jueves, 30 de marzo de 2017
INICIATIVAS PRESENTADAS POLA "ACDC" AO PLENO MUNICIPAL ORDINARIO DO MES DE MARZO.
MOCIÓN PARA DESIGNAR O
NOME DE RAFAEL BAREZ VAZQUEZ A UNHA
PRAZA OU RUA DO CONCELLO.
XUSTIFICACIÓN:
Rafael Bárez naceu non ano 1945 en Sigrás no concello de
Cambre, nunha España que acababa de saír dá guerra civil, aillada
internacionalmente, que tentaba recuperarse economicamente dun réxime
autárquico e cun goberno baseado no “orde, unidade e aguantar”
Antes de acabar a carreira de dereito Rafael Bárez xa formará
parte do Partido Comunista, militancia política que non lle sairía gratis
naqueles tempos: sancións académicas, económicas, desterros e carcere.
Detido en numerosas ocasións durante a súa vida de estudante
en Santiago de Compostela e procesado polos sucesos de marzo de 1972 na cidade
departamental, pasou nove meses na
cadea. A implicación de Bárez neses anos co movemento obreiro foi máxima e
sería a causa dá súa detención xunto aos principais dirixentes do PC e dás
CC.OO dá provincia da Coruña.
Iniciou a sua carreira como avogado laboralista de CC.OO en Ferrol e na Coruña.
En abril de 1979 saíu elexido concelleiro do municipio coruñés, na candidatura
do PCG. Ocupou unha tenencia de alcaldía, sendo responsable de Urbanísmo
promovendo ou primeiro PXOM.
Os concellos da Coruña, Oleiros, Ferrol,
Fene, Ares, Pontedeume e Narón, xunto con diversos colectivos
cidadáns, teñen feito un recoñecemento
institucional a súa memoria, sirva coma exemplo mais recente, o homenaxe na
Coruña o pasado 9 de marzo, na presentación do seu libro de poemas escritos
na carcere.
Este veciño que foi de Cambre, ben merece, o noso xuizo, un
recoñecemento por parte do concello, que non debe ser alleo a estes feitos, que
marcaron unha etapa na recente historia
do noso pobo, o ser Rafa unha persoa que ten loitado pola defensa dos
traballador@s, pola liberdade e pola democracia, contribuindo de xeito exemplar
e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre homes e mulleres; en
difinitiva por unha sociedade mais xusta, pero tamén, e non menos importante,
para non esquencer as ideas de solidariedade cuia defensa custoulles a vida e
privación de libertade a moitas persoas.
POR ESTAS RAZÓNS O GRUPO MUNCIPAL DÁ “ACDC” PROPÓN AO PLENO
CONCELLO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS.
Primeiro.- O Pleno do concello de Cambre,
ACORDA dar ou nome a unha futura vía pública, rúa, praza, parque,
glorieta, etc., nun lugar destacado do
noso concello, en memoria de Rafael Barez.
Segundo.- Dar traslado do presente acordo a
súa familia.
ROGOS
1.-
Varias persoas puxeronse en contacto co noso Grupo, informando que por
parte da policia local se estaban denunciando os vados de reserva de entrada a
garaxes que carecen de licencia.
En moitos casos informaronnos que teñen solicitada a licencia
dende fai anos, e os seus expedientes están sin resolver, sentindose
perxudicados pola situación de irregularidade.
-PREGAMOS nos informen
cantos vados están de forma irregular, e cantas solicitudes de licencia están sin resolver.
2.- En distintos plenos do concello,
teñense presentado varias iniciativas
polo grupo de EU solicitando se promovan
as medidas necesarias, co fin de que o noso concello sexa compensado polo
goberno do estado, pola bonificación fiscal do 95% do IBI, que se recoñece a
empresa concesionaria da autoestrada AP-9 que discurre polo noso término
municipal.
A importancia deste problema e fundamentalmente de carácter
económico, sirva como exemplo que no ano 2007 o noso concello debería ter
ingresado polo pago do IBI de Audasa 177.662,77 euros, percibindo soamente
8.813 euros, correspondente o aboamento do 5% do imposto, deixando de ingresar
as arcas municipais 168.849,63 euros.
Considera o noso Grupo que non existe xustificación para seguir mantendo a aplicación desta
bonificación, en este sentido
pronunciouse o Ministro de fomento
explicando que o beneficio fiscal
que tiñan as concesionarias que únicamente debían abonar o 5% de IBI os concellos
finalizóu o 31 de agosto de 2016 e teñen
que abonar os correspondientes impostos "cuando el calendario tributario
previsto por los ayuntamientos así lo indique".
-Tendo en conta o anterior, o noso Grupo PREGA o gobernó
realice cantas xestións sexan precisas ante quen corresponda, co fin de cobrar
o IBI correspondente o 100% a concesionaria da autoestrada AP-9, así mesmo de
traslado do problema o Consorcio das Mariñas, para que sexa tratado no ente
supramunicipal e se nos informe dos trámites realizados aos membros da
corporación e veciñanza
3.- O pasado mes de Xaneiro o alcalde en
xuntanza cos veciños de Cela, aseguraba que non parecia existir intención de
venta por parte da Fundación Hermanos Tenreiro, dos terreos sitos en dita
parroquia.
O noso Grupo, púxose en contacto con dita Fundación onde nos
informaron que o expediente está parado, que están pendentes de dar reposta a
unha comunicación feita polo concello tentando conseguir unha explicación da
negativa a presentarse a concursos de venta, pero que segun todos os ultimos
acordos adoptados no patronato da Fundación, a venta directa polo precio
acordado de aprox 18 €m2 é o que lles vale.
-PREGAMOS: procedan a
realizar os tramites necesarios para reestablecer as relacions que permitan a
compra dos terreos da fundación.
PREGUNTAS:
1.- No noso Concello aprobouse unha
iniciativa para dar carácter institucional ó dia da “Festa do árbore”. O pasado
día 21 de marzo foi o “Día Forestal Mundial” denominado tamén “Dia
internacional dos bosques”, dende o noso grupo non tivemos coñecemento de
ningunha iniciativa por parte do concello encamiñado a promover valores de
respecto á natureza e o indispensable papel das árbores no mantemento do
ecosistema. Tampouco se levaron a cabo actos sobre a recuperación e celebración
da festa tradicional do “Día do árbore”.Neste sentido o noso grupo PREGUNTA:
-Poden informarnos dos
motivos para non realizar ningún acto na mencionada data, nin ter dado
cumprimento o acordo plenario?
2.- Dende fai varios meses na beirarrúa
da rua Estanque de Abaixo, no Temple, atópase unha plancha de metal que coma
única sinalización ten unha pedra pintada de vermello.
-Poden informarnos da obra en cuestión, e se sinalize
debidamente para apercibir do problema?
domingo, 26 de marzo de 2017
RECORDATORIO ASAMBLEA
COMARCAL. MAÑAN LUNS 27 ÁS 20H NA SEDE DE EU NA CORUÑA.
- Información (normas, calendario e resolución de dúbidas da próxima Asamblea Nacional). Pendente confirmar asistencia de algunha persoa da Executiva nacional.
- Diagnose interna (estrutura, acción política e conclusións)
Atentamente:o
René Gamborino e Pablo G. Novoa, Coordinación Local EU A
Coruña
Juan Fc. Soler e Loreto Taibo, Coordinación Intercomarcal
Cambre- Oleiros
Omar Ceveira, Coordinación Local EU Carballo
sábado, 18 de marzo de 2017
VIA ARTABRA
"A Asamblea Cidadá de Cambre", en colaboración con Esquerda Unida, informa de que pon a disposición da veciñanza un modelo de
alegacións para aquelas persoas afectadas pola Vía Ártabra, tanto no local do
Grupo Municipal no Parque Europa os xoves de 19h-21h como no local de EU Cambre
na Rua Constitución Nº.3 no Temple os martes e venres de 18h-20h.
Ademais, segundo xa foi comunicado, En Marea levará
proximamente a Comisión do Parlamento de Galicia, a pregunta da Vía Ártabra que xa se atopa
rexistrada."
A MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa do seu deputado Antón Sánchez García e ao abeiro do artigo 155 do Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte pregunta
para a súa resposta oral en Pleno, en relación ao proxecto de construción da
Vía Ártabra.
Segundo o publicado no DOG Núm. 27
do Mércores, 8 de febreiro de 2017, en relación o ANUNCIO do 30 de xaneiro de
2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de
construción Vía Ártabra, treito: N-VI – AP-9, así como a relación individual de
bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave
AC/04/156.01.4.1).
Existen dúbidas debido as manifestacións contraditorias realizadas polo
Goberno do concello de Cambre e responsables da Xunta de Galicia; respecto a "unha área de peaxe" no lugar de A
Gandara-Armental na parroquia de Pravio (Cambre), contemplado na memoria do
proxecto. Responsables da Xunta de Galicia,
manifestan que nos planos da planta de
esta futura infraestrutura non figura, polo que
a Consellería de Infraestruturas insiste
en que o documento, salvo error, non contempla o dito peaxe. Tampouco levará área de servizo nin
descanso.
Por este motivo o noso Grupo Parlamentar presenta a seguinte Pregunta para
a súa resposta oral en Pleno:
-Poden informarnos si na área
mencionada de enlace do vial da Vía ártabra coa autoestrada AP-9, no lugar de A
Gandara-Armental en Pravio, vai estar dotada de un área de peaxe, e si o
servizo será gratuíto?
miércoles, 15 de marzo de 2017
Este luns celebramos na sede de EU no Temple unha nova xornada de formación. Esta vez sobre feminismo coa compañera Eva Solla. Ainda queda mucho por facer e a pedagogxa e algo fundamental para conquerir unha sociedade mais xusta e igualitaria.
"As mulleres cobramos un 23% menos, e isto tamén repercute nas nosas pensións, que son un 34% máis baixas", critica a deputada. "A protagonista da loita feminista é a muller. E hai moito que facer en todos os eidos, como o laboral ou sanitario, por exemplo", sinalou.
domingo, 12 de marzo de 2017
viernes, 10 de marzo de 2017
Esquerda Unida únese aos actos de Ferrol e A Coruña no Día da Clase Obreira Galega
Esquerda Unida lembra un ano máis, o 10 de marzo de 1972, cando eran asasinados a mans fascistas os compañeiros Amador Rey e Daniel Niebla mentres defendían os dereitos dos traballadores dos estaleiros públicos de Ferrol.
Dende Esquerda Unida facemos un chamamento á participación nas mobilizacións e actos convocadas polos sindicatos en Ferrol, a ofrenda floral no Monumento 10 de Marzo e a Manifestación do Día da Clase Obreira Galega, co fin de honrar a memoria dos compañeiros asasinados a mans fascistas no ano 1972, Amador Rey e Daniel Niebla, traballadores dos estaleiros públicos ferroláns.
Para que estas mortes non caian no esquecemento, é imprescindible seguir a lembrar a súa memoria, facendo que os seus valores impregnen os nosos actos e as nosas conciencias, tal como fixo nos seus versos Rafael Bárez, militante do Partido Comunista e concelleiro do PCG na Coruña, que foi encarcerado no cárcere coruñés durante nove meses polo seu papel como avogado laboralista nestes históricos e cruentos sucesos e que hoxe se lle renderá homenaxe hoxe ás 20 horas no Teatro Rosalía de Castro, na Coruña.

¿Sabías que el amianto aún está permitido en conducciones de agua potable?
Nuestra diputada Eva Garcia Sempere gracias al trabajo colectivo
ha conseguido una PNL para su eliminación
lunes, 6 de marzo de 2017
jueves, 2 de marzo de 2017
Presentación do libro de poemas de Rafael Bárez
- O día 9 de marzo, ás 20 h, no teatro Rosalía de Castro da Coruña
O xoves da semana que vén, día 9 de marzo, ás 20 h, terá lugar no teatro Rosalía de Castro da Coruña a presentación do libro de poemas de Rafael Bárez, publicado de xeito póstumo. A obra foi escrita polo avogado laboralista cando estivo en prisión tras a brutal represión que seguiu aos sucesos do 10 de Marzo de 1972.
Rafael Bárez
Perfil
Rafael Bárez (1946-1996) naceu en Sigrás, A Coruña, mais estudou o bacharelato en Lugo e os estudos de Dereito en Santiago de Compostela. Membro do Sindicato Democrático de Estudiantes, tomou parte nas loitas estudantís de 1968 e ingresou no Partido Comunista. Polas súas actividades foi desterrado a Lugo por un período de dous meses.
Após rematar os estudos trasladouse a Ferrol, onde exerceu como avogado laboralista. Amais de formar parte dos órganos de dirección do PC, o seu despacho tivo unha gran vinculación coas Comisións Obreiras. Del dixo Manuel Rivas: «O seu despacho sempre estaba aberto aos indefensos. Sensible, cordial e vitalista, adoraba a música e desfrutaba na calor das festas populares. Como no poema de Paul Éluard, pódese dicir que morreu cos brazos abertos á vida ».
Novamente, o seu compromiso social foi causa de que padecera a represión: tras os sucesos de 1972 en Ferrol, o despacho de Bárez sería rexistrado e o avogado detido e levado a prisión. En total pasou nove meses na cadea dos catro que inicialmente solicitara a Fiscalía. Durante este período de privación de liberdade creou os poemas que constitúen o proxecto editorial xa mencionado.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)