O 10 de Marzo de 1972, dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da ditadura franquista.
A importancia desta conmemoración fixo que o Parlamento galego, a instancias do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de marzo de 1997 unha declaración institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecía o significado histórico desta data como o Dia da Clase Traballadora Galega.
O proximo dia 1 de Marzo presentaremos en Ferrol, os actos conmemorativos deste transcendental ano 2019.
No hay comentarios:
Publicar un comentario