Moción do Grupo Municipal da Asemblea Cidadá de Cambre, para o Pleno Municipal correspondente ó día 28 de Febreiro de 2019.
MOCIÓN DE APOIO Á FOLGA FEMINISTA 8 DE MARZO 2019
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O vindeiro 8 de Marzo, día Internacional da Muller, o movemento feminista co apoio de organizacións políticas, sociais e sindicais convocan unha folga feminista que, tralo éxito do ano pasado, este 2019 acada unha dimensión internacional.
A folga feminista é unha convocatoria de 24 horas de denuncia fronte ás desigualdades, as discriminacións e as violencias estruturais que sofre máis da metade da poboación mundial, as mulleres, pero tamén de reivindicación dun novo modelo social, xusto, democrático e igualitario.
A folga feminista resposta tamén de forma estrutural, contra o sistema capitalista e patriarcal que se basea en obter beneficios e privilexios das desigualdades e opresións que sofren as mulleres en toda a súa diversidade (migrantes, racializadas, trans, con capacidades diferentes, novas e maiores). A invisibilización dos traballos de coidados, a feminización da pobreza, as violencias machistas e a falta de liberdade nas identidades sexuais e/ou expresións de xénero son algúns dos síntomas da subordinación social á que nos vemos sometidas en todas as esferas da vida e fai ineludible tomar todos os espazos que tamén nos pertencen: as rúas, as institucións, os centros de traballo ou estudo, os mercados, etc. Para demostrar que se nós paramos, o mundo derrúbase.
Un mundo cuxo funcionamento, datos e prácticas nos engloba e debúxanos nos seguintes escenarios:
• En todo o mundo, as mulleres gañan só entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballo similares. A longo prazo, esta fenda salarial afecta ás súas ensións. Ademais, as mulleres nos atopan cun maior risco de pobreza e exclusión social que os homes, instalándose especialmente nos fogares monomarentais. En Galicia a fenda salarial entre mulleres e homes sitúase nun 30%. Esta é a porcentaxe na que debemos incrementar os ingresos medios das mulleres para igualar o dos homes e conseguir equiparación retributiva. Así, segundo os últimos datos do Enquisa Anual de Estrutura Salarial do 2016, as mulleres ingresaron 5.480 € menos que os homes polo seu traballo asalariado.
• A práctica da interrupción voluntaria do embarazo non está garantida para todas as mulleres (migrantes ou mulleres entre os 16-18 anos). A lexislación existente permite que a clase médica máis reaccionaria poida negarse a realizar o IVE e que o Código Penal siga contemplando o aborto como un delito. Ademais esiximos que se realicen de forma gratuíta e dentro do Sistema de Saúde público. Denunciamos a represión cara a quenes encabezan a loita polos dereitos sociais e reprodutivos.
• A misoxinia percorre a cultura e a ciencia en todos os seus ámbitos. Na arte, na literatura, no cine, nas matemáticas, na bioloxía, na inxeniería ou arquitectura… as mulleres apenas existen no espazo público. Esta invisibilización elimina as mulleres da Historia e fai que todas as súas achegas foran e sigan sendo totalmente ignoradas. Esiximos unha memoria histórica feminista que reivindique e rescate o papel e a presenza imprescindible das mulleres en temarios e materiais docentes en todos os niveis educativos e en todos os espazos culturais.
• As mulleres están desprotexidas fronte ás agresións sexuais e as violacións; desde 2016 cometéronse 89 agresións sexuais múltiples no Estado Español. Esiximos unha educación afectivo-sexual desde a igualdade e a diversidade sexual, identidade e/ou expresión de xénero e que eduque aos homes nunha masculinidade non violenta.
• Os continuos asasinatos de mulleres deben traducirse nun rexeitamento frontal a esta inaceptable realidade, que consolide a construción dunha cultura antipatriarcal para erradicar esta violencia sistémica da vida das mulleres. O Pacto de Estado contra as violencias machistas -polo demais insuficiente- debe dotarse de forma inmediata de recursos e medios suficientes para o desenvolvemento de políticas públicas globais, reais e efectivas que axuden a conseguir unha sociedade libre de violencias contra as mulleres e nenas.
• A notoria expansión que está adquirindo o debate e a demanda dos ventres/ úteros de aluguer, non o esquezamos, de mulleres empobrecidas que son quen se ven obrigadas a esta forma de explotación capitalista e patriarcal, é un nicho de negocio que mercantiliza os corpos.
• As miles e miles de mulleres e nenas traficadas para consumo sexual dos homes e a súa irrefutable conexión coa “industria do sexo” e a prostitución, fai imprescindible a posta en marcha de políticas públicas e protocolos globais contra a Trata que implementen o Protocolo de Palermo para que as mulleres vítimas de trata e en situación de prostitución teñan alternativas formativas e laborais, asistencia social e mecanismos de asilo e protección reais.
• As mulleres migrantes sofren maiores violencias no proceso migratorio e discriminacions xenófobas e racistas. Por elo son necesarias unhas políticas de estranxeiría respetuosas cos dereitos humanos e unhas políticas públicas que creen alternativas para as traballadoras migrantes en situación administrativa irregular, que loiten contra a súa exclusión e abuso no mercado laboral.
Por estas e moitas máis razóns é imprescindible que o noso Concello apoie a Folga Feminista convocada para o 8 de marzo. Unha folga que irá enmarcada con grandes manifestacións onde as mulleres tomaremos as rúas para demostrar que non só hai que parar o mundo, senón que tamén hai que transformalo, cambiando os modelos patriarcais e capitalistas por modelos de igualdade, xustiza, paridade, liberdade, diversidade e democracia.
Por todo iso, o grupo municipal de Asemblea Cidadá de Cambre propón ao Pleno a adopción dos seguintes:
ACORDOS
PRIMEIRO. Apoiar a Folga Xeral Feminista, facilitando o seu desenvolvemento nesta Corporación.
SEGUNDO. Articular na práctica políticas globais con dotación económica suficiente, de xestión pública, con estatísticas e avaliacións, que cambien a realidade material das mulleres, en aras dunha igualdade real.
TERCEIRO. Facilitar con todos os medios materiais, persoais e de difusión as manifestacións, concentracións, actividades e actos que convoquen as asociacións de mulleres no 8 de marzo.
En Cambre a 22 de Febreiro de 2019 Asdo: Olga Santos López
Voceira Asemblea Cidadá de Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario