PP, BNG, Alternativa dos Veciños EU-SON de Cambre, Cidadáns Cambre , califican de “inmoral “ e “ degradante” a actitude “televisiva” da Concelleira de Servizos Sociais
Os cinco grupos da oposición cambresa volven a poñerse de acordo ante a inoportuna aparición nuha canal de televisión nacional da Concelleira de Servizos Sociais, Lúa Sanguiñedo, facendo un reparto de alimentos polos domicilios cambreses xunto co equipo de Protección Civil municipal. En concreto, trátase dunha entrevista na rúa que se concede a un canal televisivo e na que a propia concelleira é quen explica o “ modus operandi “ do Concello de Cambre ante o incremento de persoas en situación de emerxencia económica provocada por la crisis del Covid-19. En tanto trancorre o diálogo entre a Concelleira e a reporteira, pode verse coma dous membros de Protección Civil se paran diante dun domicilio particular fácilmente recoñecible pola súa ubicación e deixan nel varias bolsas plásticas con alimentos.
Tras ver ás imaxes todos os grupos da oposición coinciden na mesma conclusión :” É totalmente indigno e inmoral que a Concelleira de Servizos Sociais, suponemos que cegada pola “telepromoción” televisiva persoal que se lle ofrecía, non teña o menor reparo en amosar a todo o país as vivendas das familias onde o Concello de Cambre deixa as bolsas de alimentos “
Argumentan os grupos que non só estamos ante unha vulneración aberta e sen escrúpulos do dereito a intimidade persoal dos veciños de Cambre, seno tamén ante un acto neglixente dende o punto de vista sanitario, pois só os servizos municipais cualificados e autorizados polo Decreto poden realizar esas tarefas.
“ Dende os grupos da oposición queremos manifestar a nosa firme repudio ante semellante inconveniencia. Os veciños de Cambre deben ser obxeto do máximo respecto polos membros da Corporación, polo que os grupos da opsición de Cambre amosamos a nosa vontade de desvinculación total do comportamiento da Concelleira nestas circunstancias “
No hay comentarios:
Publicar un comentario