domingo, 15 de noviembre de 2020
AO PLENO DO CONCELLO DE CAMBRE
D./Dna Olga Santos López, como membro do Grupo Mixto, na Portavocía de EU
Cambre- Son en Común no Concello de Cambre, ao amparo do disposto no
Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades
Locais, presenta para a súa aprobación a seguinte
MOCIÓN 25 DE NOVEMBRO 2020
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Este 2020 está marcado pola pandemia da Covid-19 e a crise social e
económica. Esta situación, volve evidenciar as desigualdades de xénero que
sosteñen a un sistema que non protexe, nin ofrece vidas dignas e seguras ás
mulleres. A situación de confinamento, as limitacións á mobilidade e as
consecuencias das medidas tomadas para facer fronte ao coronavirus, intensificaron
as violencias machistas.
Moitas mulleres atopáronse encerradas cos seus maltratadores nunha
especial situación de vulnerabilidade e incerteza. Durante o primeiras seis semanas
de corentena realizáronse máis de 4.000 detencións por violencia machista,
ademais vemos un aumento de máis do 50% do uso servizo telefónico do 016 e de
máis dun 100% do seu uso online. Segundo os datos do Ministerio de Igualdade,
as chamadas ao 016 incrementáronse no mes de abril un 60% con respecto a abril
de 2019, e as consultas online incrementáronse ese mesmo mes case un 600%
comparado con abril do ano anterior.
Así mesmo, a pandemia do COVID-19 resaltou as diferentes fendas de
xénero que seguen existindo en todos os ámbitos da nosa sociedade. Durante este
período, as mulleres foron as protagonistas, tanto no ámbito sanitario —sendo elas
a inmensa maioría de persoas traballadoras— como no ámbito dos coidados,
vivindo situacións de precariedade e risco para a saúde para as empregadas do
fogar e atención domiciliaria.
!1
Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), as mulleres son
maioritarias nos postos de primeira liña de combate da epidemia. Elas representan
o 51% do persoal médico, o 84% de enfermería, o 72% en farmacia, o 82% en
psicoloxía e un 85% do persoal que traballa nas residencias de maiores e persoas
dependentes onde se deron as peores cifras de falecementos. Tamén so,n
maioritarias noutros servizos esenciais como son o comercio e a alimentación, a
limpeza de hospitais e representan a práctica totalidade das empregadas do fogar,
dos coidados.
A isto súmase a maior carga das mulleres nas tarefas de coidados. O 70%
destas tarefas son realizadas polas mulleres e neste contexto de coronavirus sufriron
unha maior sobrecarga tanto polas condicións laborais do teletraballo, como polo
coidado do fogar, menores e persoas dependentes. Esta sobrecarga de traballo
non se viu respondida con mecanismos de corresponsabilidade desde todos os
ámbitos: administracións, empresas e fogares. Especialmente afectadas están as
familias monoparentais, das que oito de cada dez teñen a unha muller á fronte.
Doutra banda, estímase que a nova crise económica vai afectar máis ás
mulleres máis vulnerables que, en moitos casos, dependen economicamente das
súas parellas. Fronte a esta situación, elaboráronse pactos pola recuperación
económica en todos os niveis da administración para incidir e compensar os efectos
da pandemia. Pero diversos expertos, expertas e organismos nacionais e
internacionais (Ministerio de Igualdade, ONU, PNUD, etc.) están a alertar de que
en épocas de crises o enfoque de xénero é un dos puntos que as administracións
tachan da súa axenda, mentres que precisamente é nestas crises cando debemos
reforzar a nosa mirada cara ás mulleres e as nenas, para poder paliar o dano real
causado a todos os niveis das súas vidas.
E é neste sentido onde é imprescindible aplicar a perspectiva de xénero
como ferramenta de análise que nos permite introducir cambios reais e concretos
cara á construción dunha sociedade igualitaria. Algo que debería estar presente en
calquera plan de reconstrución para evitar un retroceso nos dereitos adquiridos.
A Comisión Europea recoñece que se non se avanza en políticas de xénero
costaranos 70 anos alcanzar unha igualdade de salario entre homes e mulleres, 40
anos a correponsabilidade do traballo doméstico e 20 anos alcanzar políticas de
xénero.
As crises anteriores incrementaron as desigualdades e discriminacións. A
maioría de mulleres atópanse nas posicións máis precarias e vulnerables tanto no
aspecto laboral como no social. Esta crise non a imos a pagar nós, necesitamos
políticas que poñan a protección das persoas no centro, especialmente as máis
vulnerables e as que van sufrir as peores consecuencias.
!2
Por todo iso, é urxente a posta en marcha e profundización das actuacións
do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para despregar xa medidas e
políticas igualitarias nesta situación de crise multidimensional. E á súa vez, para iso
é fundamental unha reconsideración dos nosos servizos públicos que estando
feridos de morte, non poden atendernos nin garantir os nosos dereitos e protexer
as nosas vidas. Necesitamos unha aposta clara pola ampliación de recursos e
reestruturación do público e o común.
Pero a esta situación de crise, súmanse outras que describen unha realidade
preocupante, como é a situación das e dos menores ante as violencias machistas.
Segundo os datos do Informe de Menores e Violencia de Xénero o 24% da
mocidade no noso país entre 14 e 18 anos foi testemuña de episodios de violencia
machista cara á súa nai e deles, o 77% confesa que foi maltratado/a directamente
polo mesmo agresor, dos cales o 70% era o seu pai.
Estamos a vivir un colapso duns servizos xurídicos, sociais e sanitarios
precarizados e recortados xa antes da crise do Coronavirus, que non poden pagar
as vítimas de violencias machistas. Debemos resolver de forma urxente o acceso, a
ampliación de tempo, dereitos e medidas de protección ás mulleres que conseguen
a acreditación de vítima de Violencia de Xénero. A vixencia de dous anos para
todas as actuacións (sen estimar tempos diferentes para diferentes actuacións) non
é suficiente para que unha muller refaga a súa vida e poida acceder aos diferentes
recursos que expón a lei, en canto a cuestións laborais, de formación (como as
oposicións) e outras medidas de apoio sociolaboral.
E por último, consideramos urxente o recoñecemento de todas as violencias
machistas que afectan de forma incisiva na vida das mulleres e fomentan a cultura
da violación e a violencia.
Por todo iso EU Cambre- Son en Común propón os seguintes:
ACORDOS
● PRIMEIRO: Instar o Goberno de España a que se modifique a Lei Orgánica
1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero ampliando
a propia definición de violencia de xénero, cumprindo co ratificado dentro o
Convenio de Istambul en 2014. É dicir, que se inclúan as violencias contra as
mulleres fora do ámbito da parella ou exparella, que se incorpore a violencia sexual,
laboral, institucional e tamén que se incorporen os ventres de aluguer e a
prostitución como violencia de xénero.
● SEGUNDO: Instar o Goberno de España a que se desenvolva unha Lei
Integral para loitar contra Trata de Seres humanos, que ademais de previr e
perseguir esta secuela e ás redes de delincuentes que se lucran con esta
«escravitude moderna», conteña un plan de integración para as miles de vítimas, a
!3
maior parte mulleres e nenas, aínda sen cuantificar no Estado español, que é un dos
principais destinos europeos das migrantes captadas polas redes para exercer a
prostitución.
● TERCEIRO: Instar a que na comisión sectorial de igualdade amplíese o
tempo de acreditación de vítima de violencia de xénero para posibilitar a súa
inclusión en procesos de incorporación sociolaboral.
● CUARTO: Realizar un informe de impacto de xénero das propostas
recollidas nos plans de reconstrución para incluír os factores de corrección
necesarios para evitar aumentar os desequilibrios de xénero existentes.
● QUINTO: Impulsar plans de igualdade con suficientes recursos humanos
e materiais. Así como mellorar os datos para a sensibilización social e a planificación
e avaliación das políticas de igualdade.
● SEXTO: Avaliar a posta en marcha do Pacto de Estado contra a
Violencia de Xénero nas entidades locais e autonómicas para garantir que se está
utilizando de maneira adecuada e os obxectivos que se están traballando.
● SÉTIMO: Implementar a educación afectivo-sexual e contra a
discriminación e violencia de xénero desde a óptica feminista e desde a diversidade
en todas as fases educativas.
● OITAVO: Reforzar as actuacións con menores en contexto de violencia de
xénero e as actuacións dos puntos de encontro para adecuarse ao contexto.
● NOVENO: Desenvolver plans de formación e sensibilización contra a
violencia de xénero de obrigado cumprimento ao persoal sanitario, educativo,
xurídico e ás Forzas e Corpos de Seguridade, con cursos mantidos no tempo,
actualizados e avaliables.
● DÉCIMO: Fortalecer a rede pública de atención ás vítimas internalizando os
servizos de atención directa, de acollida e a atención do teléfono de atención á
violencia para posibilitar empregos dignos como primeiro paso para a boa
atención, información e asistencia das vítimas de VX.
● UNDÉCIMO: Desenvolver e profundar nas campañas de concienciación e
información específicas para o contexto actual, implicando ás contornas próximas
ás mulleres que sofren a violencia para que as apoien e comuniquen a situación ás
administracións correspondentes.
!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario