sábado, 9 de diciembre de 2017



EU desmárcase da pregunta parlamentaria presentada por Lidia Senra sobre as vacinas

COMUNICADO CONXUNTO DE EU E IU FEDERAL ACERCA DA PREGUNTA PARLAMENTARIA DA EURODEPUTADA LIDIA SENRA SOBRE AS VACINAS
(Compostela 9 de decembro de 2017) trasladamos comunicado conxunto de Esquerda Unida e Izquierda Unida federal:
– Lida Senra non forma parte da nosa organización e desde EU desmarcámonos por completo da súa pregunta escrita remitida por parte de Lida Senra á Comisión Europea, a cal nos parece un erro ao expresar unha opinión sen rigor algún e unha irresponsabilidade ao alentar unha iniciativa que persegue a redución da porcentaxe de vacinacións desde o sistema de saúde pública.
– Aínda que é certo que moitas das accións da industria farmacéutica son reprobables ao atender estritamente aos seus intereses económicos en lugar de ao interese xeral, non por iso se poden obviar os grandes beneficios en clave de saúde pública que supón o seu uso e desde EU vimos defendendo desde hai anos no noso programa electoral a implantación dun calendario vacunal único.
– A pesar de concorrer na lista electoral de “A Esquerda Plural” nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 e actualmente ser membro tamén do GUE/NGL (o grupo parlamentario da Esquerda Unitaria na Eurocámara do que tamén forman parte nosas eurodeputadas e eurodeputados), Lidia Senra desvinculouse unilateralmente da nosa delegación hai un ano. Este caso de transfuguismo foi debatido na reunión da Coordinadora Federal de IU do 4 de marzo de 2017.

No hay comentarios: