martes, 17 de julio de 2018



Eva Solla esixe na Comisión de Sanidade máis persoal para o centro de saúde de Cambre

A deputada e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea, Eva Solla, expón na Comisión de Sanidade a necesidade de contar cun pediatra e cun fisioterapeuta para o centro de saúde de Cambre, onde a Xunta impulsou a construción dun centro, aínda que o fixo “sen dotalo axeitadamente”.
“A lista de espera de fisioterapia é de entre 3 e 6 meses para os doentes preferentes, e os pacientes ordinarios teñen que agardar ata un ano, o que é incompatible cunha axeitada atención temperá”, apunta a deputada, que sinala que “ademáis de aumentar o persoal, é preciso xestionar ben a cobertura das baixas e das vacacións en todos os centros de Galicia”.

No hay comentarios: