jueves, 20 de septiembre de 2018
PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL DA "ACdC" AS COMISIÓNS INFORMATIVAS DO DIA 20 DE SETEMBRO
COMISIÓN INFORMATIVA DE ECONOMÍA, FACENDA,
SEGURIDADE CIDADÁ E PARTICIPACIÓN.
PRIMEIRA PREGUNTA
Trala aprobación da moción da ACdC relativa a Cambre como Concello
contrario á aplicación do TTIP
¿Poden informarnos sobre a existencia dalgún tipo de resposta con respecto á toma de acordos?
SEGUNDA PREGUNTA
¿En relación ó estipulado no noso Regulamento de Participación Cidadá, durante esta lexistalura cantos consellos sectoriais municipais se teñen nomeado e en qué datas e cales están en funcionamento?
TERCEIRA PREGUNTA
¿Tense recibido no algúnha denuncia ou escrito no Concello como consecuencia dalgún dano co beirado na zoa de aparcadoiro do Campo da Feira en Cambre?
COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, OBRAS, MEDIO
AMBIENTE, PATRIMONIO E DESENROLO SOCIOECONÓMICO
PRIMEIRA PREGUNTA
¿Fíxose algún tipo de xestión por parte do Concello ou recibiuse algunha consulta particular con respecto á localización ou inventariado de uralitas existentes en Cambre?
SEGUNDA PREGUNTA
En diferentes lugares do Concello os camiños carecen de medidas de protección e seguridade para a circulación peonil. ¿Ten previsto o goberno algunha actuación para mellorar a seguridade da circulación das persoas nas zonas perigosas?
TERCEIRA PREGUNTA
¿Poden informarnos de todas as xestións realizadas ó longo da lexislatura de cara a dar cumplimento á moción aprobada para o acondicionamento dunha zona de baño e recreo nas ribeiras do Río Mero?
COMISIÓN INFORMATIVA DE SERVIZOS, XUVENTUDE, CULTURA,
DEPORTES, RECURSOS HUMÁNS E BENESTAR SOCIAL.
PRIMEIRA PREGUNTA
¿Cal é o listado de actuacións realizadas no parque infantil das Palmeiras e no de Ramón Barba no que vai de lexislatura?
SEGUNDA PREGUNTA
¿Poden informarnos das xestións que se realizan como plan preventivo de limpeza dentro dos meses de verán das conduccións de pluviais?
TERCEIRA PREGUNTA
¿Existe algunha previsión ou medida prevista para o que queda de 2018 e 2019 de cara a facer un mantemento continuado das rozas nos camiños públicos municipais?
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario