PRIMEIRO DE MAIO,
PALABRAS PARA MURUZÁBAL.
É xa unha tradición para Esquerda Unida de Cambre adicar no
día do traballo, unha pequeña homenaxe a un gran home, Muruzábal, nun acto que
consegue reunir a compañeiras e compañeiros coñecedores da loita pola xustiza
social e os dereitos laborais do compañeiro Muruzábal.
Este ano, unha crise sanitaria sen precedentes impídenos
facer o acto, pero non nos impide lembrar ao noso compañeiro e con él, a todas
as persoas que se deixaron e se deixan a pel ou a vida por defender os dereitos da clase traballadora.
Unha clase traballadora á que hoxe máis que nunca, dende Esquerda Unida de Cambre queremos manifestar o noso profundo orgullo de clase, porque nun momento crucial como esta a ser esta crise, podemos seguir respirando, podemos seguir comendo, podemos seguir coidando, gracias a que esa clase traballadora, en condicións de precariedade en moitos casos, xógase a vida nun acto de responsabilidade. Sabemos como dicía Antonio Machado, que é o pobo quen sempre paga a patria coa súa sangue.
Neste primeiro de maio, entendemos máis necesario que nunca reivindicar a saúde e a seguridade no traballo, así como a defensa de traballos dignos para vidas dignas.
Ábrese un novo tempo, no que resulta imprescindible deixar a
tras as políticas da última década e avanzar cara un Estado Social forte, cara
un país máis xusto.
Murúzabal foi exemplo de vangarda e loita nunha época que marcou a conquista de moitos dereitos no noso país, sigamos o exemplo de Muruzábal e sexamos vangarda na construcción dun país máis xusto, máis fraterno e máis solidario.
MAIO de 2020
CONSELLO LOCAL DE "ESQUERDA UNIDA DE CAMBRE"
No hay comentarios:
Publicar un comentario