viernes, 24 de febrero de 2017

La imagen puede contener: texto



Prezadas compañeiras,
Prezados compañeiros,

o movemento das Marchas da Dignidade, plataforma de mobilización unitaria da que Esquerda Unida forma parte dende os seus inicios, volverá a sair as rúas en todo o Estado o vindeiro sábado 25 de novembro nunha nova xornada de loita, reivindicación e dignificación social esta vez para reclamar e defender o dereito a un sistema público de pensións

Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación na mobilización para esixir un país que garanta pan, traballo, teito e no concreto, tamén un presente e futuro en forma de pensións para as capas traballadoras. As Marchas da Dignidade son un exemplo xenuíno do valor e forza que representa o camiño da unidade popular, da posibilidade de confluencia dos conflictos sectoriais e territoriais, dos diferentes axentes políticos, sociais e sindicais en base a un programa de loita unificado. Nun momento que vemos como o bloque da restauración avanza no seu reame político é preciso ser quen de contribuir á recomposición da oposición popular dando corpo social as alianzas forxadas no pasado ciclo electoral. Nesta liña o conflicto e á mobilización social son as nosas prioridades.

En Galicia está convocada manifestación que, por primeira vez, tomará a cidade da Coruña como centro de loita. Cuestión que esixe un maior nivel de esforzo e implicación da nosa organización para asegurar o éxito da convocatoria. 

Anexamos a información relativa a manifestación:

Horario e percorrido

25 de febreiro ás 12 horas con saída de dúas columnas dende praza de España e Pazo da Ópera confluíndo á metade do camiño e finalización nos Xardíns de Mendez Nuñez. Na vindeira semana enviaremos información detallada sobre o punto de quedada para a militancia Esquerda Unida.

Repartos

Sábado 18: 12h Biblioteca de Montealto 17h Feirón de Sada
Domingo 19: 11h Acea de Ama 12h Campo da Leña
Luns 20: 19h rúa Pose, Gaiteira
Mércores 22: 11h centro saúde Ventorillo 19h rúa Barcelona esquina rúa Cuba
Xoves 23: 11h mercado San Agustín, 19h cruce ronda Outeiro / avenida de Arteixo

Información e redes


Se estades interesados en colaborar en algunha das actividades previstas ou tedes calquera dúbida estamos a vosa disposición dende a dirección local.


Saúde e Loita!

--
Coordinación Local
Esquerda Unida A Coruña

No hay comentarios: