domingo, 15 de noviembre de 2020

INICIATIVAS DO GRUPO MUNiCIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DO MES DE NOVEMBRO

PRIMEIRO ROGO No paseo fluvial do Río Mero e mais concretamente na ponte dos Galiñeiros, a vexetación invade a beirarrúa impidindo e dificultando a circulación das persoas. PREGAMOS procedan a actuar en consecuencia, co fin de permitir una circulación nas mellores condición de seguridade.

SEGUNDO ROGO Na confluencia dos camiños localizados no seu inventario con números: 00392 e 00393, no lugar do Pastel, consideramos que é necesario a instalación de medidas de seguridade, motivado polo risco permanente de accidentes, e vistas as as dificultades para incorporación de vehículos pola falta de visibilidade. Por isto, PREGAMOS procedan a realizar un informe e tomar as medidas axeitadas para correxir a mencionada deficiencia.

TERCEIRO ROGO No lugar do Covelo, en varios puntos, a maleza invade o vial dificultando a circulación. PREGAMOS subsanen dita deficiencia.

PRIMEIRA PREGUNTA Unha veciña de Cambre, usuaria do aparcamiento existente na Zona do paraguas puxo á nosa disposición un escrito de contestación do Concelleiro de Urbanismo no que lle comunica que "en una finca privada se pueden poner una sillas y unas cuantas mesas". A semana pasada comprobamos a existencia dunha señal de prohibición de aparcar excepto a clientes do restaurante. En relación a estas evicencias: PREGUNTAMOS: ¿O espacio privado que ata de agora permitía o aparcamento público ten algún título habilitante para exercer a actividade de hostelería e aparcamento?

SEGUNDA PREGUNTA Consultado coa propiedade , esta informa que dito espazo foi ofrecido ao Concelleiro de Urbanismo para o seu uso público. Tendo en conta as escasas posibilidades de aparcamento na zona. Pode o Concelleiro de Urbanismo informarnos sobre si existiría algún inconvinte en conveniar tal uso público?

TERCEIRA PREGUNTA No CEIP Wenceslao Fernandez Flórez non dispoñen de conserxe dende o 25 de Setembro. Según información do Concello ao Centro non vai ser cuberta a súa praza. ¿Poden informarnos sobre as xestións realizadas e futuras que o Concello de Cambre está a realizar para reclamar que se cubra a praza de conserxe no WWF?

Olga Santos López. Voceira do Grupo de EU-Son

AO PLENO DO CONCELLO DE CAMBRE D./Dna Olga Santos López, como membro do Grupo Mixto, na Portavocía de EU Cambre- Son en Común no Concello de Cambre, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para a súa aprobación a seguinte MOCIÓN 25 DE NOVEMBRO 2020 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Este 2020 está marcado pola pandemia da Covid-19 e a crise social e económica. Esta situación, volve evidenciar as desigualdades de xénero que sosteñen a un sistema que non protexe, nin ofrece vidas dignas e seguras ás mulleres. A situación de confinamento, as limitacións á mobilidade e as consecuencias das medidas tomadas para facer fronte ao coronavirus, intensificaron as violencias machistas. Moitas mulleres atopáronse encerradas cos seus maltratadores nunha especial situación de vulnerabilidade e incerteza. Durante o primeiras seis semanas de corentena realizáronse máis de 4.000 detencións por violencia machista, ademais vemos un aumento de máis do 50% do uso servizo telefónico do 016 e de máis dun 100% do seu uso online. Segundo os datos do Ministerio de Igualdade, as chamadas ao 016 incrementáronse no mes de abril un 60% con respecto a abril de 2019, e as consultas online incrementáronse ese mesmo mes case un 600% comparado con abril do ano anterior. Así mesmo, a pandemia do COVID-19 resaltou as diferentes fendas de xénero que seguen existindo en todos os ámbitos da nosa sociedade. Durante este período, as mulleres foron as protagonistas, tanto no ámbito sanitario —sendo elas a inmensa maioría de persoas traballadoras— como no ámbito dos coidados, vivindo situacións de precariedade e risco para a saúde para as empregadas do fogar e atención domiciliaria. !1 Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), as mulleres son maioritarias nos postos de primeira liña de combate da epidemia. Elas representan o 51% do persoal médico, o 84% de enfermería, o 72% en farmacia, o 82% en psicoloxía e un 85% do persoal que traballa nas residencias de maiores e persoas dependentes onde se deron as peores cifras de falecementos. Tamén so,n maioritarias noutros servizos esenciais como son o comercio e a alimentación, a limpeza de hospitais e representan a práctica totalidade das empregadas do fogar, dos coidados. A isto súmase a maior carga das mulleres nas tarefas de coidados. O 70% destas tarefas son realizadas polas mulleres e neste contexto de coronavirus sufriron unha maior sobrecarga tanto polas condicións laborais do teletraballo, como polo coidado do fogar, menores e persoas dependentes. Esta sobrecarga de traballo non se viu respondida con mecanismos de corresponsabilidade desde todos os ámbitos: administracións, empresas e fogares. Especialmente afectadas están as familias monoparentais, das que oito de cada dez teñen a unha muller á fronte. Doutra banda, estímase que a nova crise económica vai afectar máis ás mulleres máis vulnerables que, en moitos casos, dependen economicamente das súas parellas. Fronte a esta situación, elaboráronse pactos pola recuperación económica en todos os niveis da administración para incidir e compensar os efectos da pandemia. Pero diversos expertos, expertas e organismos nacionais e internacionais (Ministerio de Igualdade, ONU, PNUD, etc.) están a alertar de que en épocas de crises o enfoque de xénero é un dos puntos que as administracións tachan da súa axenda, mentres que precisamente é nestas crises cando debemos reforzar a nosa mirada cara ás mulleres e as nenas, para poder paliar o dano real causado a todos os niveis das súas vidas. E é neste sentido onde é imprescindible aplicar a perspectiva de xénero como ferramenta de análise que nos permite introducir cambios reais e concretos cara á construción dunha sociedade igualitaria. Algo que debería estar presente en calquera plan de reconstrución para evitar un retroceso nos dereitos adquiridos. A Comisión Europea recoñece que se non se avanza en políticas de xénero costaranos 70 anos alcanzar unha igualdade de salario entre homes e mulleres, 40 anos a correponsabilidade do traballo doméstico e 20 anos alcanzar políticas de xénero. As crises anteriores incrementaron as desigualdades e discriminacións. A maioría de mulleres atópanse nas posicións máis precarias e vulnerables tanto no aspecto laboral como no social. Esta crise non a imos a pagar nós, necesitamos políticas que poñan a protección das persoas no centro, especialmente as máis vulnerables e as que van sufrir as peores consecuencias. !2 Por todo iso, é urxente a posta en marcha e profundización das actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para despregar xa medidas e políticas igualitarias nesta situación de crise multidimensional. E á súa vez, para iso é fundamental unha reconsideración dos nosos servizos públicos que estando feridos de morte, non poden atendernos nin garantir os nosos dereitos e protexer as nosas vidas. Necesitamos unha aposta clara pola ampliación de recursos e reestruturación do público e o común. Pero a esta situación de crise, súmanse outras que describen unha realidade preocupante, como é a situación das e dos menores ante as violencias machistas. Segundo os datos do Informe de Menores e Violencia de Xénero o 24% da mocidade no noso país entre 14 e 18 anos foi testemuña de episodios de violencia machista cara á súa nai e deles, o 77% confesa que foi maltratado/a directamente polo mesmo agresor, dos cales o 70% era o seu pai. Estamos a vivir un colapso duns servizos xurídicos, sociais e sanitarios precarizados e recortados xa antes da crise do Coronavirus, que non poden pagar as vítimas de violencias machistas. Debemos resolver de forma urxente o acceso, a ampliación de tempo, dereitos e medidas de protección ás mulleres que conseguen a acreditación de vítima de Violencia de Xénero. A vixencia de dous anos para todas as actuacións (sen estimar tempos diferentes para diferentes actuacións) non é suficiente para que unha muller refaga a súa vida e poida acceder aos diferentes recursos que expón a lei, en canto a cuestións laborais, de formación (como as oposicións) e outras medidas de apoio sociolaboral. E por último, consideramos urxente o recoñecemento de todas as violencias machistas que afectan de forma incisiva na vida das mulleres e fomentan a cultura da violación e a violencia. Por todo iso EU Cambre- Son en Común propón os seguintes: ACORDOS ● PRIMEIRO: Instar o Goberno de España a que se modifique a Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero ampliando a propia definición de violencia de xénero, cumprindo co ratificado dentro o Convenio de Istambul en 2014. É dicir, que se inclúan as violencias contra as mulleres fora do ámbito da parella ou exparella, que se incorpore a violencia sexual, laboral, institucional e tamén que se incorporen os ventres de aluguer e a prostitución como violencia de xénero. ● SEGUNDO: Instar o Goberno de España a que se desenvolva unha Lei Integral para loitar contra Trata de Seres humanos, que ademais de previr e perseguir esta secuela e ás redes de delincuentes que se lucran con esta «escravitude moderna», conteña un plan de integración para as miles de vítimas, a !3 maior parte mulleres e nenas, aínda sen cuantificar no Estado español, que é un dos principais destinos europeos das migrantes captadas polas redes para exercer a prostitución. ● TERCEIRO: Instar a que na comisión sectorial de igualdade amplíese o tempo de acreditación de vítima de violencia de xénero para posibilitar a súa inclusión en procesos de incorporación sociolaboral. ● CUARTO: Realizar un informe de impacto de xénero das propostas recollidas nos plans de reconstrución para incluír os factores de corrección necesarios para evitar aumentar os desequilibrios de xénero existentes. ● QUINTO: Impulsar plans de igualdade con suficientes recursos humanos e materiais. Así como mellorar os datos para a sensibilización social e a planificación e avaliación das políticas de igualdade. ● SEXTO: Avaliar a posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero nas entidades locais e autonómicas para garantir que se está utilizando de maneira adecuada e os obxectivos que se están traballando. ● SÉTIMO: Implementar a educación afectivo-sexual e contra a discriminación e violencia de xénero desde a óptica feminista e desde a diversidade en todas as fases educativas. ● OITAVO: Reforzar as actuacións con menores en contexto de violencia de xénero e as actuacións dos puntos de encontro para adecuarse ao contexto. ● NOVENO: Desenvolver plans de formación e sensibilización contra a violencia de xénero de obrigado cumprimento ao persoal sanitario, educativo, xurídico e ás Forzas e Corpos de Seguridade, con cursos mantidos no tempo, actualizados e avaliables. ● DÉCIMO: Fortalecer a rede pública de atención ás vítimas internalizando os servizos de atención directa, de acollida e a atención do teléfono de atención á violencia para posibilitar empregos dignos como primeiro paso para a boa atención, información e asistencia das vítimas de VX. ● UNDÉCIMO: Desenvolver e profundar nas campañas de concienciación e información específicas para o contexto actual, implicando ás contornas próximas ás mulleres que sofren a violencia para que as apoien e comuniquen a situación ás administracións correspondentes. !

domingo, 8 de noviembre de 2020

PAQUITA DEIXA UN VACIO, QUEDA A SÚA SEMENTE

Hoy nos ha dejado la compañera Paquita. ✊🏻Ha sido un honor poder aprender de ti, una incansable luchadora, fundadora de Izquierda Unida y una militante histórica del PCE. 💫Tu ejemplo perdurará en el tiempo Que la tierrra te sea leve compañera🌹 Comentarios

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Coronavirus | A Coruña y Cambre entran en el mayor nivel de alerta y aumenta la presión hospitalaria Hay 80 enfermos con Covid-19 ingresados, un 15% más que el domingo y casi el doble que hace 15 días, y 9 están en la UCI - El área suma otros 96 contagios, hasta los 1.167 María De La Huerta A Coruña 27.10.2020 | 01:45 Coronavirus | A Coruña y Cambre entran en el mayor nivel de alerta y aumenta la presión hospitalaria Coronavirus | A Coruña y Cambre entran en el mayor nivel de alerta y aumenta la presión hospitalaria La Opinión Los datos de la pandemia en el área sanitaria de A Coruña y Cee llevaron a dos concellos, A Coruña y Cambre, a entrar ayer en el nivel de alerta 3 o roja por el número de casos de Covid detectados en los últimos siete días. Se suman, así, a Arteixo, Oleiros, A Laracha, Carballo y Vimianzo, que acumulan varios días en ese escalafón. ¿Cómo se decide el nivel de alerta? Los municipios de menos de 50.000 habitantes pasan a color rojo cuando registran 21 o más casos nuevos a la semana. Los ayuntamientos de más de 50.000 residentes pasan a nivel 3 con 112 o más casos en los últimos siete días. Según los datos que maneja el Servizo Galego de Saúde (Sergas), en la capital coruñesa son más de 276 las infecciones diagnosticadas en la última semana, mientras que Cambre, Arteixo, Oleiros y A Laracha, superan las 21. En cuanto al resto de concellos del área de influencia de A Coruña y de la comarca brigantina, Culleredo y Cerceda están en nivel 2 de alerta -naranja en el mapa del Sergas- por notificar entre 14 y 21 casos en siete días, mientras que Carral, Abegondo y Oza-Cesuras se sitúan en nivel 1 de alerta -amarillo-, con entre 7 y 14 casos en una semana. Betanzos, Bergondo, Miño, Coirós, Irixoa, Aranga o Curtis se mantienen en nivel 0 de alerta -en verde- por la expansión de la Covid, al situarse por debajo de 7 casos en los últimos siete días.
A partir de mañana estará prohibido realizar contratos de publicidad de juegos de apuestas en radio, televisión, internet y patrocinios deportivos. Hoy hemos aprobado en Consejo de Ministros la nueva regulación que hemos elaborado desde el Ministerio de Consumo para proteger a las familias trabajadoras: 1️⃣ En televisión y radio, la publicidad de apuestas sólo se permitirá en la franja horaria de 1am a 5am, y aún así esos mensajes estarán regulados para evitar que promuevan consumo compulsivo. En el resto de horarios, prohibición total. 2️⃣ Estará prohibida toda la publicidad que se visualice en internet, desde páginas webs hasta redes sociales, incluyendo prensa online. 3️⃣ Estará prohibido el patrocinio de empresas de apuestas en instalaciones deportivas, nombres de equipos o clubes y por supuesto en las camisetas. El fútbol, por ejemplo, quedará libre de esta publicidad y los espectadores no la veremos más. 4️⃣ Entre otras muchas medidas más, se incluye la prohibición de bonos de captación por parte de operadores de juego. Esto es, el “dinero” de bienvenida para atraer a clientes y conseguir que se “queden”. En definitiva, un régimen estricto para proteger a las familias trabajadoras y que entrará en vigor mañana. Desde mañana no podrán realizarse nuevos contratos de publicidad de juegos de apuestas, los contratos existentes tendrán que extinguirse antes de terminar esta temporada.

Axuda especial