Comunicado de Esquerda Unida Federal ante as ameazas e agresións ás compañeir@s de Riosa
Unha vez máis, cargos públicos de Esquerda Unida en Asturias foron ameazados por desenvolver o seu labor no ámbito institucional. Un labor que, como o conxunto de cargos de Esquerda Unida, está centrada en defender os intereses dos e as veciñas dos seus municipios e mellorar as súas vidas.
Nesta ocasión, sufriu ameazas de morte o noso compañeiro José Manuel Pello, concelleiro de EU no municipio de Riosa, sendo un novo caso de ameazas ou agresións a sufridos por cargos públicos de Esquerda Unida nos últimos meses, como ocorreu tamén en Riosa á nosa alcaldesa Ana Díaz, en Málaga ao noso Coordinador Federal Alberto Garzón, en Villarrobledo ao noso concelleiro Manuel “ Manute” Clemente ou o recente asasinato do noso concelleiro Javier Ardines en Llanes.
Desde Esquerda Unida mostramos a nosa solidariedade co concelleiro José Manuel Pello e coa alcaldesa Ana Díaz, así como con toda a asemblea de EU Riosa e coa Federación de Esquerda Unida en Asturias.
Así mesmo, manifestamos o noso rotundo rexeitamento e condena a este tipo de actuacións que, ademais de ameazar e vulnerar a integridade física, coartan o traballo dos nosos cargos públicos. Un traballo envorcado en defender o público e colectivo fronte a quen, parapetados tras o anonimato e a violencia, perseguen intereses estritamente individuais que distan moito de ser proveitosos para a maioría social.
Por último, desde Esquerda Unida solicitaremos de forma inmediata unha reunión co Ministerio do Interior para analizar que pasos van dar para garantir a seguridade dos compañeiros e compañeiras cargos públicos e afiliados/ as de Esquerda Unida. Esperemos que estes feitos non volvan producirse e, en calquera caso, Esquerda Unida vai poñer todos os seus recursos a disposición das compañeiras e dos compañeiros afectados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario