INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DA “ACDC” AO PLENO ORDINARIO DO DIA 25 DE MAIO
EXPOSICIÓ DE MOTIVOS:
Recentemente tivo enorme relevancia informativa e social o pasamento do cidadán José Antonio Arrabal, que viña reclamando insistentemente diante das instancias públicas o seu dereito a que lle facilitaran axuda para morrer, por entender que as súa enfermidade convertíalle a vida nun permanente sufrimento sen horizonte algún de cambio na situación.
A actitude de Antonio Arrabal en defensa non só do dereito a vida, senón tamén da facultade de dispor dela cando unha persoa se atope en circunstancias que, obxectivamente, a fagan insoportable ou carente das mais elementais condicións de dignidade que debe levar aparelladas, ten reaberto un debate que no ano 1998 protagonizara o galego Ramón Sampedro a nivel internacional: o da despenalización da eutanasia activa.
O recente caso de Antonio Arrabal puxo tamén en evidencia que son unha grande proporción de persoas do noso país (según datos do CIS, no ano 2015 o 78% dos españois eran partidarios de regular a morte asistida), que demandan exercer libremente a súa capacidade de decisión no caso que cheguen a ser vítimas de enfermidades incurables e dorosas que lles conduzan irremediablemente a unha morte segura ou de calquera outro tipo de doenzas ou lesións permanentes que lle incapacitasen de xeito xeralizado para valerse por si mesmas.
Esa liberdade de decisión non é obstáculo para que, respetando as crenzas relixiosas, filosóficas ou de calquera outro tipo, sexa cada persoa en concreto a que, estando en pleno uso das súas facultades mentais, adopte a decisión que sexa mais coherente con tales ideas, sen que de xeito ningún, teña que conlevar a imposición da decisión por parte de outras persoas (familiares, médicos, autoridades, etc.) externas o propio afectado.
PROPOSTA DE ACORDOS:
PRIMEIRO.- Sendo conscientes do rexeitamento que tivo unha iniciativa en termos parecidos no Congreso dos deputados, o pleno municipal do concello de Cambre, sensible con este problema, acorda dirixirse ó Ministro de Xustiza para instarlle a que se proceda a modificar o Código Penal no sentido de que declare a exención de pena daquelas persoas que, mediante actos necesarios ou de cooperación activa, permitisen, propiciasen ou facilitasen a morte digna e sen dor doutra persoa, a petición expresa, libre e inequívoca desta, en caso de que sufrise unha enfermidade grave que tivese conducido necesariamente a súa morte ou lle producise graves padecementos permanentes e difíciles de soportar, ou que, sendo permanente, lle incapacitase de xeito xeralizado para valerse por si mesma.
SEGUNDO.- Dar traslado da presente Moción os Grupos parlamentarios representados no Congreso dos deputados e asimesmo na Xunta de Galicia.
ROGOS:
1.- As fontes e lavadoiros do noso Concello foron tradicionalmente puntos de gran importancia na actividade veciñal. Existen en Cambre aproximadamente 200 elementos deste tipo, distribuidos por distintos lugares do concello dende fai moitos anos, que de non remedialo mediante actuacións urxentes, estamos abocados a sua perda. Algunha destas infraestructuras están no mais absoluto abandono coma é o caso do lavadoiro da Fontenova en Pravio, que está totalmente invadido pola maleza.
PREGAMOS procedan á limpeza e acondicionamento do lavadoiro, para poder utilizar dita instalación nas condicións mais optimas.
2.- Prácticamente en cada pleno ordinario, temos a necesidade de aprobar facturas procedentes de exercicios anteriores de diferentes proveedores. Un deles é GNF, compañía que ó noso entender, non está levando a cabo a facturación dos consumos eléctricos do concello dun xeito suficientemente serio como para poder comprobar que a facturacion emitida é correcta. Atopámonos facturas emitidas con mais dun ano de retraso, estimacións de consumo que non sabemos a qué corresponden, puntos de suministro de identificación dubidosa así como contadores que non sabemos si rexistran correctamente. A situación reviste unha enorme gravidade si temos en conta o importe elevado da facturación que recibimos mensualmente de GNF. Sirva como exemplo este pleno ordinario no que temos que aprobar facturas por un importe de mais de 91.000€ correspondentes a consumos de electricidade que proveñen ata de hai dous anos e medio.
PREGAMOS que o Goberno inicie as actuacións necesarias para solicitar formalmente a GNF a facturación en tempo e forma e manteña informados por escrito ós grupos políticos desta corporación dos trámites realizados ante a compañía así como das respostas recibidas da mesma.
3.- En todas as parroquias do noso Concello observamos unha gran cantidade de cohes abandonados. Este é un problema grave, non só por seguridade pública e hixiene, senón porque restan prazas de aparcamento e supoñen un importante risco de incendio.
PREGAMOS procedan a tomar as medidas adecuadas para retirar das nosas vías públicas todos os vehículos abandonados e sexamos informados do protocolo de actuación que actualmente levan a cabo dende o Concello para o tratamento destes residuos sólidos urbáns.
PREGUNTAS:
1.- Recentemente estamos asistindo a polémica sobre a normativa das instalacións recreativas e de lecer nos espacios públicos e privados. Os desgraciados accidentes ocurridos nos últimos tempos, como consecuencia das posibles faltas de seguridade dos chamados castillos inchables, que están suxetos o cumprimento dunhas directrices de seguridade que marca a normativa europea, debendo pasar inspeccións periódicas para garantir a seguridade no seu montaxe e uso.
Tendo en conta que a competencia de inspección deste tipo de instalacións e responsabilidade dos concellos.
-O noso Grupo PREGUNTA sobre qué tipo de inspeccións técnicas se teñen realizado polo persoal competente do concello, en relación os aparellos montados no Parque da Igrexa no mes pasado, e nos faciliten os informes sobre as medidas de seguridade a aplicar, como o anclaxe dos aparellos e na manipulación e conexións eléctricas, distancias…etc.
2.- Actualmente estamos sofrindo unha nova praga chamada “cydalima perspectlis, conocida también como polilla asiática”. Esta oruga ven de introducirse na península e mais concretamete na zona norte, afectando a vexetación da pranta do buxo na nosa Comarca “reserva da Biosfera”. Por este motivo, algúns concellos da nosa contorna xa teñen actuado contra esta praga.
¿Poden informarnos das medidas tomadas polo Goberno en relación o problema descrito?
3.- ¿Poden informarnos da situación do proxecto da nova Casa da Cultura e Auditorio no centro de Cambre, e da situación de titularidade dos terreos para a súa construcción?
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario