viernes, 26 de julio de 2019




Esquerda Unida celebra este 25 de Xullo os 40 anos da constitución dos primeiros concellos democráticos, en Mugardos


Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de presentar en rolda de prensa o acto de Esquerda Unida para o vindeiro 25 de Xullo en Mugardos e que leva por título: “Un fío vermello para tecer alternativa de país”. “Fai dous anos comezamos a celebrar en Mugardos esta data poñendo o aceno na importancia das alcaldías democráticas, homenaxeando a Juan Prieto Balsa, último alcalde republicano asasinado pola ditadura franquista. Hoxe volvemos, seguindo ese fío vermello, a celebrar a constitución dos 40 anos dos primeiros concellos democráticos coa alcaldía comunista de 1979 na man de Ángel Cortizas”, explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida.
Solla sinalou que a importancia de ter en conta “ese fío vermello que nos leva de onte a hoxe transitando polos concellos republicanos co obxectivo de mellorar as condicións de vida da clase traballadora galega que conta con moitas deficiencias onte e hoxe”. “Dez anos despois de políticas de dereitas acumulamos 620 mil persoas en situación de risco de pobreza e exclusión social, sufrimos dunha precariedade inaudita nos servizos públicos e vemos como a falta de políticas económicas fai que moita xente asuma traballos precarios”, dixo.
Respecto a precariedade, Solla citou “un dato moi importante de CCOO: no noso país hai 216 mil horas extras non pagadas e, ese elemento de precariedade, traslada a relevancia de defender que se melloren as condicións laborais do noso país. Ese é o fío vermello que asumimos e recollemos de todas as loitas que se dan dende o local para defender os dereitos da veciñanza”. E esa é a idea que trasladará en Mugardos, xunto á que vimos “dunha bagaxe política de lonxe e que hoxe poñemos ao servizo da cidadanía para dar unha alternativa ás políticas de dereita”.
A celebración do 25 de Xullo terá lugar en Mugardos, a partir das 12.30 horase comezará cun acto político no que intervirá a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, nun acto no que tamén contaremos coa presenza da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, entre outros. Despois do acto político, celebraremos un xantar lúdico e popular para compartir un día de festa e reivindicación coas compañeiras e compañeiros.
Na rolda de prensa, Eva Solla fixo fincapé no feminicidio que tivo lugar en Vilalba e falou da importancia de “facer unha seria reflexión sobre por que continúa esta sangría de mulleres asasinadas, maltratadas e vexadas”, así como a necesidade de “ter máis compromiso por parte das administracións á hora de frear o machismo e levar a cabo políticas de educación en valores”. Ás portas dun novo aniversario de Angrois, Solla remarcou que “Esquerda Unida continúa a apoiar as vítimas que reclaman unha investigación independente á vez que as distintas administracións non se interesaron por que existise xustiza e reparación tanto para as vítimas como para as súas familias”.

MANIFESTO:
Un fío vermello para tecer alternativa de país Ningúncamiñono carreirodapolíticaquequere cambiar omundo é sinxelo. 
Nin é doado ocamiño por andar nin son sinxelos os obstáculos que nel outros interpoñen.Mais, apesar disto, hai hoxe corenta anos miles de concellos de Galicia e do estado español eran quen de poñer no goberno alternativas políticas audaces saídas da libre concorrencia electoral despois de catro décadas de ausencia de actuacións para o ben común, de dereitos democráticos plenos e de liberdades reais. Existían entón naqueles primeiros gobernos municipais moitas incertezas, pero o que era palpable é que despois de ese proceso electoral de 1979, nin Galicia nin o estado español volverían a ser omesmo e que o camiño aberto non tiña valos nin tiña fin. O camiño previo: cheo de miseria, bágoas e exilio; o que viña por diante, inhóspito e cunha necesidade de construír sobre unha nada evidente. Celebramos corenta anos de concellos democráticos, corenta anos, por así dicilo, de aperturade laboratoriosde creaciónpermanente,de espazosde interlocución cidadá que nacían cunha vontade transformadora e un obxectivo voluntarista real: construír cidades e pobos democráticos e darlles decisión política real. Un deles, dos centos de laboratorios que entón abriron, foi Mugardos, concello no que celebramos neste 25 de xullo os corenta anosdo fío vermelloqueune a alcaldía comunistade 1936 enmansde Juan Prieto Balsa e a alcaldía do mesmo signo de1979 na man de Ángel Cortizas. A medida que o traballo municipal foi configurando alternativas precisas, fíxose patente a lectura da dificultade de artellalas colectivamente sen a existencia dun ente autonómico entre Madride a localidade,poloque foi comezando a facerse visibleque omunicipalismo periférico quedaba illado ou fóra das axendas ministeriais. Era necesario que entre Madrid e entre Mugardos, Cangas, O Grove, ou Córdoba existisen mecanismos de arroupe colectivo e construción administrativa efectivos. A medida que avanzaba por escenarios de incertezas o municipalismo progresista, e nun marco de intensos debates políticos e administrativos sobre como configurar as nosas institucións post-franquistas, transcorría analogamente a apostados comunistas,decidida e expresadana figurade camaradas como Santiago Álvarez, Anxo Guerreiro, Carlos Barros, Manolo Peña-Rey, etc...de configurar un marco de decisión galega que solucionara tanto as cuestións económicas e sociais como as administrativas e as culturais para oquederon en desenvolver unha ampla campaña polo Estatuto e polos dereitos políticos que previsible e supostamente terían desenvolvido un marco democrático pleno en Galicia. Hoxe, corenta anos despois, vindicamos o traballo extenso e exhausto destes homes e mulleres que afrontaron tanto a configuración dos primeiros concellos democráticos como das primeiras loitas polos dereitos democráticos de Galicia. Vindicamos o seu traballo en tempos de 'curto prazismo' político que non olla o camiño e os obstáculos percorridos, que non configura proposta política nin dásolución a uns concellos abandonados no debate territorial e competencial pero que tampouco o fai no desenvolvemento das potencialidades dunha ruptura democrática antes que nun estatuto autonómico baleirado decontido. 2 5 d e x u l l o Esquerda Unida, que mira ao longo e vén de longo, sigue a considerar os concellos como a primeira fronte de construción de alternativas, como espazos de elaboración política alternativa precisamente porque é a administración que xestiona servizos públicos esenciais. Sen dúbidas seguimos a apostar polo municipalismo como cabeza de praia da ofensiva anticapitalista porque é un laboratorio de construción de ferramentas de codecisión, de referendo permanente da acción institucional e polo tanto de espazos onde construír ademocraciadirecta. Pero como vimos de ver no último proceso electoral municipal, gañar os concellos non é gañar o poder político, económico e a veracidade mediática. Fronte aos gobernos e espazos de cambio que construímos en 2015 alzouse unha santa alianza de poderes que non permitiron nin o mínimo respiro nin a mínima concesión, gobernos como Compostela,Ferrol, A Coruña,Mugardosou Cangas configuráronse como campos de tiro contra os que empregar todo o tipo de munición, tanto convencional como experimental. Erros propios seguro que moitos, pero a metralla que minou o municipalismodocambioviñadefóra, teñámolo sempre claro. Por iso, dende Esquerda Unida, queremos que este 25 de xullo, como fixemos no 25 de xullo de 2012, sexa un chamado sincero e construtivo para reformar e emendar no que sexa emendable a unidade de todos os homes e mulleres de esquerda, para apelar ao diálogo construtivo dos proxectos políticos alternativos, da vontade da sociedade organizada para non permitir que os que dinamitaron o municipalismo do cambio tamén pretendan emendar no inicio unha alternativa progresista, sincera e dinámica da sociedade galega no vindeiro proceso electoral galego. Porque vimos de experiencias políticas absolutamente impensables na Galicia dos últimos vinte anos, porque por primeira vez os proxectos municipalistas e a construción da unidade popular progresista fixo acender todas as alarmas das forzas da reacción e dos seus directos e indirectos. Porque o que andamos xa non ten volta atrás e o camiño desdebuxouse a medida que andamos e porque os pasos dados son firmes e necesarios. Neste 25 de xullo Esquerda Unida chama de novo como canta a Marsellesa Auxarmes, citoyens, a formar decidida e colectivamente batallóns de homes e mulleres, de proxectos colectivos grandes e pequenos para combater a reacción en marcha, que esgotou munición contra os gobernos do cambio, contra as novas ideas de entender a política e o compromiso e agora aferran, como os vellos defensores da Bastilla, a un réxime que aínda que se esforce no lustre, apodrece. 
Mugardos, 25dexullode2019





No hay ninguna descripción de la foto disponible.

No hay comentarios: