INICIATIVAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL
DA "ACDC" O PLENO DO MES DE XUÑO
MOCIÓN
SOBRE A POSTA EN FUNCIONAMENTO DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
Con
insistencia tense reclamado en distintas ocasións a posta en funcionamento do Consello Escolar Municipal para dotar ao noso municipio con este órgano consultivo,
dada a importancia que para nós ten a súa posta en
funcionamento, como un mecanismo útil para optimizar recursos e axuntar esforzos na tan importante tarefa
educativa a nivel local, co fin de prever, planificar e dar as respostas
necesarias en materia de programación, problemática educativa e estudo de necesidades na
comunidade escolar do concello.
A posta en marcha do Consello
Escolar Municipal e unha tarefa que implica a responsabilidade do goberno do
concello, xa que tería que estar
funcionando fai bastantes anos, e non sabemos si non o está por desidia, falta de capacidade ou
unha auténtica vontade
de poñer atrancos á posta en marcha dunha farramenta participativa e fundamental para prever e
conquerir a necesaria mellora da calidade do ensino no noso concello.
Unha vez mais e tendo en conta que proximamente abre o prazo para a
matriculación nos centros
de ensino, e tendo presente os distintos atrancos que se plantexaron no
presente curso escolar polos diversos problemas nos distintos colexios do
concello, o noso Grupo Municipal fai un chamamento os restantes integrantes da
Corporación Municipal “con especial atención o Grupo de Goberno” para que esta
carencia sexa unha realidade, e lembrarlle que corresponde os poderes públicos garantir o dereito a educación mediante unha programación xeral do ensino, coa participación efectiva de todos os sectores afectados.
POLO
EXPOSTO, O NOSO GRUPO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO A
ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:
UNICO.- Encomendar ó Goberno Municipal que leve a
cabo de inmediato as actuacións necesarias para poñer en funcionamento o Consello Escolar Municipal.
ROGOS:
1.- Veciños da rúa Tapia denunciaron ante o noso Grupo o
perigro que supóñen os ladrillos no peche do local nº 8, polo risco de desprendemento a beiravía.
Por este motivo PREGAMOS se tomen as medidas oportunas para correxir a
situación demandada.
2.- A publicación das actas de plenos e comisións informativas, non só é legal senón que tamén é unha obriga democrática o poñer a disposición da cidadanía a máxima
información sobre a labor municipal. Observamos que
a web corporativa, non ten publicado as actas plenarias dos últimos sete meses, e as publicacións das comisión informativas desapareceron da páxina do concello.
Por isto o Grupo da ACDC, Prega se proceda á publicación das mencionadas actas logo da súa aprobación e se
nos explique os motivos do retraso para colgar unha información tan importante
para ós veciños e veciñas.
3.- En fronte á casa das palmeiras, no tramo desde o paraugas ata a costa
da tapia, hai un semáforo. Nese sector iníciase un
conxestionamento que, en horas punta, pode alcanzar unha columna de vehículos
de máis de 300 metros. En si,
segundo os condutores, cruzar por este sector toma ata 15 minutos nas horas críticas.
Substituíndo os semáforos por un
paso peonil elevado, solucionaríase en parte o problema do tránsito.
Para os peóns,
en cambio, os semáforos
son de utilidade porque alegan que hai persoas que non poden subir polo paso
elevado peonil que terían que dar un pequeno
rodeo.
Pero tanto peóns como condutores coinciden en que estes semáforos forman unha traba para os vehículos. Entendemos que a súa substitución por un paso
peonil elevado pode
aliviar en algo a conxestión vehicular.
Por todo o exposto PREGAMOS
que o grupo de Goberno teña en consideración a instalación dun paso elevado na
devandita localización.
PREGUNTAS:
1.- Por
motivos de transparencia na labor
municipal en relación ós gastos nos distintos
eventos e festas que se desenrolan no transcurso do ano, presentamos a seguinte PREGUNTA para a súa resposta no
pleno.
¿Existe a posibilidade de poñer no portal de transparencia da páxina web do concello, os distintos
gastos desglosados de todos os eventos que se celebran durante o ano? En caso
afirmativo, ¿pensan poñer dita información en coñecemento dos veciños a través do portal de
transparencia?
2.- ¿Cantos
establecementos teñen concedida licencia
de terrazas e veladores na via pública e cantas actuacións se fixeron de oficio para comprobar o
cumprimento da ordenanza recentemente aprobada e cantas por denuncias?
En CAMBRE, a 24 de xuño de 2017
Asdo: Olga Santos López. Voceira do Grupo
No hay comentarios:
Publicar un comentario