viernes, 21 de septiembre de 2018

                                                MOCIÓN PLENO DO 13 DE SETEMBRO


MOCIÓN DA ASEMBLEA CIDADÁ DE CAMBRE RELATIVA Á PARTICIPACIÓN CIDADÁ E DOS GRUPOS MUNICIPAIS NOS MEDIOS PÚBLICOS MUNICIPAIS ASÍ COMO Á INTRODUCCIÓN DE DIFERENTES SECCIÓNS NOS MESMOS QUE GARANTAN O SEU CARÁCTER PÚBLICO.


O artigo 69 da Lei de Bases de Réxime Local establece que:

1.- As corporacións locais teñen que facilitar a información máis ampla sobre a súa actividade e a participación de todos os cidadáns na vida local.

2.- As formas, os medios e os procedementos de participación que as corporacións establezan no exercicio da súa potestade de auto-organización non poden en ningún caso diminuír as facultades de decisión que corresponden aos órganos representativos regulados pola lei.

Este mandato legal require, polo tanto, que os medios de comunicación locais de titularidade pública, prensa escrita, radio, televisión, webs municipais, etc, respeten os seguintes
principios:

PRIMEIRO: Teñen que actuar como elementos cohesionadores do Concello. Teñen que fomentar a identidade local, dando a coñecer as súas orixes, tradicións e actividades cotiás económicas, culturais, sociais e políticas e os proxectos de futuro.

SEGUNDO: Teñen que informar dun xeito veraz, plural e transparente.
Teñen que dar conta da xestión que fai o equipo de goberno pero tamén mostrando as diferentes sensibilidades políticas que se expresaron nas urnas. A través da crónica xornalística do pleno municipal, teñen que explicar as diferentes propostas de actuación e reflectir os puntos de vista dos diferentes grupos políticos representados e as votaciones emitidas.

TERCEIRO: Teñen que ser un referente informativo para a cidadanía.
Non teñen que estar supeditados aos cambios que se produzan nos equipos de goberno ou cada vez que se celebren eleccións. En periodos electorais, teñen que ser un vehículo comunicativo clarificador das diferentes opcións políticas.

CUARTO: Teñen que fomentar o debate público para a participación democrática.
Os medios de comunicación escritos teñen que dar un tratamento xornalístico profesional ás informacións e teñen que inserir espazos de opinión dos cargos electos, dos grupos políticos, de técnicos especializados, de representantes das organizacións da sociedade civil e das persoas que queiran intervir. O editorial ten que reflectir a opinión da publicación e non ten que estar asinado polo alcalde ou alcaldesa. A través de Internet, téñense que promover consultas populares, foros, etc., ademais de ofrecer solucións fáciles a problemas concretos e trámites burocráticos.

QUINTO: Teñen que promover as actividades da sociedade civil e o asociacionismo.
Os medios de comunicación local de titularidad pública teñen que potenciar o asociacionismo e a iniciativa social mediante a publicación ou difusión de todas as actividades que realizan as organizacións da sociedade civil, especialmente a través da axenda de actividades ou outros formatos informativos.

SEXTO: Teñen que evitar o partidismo e a falta de profesionalidad.
Mediante un tratamento contrastado e o máis completo posible das principais informacións, dando voz aos diferentes protagonistas, rendendo contas da xestión realizada e fomentando a participación cidadá. Os medios non se poden utilizar como ferramenta de propaganda política do partido ou a coalición que detenta o poder.

SETIMO: Teñen que espertar o interese da cidadanía.
Mediante a utilización dunha linguaxe clara, preciso, respetuoso coa diversidad de homes e mulleres das diversas procedencias e condicións sociais que dan vida ao municipio, ao alcance do gran público, con titulares comprensibles e atractivos. Teñen que xerar procedementos que favorezan a identificación e a implicación da cidadanía na información e a participación democrática.

OCTAVO: Teñen que funcionar a través de órganos de xestión participativos.
Os medios de comunicación local de titularidad pública teñen que funcionar con estruturas organizativas, consellos editoriais ou consellos de administración que garantan a profesionalidad das persoas que traballan e a participación do conxunto do consistorio, das organizacións da sociedade civil e da cidadanía local.

NOVENO: Téñense que xestionar axustándose ás posibilidades económicas de cada municipio.
As institucións ou organismos públicos que xestionen os medios de comunicación local de titularidad pública teñen que deseñar plans municipais de comunicación a partir dun diagnóstico e unha análise da situación comunicacional local e teñen que definir os obxectivos que se teñen que lograr establecendo os recursos humanos e técnicos e as dotaciones económicas necesarios, sempre de acordo coas posibilidades e necesidades de cada municipio.

ctualmente en Cambre, contamos con dous medios de comunicación municipal públicos: A PÁXINA WEB MUNICIPAL @CONCELLODECAMBRE e o xornal NOVAS DE CAMBRE.

Con respecto á publicación NOVAS DE CAMBRE preséntase en formato xornal que é repartido e buzoneado e que sae cunha tirada de 12.000 exemplares por número é un custe de mais de 13.000 euros, que supón unha importante saída de cartos das arcas municipais, e que, por este único motivo podemos decir que é propiedade de todas e todos os veciños e, polo tanto, non pertence nin pode ser copado por ningún partido, organización ou sindicato, así como tampouco pode ser monopolizado polo equipo de goberno baixo a excusa de que non aparecen as siglas dos partidos que o conforman. Debe, por tanto, cumplir os principios arriba indicados.

As dúas tiradas que se fixeron deste xornal, incumpriron co obxecto que ten calquera medio de información pública que se precie e cos principios sinalados anteriormente.

Únicamente se deron a coñecer os proxectos ou noticias que o goberno municipal quixo trasladar ós veciños, pero non se fixo mención a ningún periodo de exposición pública, a axenda de actividades, as indicacións para poder realizar trámites administrativos, teléfonos de interés, horarios de interese, situación económica do Concello, ofertas de traballo, ofertas formativas, procesos participativos, direccións de interese, procedimento para a participación dos veciños e veciñas nos plenos, iniciativas dos grupos da oposición, publicacións en Boletíns Oficiais, etc...

Tampouco se permitiu ós grupos que lexítimamente ostentamos representación na Corporación participar da súa redacción, configuración, deseño, orzamento, tirada etc, incumplindo, por tanto co mandato legal conforme o que calquera medio de comunicación que sexa considerado público, debe expresar as diferentes sensibilidades políticas con representación no Concello.

Dende a Asemblea Cidadá de Cambre, entendemos que deben ter representación as AAVV, como xa tiveron, pero tamén ten que existir unha sección de cartas que os veciños e veciñas dirixan a Alcalde ou calquera dos e das concelleiras que formamos parte da Corporación, con mención expresa dos nosos datos e horarios de contacto.

Asímesmo, é necesario habilitar un espazo para que os grupos municipais poidamos dirixirnos os veciños de maneira directa.

O indicado ata aquí é aplicable á páxina web, na súa totalidade, tamén pública e tamén necesariamente espello da diversidade existente no concello e na corporación, que, ó noso entender tamén debería contar cun espazo de expresión das veciñas e veciños, un lugar de foro e debate aberto, así como cun espazo no que os grupos políticos poidamos facer coñecer á veciñanza cales son as xestións que levamos a cabo e facer o rendemento de contas cos que algúns nos sentimos obrigados.

En base ó anteriormente exposto, o Grupo Municipal da ACdC presenta para debate e aprobación os seguintes:

ACORDOS:

PRIMEIRO.- Habilitar en "Novas de Cambre" e na páxina web municipal unha sección pública de cartas dos veciños ó alcalde e concelleiros da Corporación.

SEGUNDO.- Habilitar en "Novas de Cambre" e na páxina web municipal unha sección económica fixa para informar dos gastos orzamentados e da situación económico-financiera do Concello.

TERCEIRO.- "Novas de Cambre" e a páxina web municipal, faranse eco dos acordos tomados nos Plenos ordinarios e extraordinarios e das iniciativas aprobadas emanadas de calquera dos grupos municipais, facendo mención expresa de qué grupo ou grupos partiron ditas iniciativas.

CUARTO.- Elaborarase con carácter urxente un protocolo de funcionamento dos medios municipais para blindar a súa transparencia e obxectividade sexa quen sexa o que goberne.

QUINTO.- Instaurarase unha sección fixa con publicación de ofertas de traballo e de formación do Concello de Cambre.

SEXTO.- Habilitarase un espazo para ONGs do Concello e que sirva de altofalante para novos voluntarios.

SÉTIMO.- Manterase un espazo para as Asociacións de Cambre e darase a coñecer o teciño asociativo do Concello.

OITAVO.- Habilitarase un espazo proporcional á súa representación tanto na páxina Web do Concello como en Novas de Cambre, para cada grupo municipal da Corporación.
O espazo non ocupado por calquera grupo será destinado ó que o grupo que lle corresponda decida, e no seu caso, cederase ás Asociacións veciñais ou ás cartas ou comunicacións de veciños ó Alcalde ou concelleiros e concelleiras.


Asdo: Olga Santos López

Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son


No hay comentarios: