miércoles, 21 de junio de 2017


Comunicado de Prensa
CONVENIO DO METAL: OUTRA PROBA DE QUE NON HAI RECUPERACIÓN
As centrais sindicais CC.OO, UXT e CIG, veñen de convocar unha folga xeral no sector do metal para o vindeiros días 22 e 27 de xuño e 4 e 5 de xullo. O convenio en vigor rematou en 2014 e non se ten renovado pola negativa da patronal a afrontar a necesaria dignificación das condicións laborais no sector, no seu único interese en aumentar beneficios mediante a redución de costes laborais, isto é, poñer sobre as costas dos traballadores
Así as cousas, as e os traballadores do sector gañan hoxe en día o mesmo que tres anos atrás, o que demostra dúas cousas: a recuperación económica é falsa e o empresariado do metal aplica o criterio neoliberal ensaiado con éxito en Alemania no 2008: redución da taxa de paro pola degradación e precarización das condicións de traballo e a conxelación indefinida de salarios.
Ese, e non outro, é o motivo de que dende o movemento sindical se chame a folga, desmontar a mentira da recuperación económica para as capas traballadoras, para a dignificación do salario e a conquistas sociais e laborais no sector.
Deste xeito, o Consello Comarcal de Esquerda Unida fai un chamamento ao conxunto da cidadanía a participar xunto cos traballadores nesta xornada de loita que terá como primeira parada a concentración convocada ás 12 horas na praza Luis Seone.

A Coruña a 20 de xuño de 2017



La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie y texto








No hay comentarios: