MOCIÓN PRESENTADA NO PLENO DO CONCELLO EN XANEIRO DO 2015
OBXECTIVO CUMPRIDO!!
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” SOBRE A ELABORACIÓN DUN PROXECTO PARA O CERRAMENTO DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO COLEXIO PORTOFARO.
Xustificación:
Un sistema educativo de calidade implica entre outros
factores, que as infraestruturas escolares dispoñan das mellores condicións de
uso para a súa utilización.
Entre os problemas que é necesario atender respecto do
anterior, atópanse os relacionados coas
instalacións deportivas, para facilitar
a práctica do deporte en distintos niveis e modalidades, para os
escolares do centro de ensino.
No colexio Portofaro, existen instalacións deportivas cubertas, que limitan de unha maneira importante a práctica
deportiva e de outros eventos relacionados co ocio. A xuízo do noso grupo, o
concello debería aproveitar as
inversións realizadas con anterioridade,
para poder rentabilizar o seu uso coa maior efectividade.
Fronte a esta realidade o noso Grupo Municipal, amósase
decidido partidario dun compromiso firme por parte do Concello, para intervir
no problema, mediante unha iniciativa política clara, e dar unha resposta a
unha necesidade longamente demandada.
POLO EXPOSTO, O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN O
PLENO, A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:
UNICO.- O Pleno da Corporación, encomenda o Goberno Municipal
a tarefa de elaborar un proxecto para dotar o pavillón polideportivo do colexio
Portofaro dun cerramento perimetral, co fin de
permitir o desenrolo das actividades propias da instalación, con
independencia das condicións climatoloxicas.
Asdo: Grupo municipal de "Esquerda Unida"
No hay comentarios:
Publicar un comentario