
Esquerda Unida súmase e chama a participar nas concentracións galegas polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas este 20 de xuño
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca mañá, 20 de xuño, diferentes mobilizacións por toda Galicia para conmemorar o Día Mundial das Persoas Refuxiadas.
Esquerda Unida recoñece o esforzo dos movementos sociais no que a mellora da calidade de vida e a loita pola defensa dos dereitos fundamentais das persoas refuxiadas se refire, uns dereitos que son vulnerados constantemente, xa que sofren múltiples exclusións en moitos ámbitos, como o sanitario ou económico. Neste caso, na concentración farase mención á negativa do Goberno Galego a esixir que se cumpra o acordado coa Unión Europea respecto á acollida das persoas refuxiadas.
O membro da executiva nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, participará mañá martes 20 na concentración que terá lugar en Compostela (Praza do Toural) ás 20 horas.
| Concentración “Para que se cumpra cos dereitos humanos”, coa participación de Xabier Ron
Data: Martes, 20 de xuño.
Lugar: Praza do Toural. Compostela.
Hora: A partir das 20 horas.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario