ROGOS E PREGUNTAS AO PLENO DE XANEIRO
PRIMEIRO
No mes de outubro pasado dende o noso grupo denunciamos a
situación
perigosa e irregular existente na Rúa Fontenla pola existencia
dun depósito de residuos sólidos urbáns onde os tractores baleiran o contido de
fosas sépticas.
O compromiso do Goberno para solucionar a situación foi
expresado por ata dous concelleiros e o propio Alcalde.
Varios meses despois a situación da tubería é a mesma, e atopamos que preto deste lugar, existe un pozo cuberto con uralitas e suxeito con pedras. Este pozo, do que descoñecemos, situación e profundidade é plenamente accesible, as uralitas que os cubren tamén son un resíduo altamente contaminante, tóxico e prohibido, e as pedras que as suxeitan poden ser retiradas ata por calquera cativo que estea xogando pola zona.
SEGUNDO
Veciños da Praza Europa, no centro de Cambre, contactan coa
Asemblea
Cidadá de Cambre para mostrar a súa preocupación pola
situación na que se atopan inmersos.
Existe un recentemente aprobado proxecto que prevé a remodelación da praza que non conta co visto bo dunha parte importante das veciñas e veciños residentes nas inmediacións das mesmas.
A queixa maioritaria que se nos fai chegar radica, non tanto do desacordo co proxecto, senón da falta de comunicación e información por parte do Goberno Municipal ás demandas de información da comunidade veciñal.
Esto é absolutamente intolerable e ten que dárselle unha
solución inmediata. A contorna do centro de Cambre, xa ven de sufrir varios
reveses urbanísticos consecuencia de ter unha Concellería de Urbanismo dirixida
por quen non ten capacidade de diálogo e ningunha empatía polas demandas
veciñais. Numerosos son os exemplos que avalan esta afirmación, tales como a
pretendida imposición das contribucións especiais, a remodelación de espazos sin
PXOM que sustente o criterio ou a priorización na modificación de normas
subsidiarias e aprobación de unidades de execucións urbanísticas totalmente
obsoletos que danan gravemente a ordenación urbanística do noso Concello.
Tamén entendemos que é unha obriga dun Goberno que constantemente se autoproclama transparente, dialogante e accesible, escoitar as demandas veciñais, non só daquelas persoas que son afíns senón de toda a veciñanza.
A mostra de que esto non é así é que as mesmas comunidades
que conforman a contorna da Praza de Europa mostran a súa insatisfacción coa
precariedade no mantemento dunha praza que é pública. Relatan ó noso grupo que
pouco mais se fixo nesta lexislatura que cimentar algún adoquín solto de cando
en vez. Durante un ano están a sufrir apagóns no alumeado público, as bombillas
que se funden non son repostas, moitas das árbores secaron e non se
sustituíron, a poda dos árbores da praza é inexistente sin mencionar o estado
de suciedade que presentan as beirarúas.
En base ó anteriormente exposto, e dacordo coas peticións
veciñais recibidas, dende o grupo da Asemblea Cidadá de Cambre, PREGAMOS: Que o
goberno municial inicie unha Mesa de Diálogo na que o proxecto existente quede
claro para todas as persoas residentes nas inmediacións e que demandan
información e da que formemos parte tamén a Asemblea Cidadá de Cambre, como
parte implicada, así como os grupos municipais que tamén o requiran,. Esta mesa
terá como obxecto conquerir un acordo que supoña un grao máximo de consenso e
un criterio razoable e satisfactorio non só para o Concelleiro de Urbanismo e
os técnicos do concello senón tamén para aquelas persoas e comunidades que
residen na praza e que deben ser escoitados.
TERCEIRO
Son múltiples as ocasións nas que dende o grupo da Asemblea
Cidadá de Cambre nos temos dirixido ó Goberno Municipal, e mais concretamente á
Concellería de Obras e Servizos en relación cun cable do tendido eléctrico que
leva descolgado dende principios do mes de Xaneiro, no camiño do Cepal, en
Altamira.
Ademais das múltiples ocasións, son tamén varios e diversos
os medios que utilizamos para facerlle chegar á Concelleira a "urxencia"
na xestión desta perigosa situación, dándonos a calada por resposta.
Moitas semanas despois, damos por feito que a ausencia de actuación neste asunto obedece a algún tipo de variable que nos descoñecemos.
Entendemos que a liña non é municipal, comprendemos que a burocracia é lenta, comprendemos que as grandes compañías necesitan de tramitacións engorrosas para poder solventar as reclamacións. O que non podemos comprender é que dende a Concellería de Obras, dende a de Seguridade Cidadá ou dende a propia Alcaldía non exista nin a mais mínima sensibilidade nin intención de protexer a seguridade das veciñas e veciños, sinalizando ou protexendo a zoa para que ningún peón ou vehículo poida sufrir as consecuencias de entrar en contacto cunha liña eléctrica.
PREGAMOS: Sexa sinalizado con carácter INMEDIATO, o perímetro de seguridade necesario para que calquera persoa vexa con suficiente antelación a existencia dun perigo e se evite un eventual contacto coa liña, sin esquencer as necesarias xestións que se teñen que facer coa compañía eléctrica para a suxección da liña, de xeito que non volva a descolgarse, como xa ten sucedido.
Cambre a 28 de xaneiro de 2019
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo
Municipal Asemblea Cidadá de Cambre- Son
PREGUNTAS
PRIMEIRA
Na rúa Pumar Méndez número 10, dende hai moito tempo véñense
producindo desprendementos de cascotes da fachada da edificación ruinosa que,
nun momento determinado foi balizada pola policía local cunha cinta na súa
fachada frontal.
Nunha das fotografías que acompañamos pódese ver con
claridade cómo existe desprendemento constante de cascotes e uralitas que ben
poden caerlle enriba a calquera peón ou neno que se atope xogando nas
inmediacións. Unha simple cinta da policía non evita un desprendemento nin un
potencial accidente indesexable.
¿Pode a autoridade responsable facernos o relato das actuacións pasadas, presentes e futuras feitas e previstas para correxir esta situación perigosa?
SEGUNDA
O estado de deterioro que podemos observar na pista de
skateboard fai que o que fora unha obra celebrada e ambiciosa quedara relegada
a un lugar cheo de gretas e sin mantemento.
Recordemos que esta pista fora enmarcada dentro dos equipamentos deportivos do Plan Arume e adxudicada a Alvac, S.A. e o seu orzamento ascendera a 140.000 euros aproximadamente.
As fotografías que acompañamos a esta pregunta ilustran o estado de deixadez, dano e inseguridade que a día de hoxe mostran a práctica totalidade das rampas. Pódese observar que nas partes nas que o formigón é menos groso, a armadura xa comezou coa súa oxidación sendo as fracturas perfectamente visibles.
Os baches que xa fixeron a súa aparición son absolutamente
inexplicables dende o punto de vista da resistencia si temos en conta o uso ó
que se destinan.
Tamén entendemos que a inauguración foi hai sete anos, o estado de deterioro debera ser estudiado e analizado polos servizos técnicos do concello, ou ben para reparalos ou ben para esixir responsabilidades á empresa constructora si eso fose posible polo pouco tempo pasado e as deficiencias presentadas.
¿Pode o Goberno municipal informarnos das xestións realizadas ben para reparar estas deficiencias ou para esixir responsabilidades si proceden, á empresa constructora?
TERCEIRA
Dende o noso grupo e ó longo desta lexislatura temos
reclamado en multiples ocasións varias deficiencias en diferentes centros de
educación tanto infantil e primaria como en educación secundaria.
Varios exemplos xustifican esta iniciativa, dende a ausencia de prazas de comedor para moitos dos nosos nenos e nenas, os malos olores, osproblemas de comida en comedores etc.
A Concelleira responsable de Educación afirmou en varias ocasións en sede plenaria que moitos dos asuntos que nos levamos anos prantexando así como "outros moitos" ían ser trasladados ó responsable da Consellería de Educación da Xunta de Galicia nunha reunión da que se nos ía informar pormenorizadamente, según as súas propias palabras.
A día de hoxe, os problemas seguen a ser os mesmos, a reunión non sabemos si foi celebrada, e no caso de que así fora a nos ningúen nos informou de nada.
Dende a ACdC PREGUNTAMOS:
¿Cal é o resultado das presuntas e presumibles reunións
celebradas entre a Concelleira de Educación do Concello de Cambre co responsable
ou responsables de Educación da Xunta de Galicia, con especificación concreta
de tódolos temas tratados e previsión futura para a súa solución?
Cambre a 28 de xaneiro de 2019
Asdo: Olga Santos López
Voceira do Grupo Municipal Asemblea
Cidadá de Cambre- Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario