Eva Solla esixe máis persoal e recursos para a Residencia de Maiores de Oleiros
Eva Solla vén de levar á Comisión de Sanidade os problemas de persoal da Residencia de Maiores de Oleiros, con 284 residentes atendidos por 4 médicas/os, 2 fisioterapeutas, 1 animadora social, 1 terapeuta ocupacional e sen psicóloga/o no centro. “A deficiencia de persoal é tan grave que está provocando un aumento alarmante nas baixas por sobreesforzo, coa consecuencia de que as baixas non se están a cubrir debido á excesiva carga de traballo”, sinalou a deputada de En Marea.
Esta situación é a orixe do “alarmante incremento das baixas por sobreesfuerzo” do persoal da residencia asistida de Maiores de Oleiros, segundo expuxo Eva Solla, que dende En Marea presentou unha Proposición Non de Lei para instar á Xunta a cubrir as demandas existentes nesta residencia, tanto respecto de persoal como ás deficiencias materiais e de instalacións. Finalmente, todos os grupos apoiaron a súa proposta, menos o PP, que rexeitouna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario