixo a GNF solicitando que se proceda a talar as ramas das árbores que teñan risco de romper e caer sobre os tendidos eléctricos provocando cortes de suministro, sobre todo en momentos de temporal como os acaecidos hai uns días. Do mesmo xeito, somos coñecedores de que existe unha iniciativa por parte do Alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio para facer unha frente común entre os alcaldes e reclamar ás eléctricas formalmente ante as situacións que ano tras ano se veñen producindo polo estado deficiente das liñas e a tardanza na actuación ante averías.
PREGAMOS:
Que se nos informe sobre ambas iniciativas.


 PREGUNTAS:
1.- Con anterioridade o noso Grupo xa ten denunciado e posto en coñecemento do Goberno as deficiencias existentes no sistema de peche dos contenedores de lixo, que carecen de gomas de amortiguación nas súas tapadeiras, producindo forte ruido, que o noso xuizo e dos veciños supera os niveis de emisión sonora permitidos e contemplado na Ordenanza para esta cuestión.
¿Poden informarnos sobre as medidas tomadas e futuras?


2.- ¿Poden informarnos que utilidade se está dando o antiguo local de correos ubicado no edificio do Centro de Saúde de Cambre?

3.- Na literalidade da presentación do entroido Cambrés atopámonos coas manifestacións do concelleiro de Cultura que afirma que "a programación que se presenta é mais completa, diversa, ampla e variada que a de anos anteriores". Diremos que estamos totalmente dacordo con esta afirmación si nos atemos ás innovacións introducidas no noso entroido pequenos tales como que sexan 11 días de festa, a recuperación do enterro da sardiña, os testamentos, o concurso de postres típicos e a posta en disposición dunha nave para a elaboración das carrozas. Asímesmo parécenos moi acertada a programación infantil con maxia, música ao vivo, atraccións e obradoiros, e tamén a posta en marcha do servizo de bus municipal no entroido pequeno. A única salvedade que podemos poñer a esta programación, tendo en conta que tamén declara o Concelleiro que pretenden poñer en valor a cultura galega e a historia de Cambre, é a actuación o día grande de Karina, persoa, que ata onde nos sabemos, pouca ou ningunha relación ten con Cambre nin con Galicia. Si a pretensión era tal e como declara o concelleiro na Web do Concello "chegar a un público interxeracional" ocórresenos unha morea de nomes galegos que poderían ter ocupado ese espectro de idades e xeracións. Sirvan como exemplo no estilo de Karina, Xil Ríos, Pili Pampín, Lucía Pérez. Si se pretende dar un pouquiño mais de calidade artística, poderíamos pensar en Fuxan os Ventos, Milladoiro, Ugía Pedreira, Xabier Díaz, Guadi Galego.
¿Pode o Concelleiro responsable facernos entender a decisión de contratar a Karina para o día grande do entroido pequeno, sendo o primeiro que sempre abogou polo fomento da nosa música e os nosos artistas nas festas que se celebran durante o ano no noso Concello?


Cambre a 20 de Febreiro de 2017

Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 

No hay comentarios: