martes, 23 de octubre de 2018




INICIATIVAS  MOCIÓN (ROGOS E PREGUNTAS) QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DE "ACdC" PARA O PLENO ORDINARIO DO DIA 25 DE OUTUBRO

MOCION EN DEFENSA Ó DEREITO Á VIVENDA.



EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
           
            A Constitución no seu artigo 47 recolle o dereito e a garantía dunha vivenda digna e adecuada que, xunto a función social da propiedade privada recollida no artigo 33, constitúen un dos piares básicos do pacto social que da orixe a Constitución de 1978.
            No pleno de novembro de 2011, o Grupo municipal de EU presentaba unha Moción relacionada cos desafiuzamentos nas vivendas, a cal foi aprobada pola Corporación, onde, entre outros puntos acordábase o seguinte:
"Máis aló das medidas de competencia estatal, estudar as medidas a emprender a nivel municipal para paralizar os desafiuzamentos, creando unha comisión especial mixta na que participen representantes do pleno municipal e das asociacións de afectados, veciñais e outras organizacións sociais coñecedoras da problemática. O obxectivo principal de devandita comisión será buscar alternativas que eviten os desafiuzamentos. Nos casos que non sexa posible, garantir o realoxo digno das familias afectadas."
            Con todo, e a pesar desta esixencia as Administracións (incluída a municipal) durante moito tempo miraron para outro lado e non actuaron regulando e dirixindo o mercado de vivenda de maneira que se garantise para todas as persoas unha vivenda digna, en propiedade ou en aluguer, onde cada persoa puidese desenvolver o seu proxecto vital.
            A dia de hoxe en Cambre non se ten creado ningunha Comisión, nin se ten avanzado nada respecto a vivenda pública de protección oficial no Concello, e así, a vivenda queda convertida en mercadoría, deixando de cumprir a súa función social, tal e como lle outorga o artigo 33 da Constitución para converterse nun obxecto para a especulación dos bancos, e dos empresarios, (os chamados fondos voitre) votando as persoas das casas e impedíndolles vivir en aluguer nas mesmas a un prezo razoable.
 Cambre, desgraciadamente, tampouco se libra deste drama que ten como protagonista os fondos voitre. Son moitas as familias que viven no edifico da Patiña que se poden ver desposuídas das súas vivendas e obrigadas a malvivir porque nin sequera contan coa posibilidade de acceder a un aluguer social e entendemos que os Concellos somos as institucións máis próximas ós cidadáns e por tanto, temos a obrigación de actuar para aliviar a preocupante situación de desamparo na que se atopa moitos deles.
            A situación que están vivindo @s veciñ@s da Patiña pode ser calificada como emerxencia social e económica e por tanto obriga ó Goberno do Concello a adoptar medidas extraordinarias e urxentes para dar solución o problema
POLO EXPOSTO O NOSO GRUPO MUNICIPAL PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS.
PRIMEIRO.- Que o Goberno municipal realice as xestións oportunas coa Xunta de Galicia para colaborar no Programa de vivendas baleiras (e na información ás persoas en situación de risco.)
SEGUNDO.- Instar á Xunta de Galicia a cumprir o seu compromiso de pór a disposición das persoas afectadas por desafiuzamentos vivendas de protección social no Concello.
TERCEIRO.- Pór en marcha a primeira fase dun Plan Municipal dirixido a vivendas de alugueiro social.

En Cambre a 19 de Outubro de 2018

Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son 

ROGOS




PRIMEIRO ROGO  

           
            Na estrada AC-220, nas proximidades da Casilla, un poste propiedade do tendido de telefonía, atópase parcialmente caído, con risco de provocar accidentes ás persoas pero tamén poidendo deixar sin servizo telefónico @s veciñ@s da zona.


Dende a ACdC, PREGAMOS realicen as xestións oportunas para poder dar resolución a esta situación problemática e potencialmente perigosa.






SEGUNDO ROGO   

Na Travesía da Coutelana existe unha edificación que pensamos debería ter un balado ou algunha medida preventiva para evitar algún previsible accidente ou calquera situación desafortunada que teñamos que lamentar.

            Dende a ACdC PREGAMOS ó equipo de goberno     que adopte as medidas oportunas para correxir o problema, mentres non se da cumprimento ó expediente existente en relación a dita construcción.








TERCEIRO ROGO  

           
            No camiño que transcorre entre a Casilla e Boixaca, atópase unha arqueta de Residuos Sólidos Urbáns onde os tractores que   baleiran  as cisternas das fosas sépticas fan o seu verquido.
            Este lugar, está bastante limitado no espacio a mais de estar nunha  curva, o que pode provocar algún incidente.

-PREGAMOS se sinalice e acondicione o lugar,  co fin de mellorar a actual situación.




PREGUNTAS

PRIMEIRA PREGUNTA    

            Moitos meses son xa os que o pasamáns do paseo marítimo que da acceso á ponte do Burgo está suxeita con bridas e anteriormente foron moitas semanas que estivo sinalizada con cinta da policía local.

            A función da baranda que foi suxeita con bridas é que calquera persoa que utilice unha cadeira de rodas poida agarrarse para facilitar o seu desprazamento.

            O feito de que en lugar de soldar ou repoñer o pasamáns fora suxeito con bridas plásticas, e eso, despois de moito tempo simplemente sinalizado con cinta da policía, denota pouco interés en solucionar as deficiencias no noso Concello con respecto á accesibilidade nos elementos que faciliten a mobilidade a persoas con necesidades especiais, e por outra banda, a demora na resposta ós problemas que se van prantexando no noso concello, sendo necesario, en moitos casos, que pasen meses para que o Goberno de Cambre actúe en situacións de moi pouca complexidade e moi pouco investimento.

            ¿O Goberno ten a ben, arranxar definitivamente a deficiente situación da baranda citada en 





Recentemente os medios de comunicación publicaban que Augas de Galicia, realizaría as tarefas de limpeza das marxes  do regato de San Pedro no termo municipal de Oleiros.

-Esta previsto que o proxecto incluia a limpeza no concello de Cambre?







TERCEIRA PREGUNTA

            Na Rúa Poligono, a altura do número 3, atópase un sumidoiro con evidentes signos de corrosión, presumiblemente debidos á eliminación de sustancias químicas corrosivas provintes dalgunha das empresas que se atopan nas proximidades de dito sumidoiro.


¿Pode o Goberno facer as averiguacións pertinentes e tomar as medidas oportunas para evitar a eliminación de residuos, posiblemente nocivos ou tóxicos polas redes de sumidoiros?





Asdo: Olga Santos López:Voceira do Grupo Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son



No hay comentarios: