INICIATIVAS DO GRUPO MUNiCIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DO MES DE NOVEMBRO
PRIMEIRO ROGO No paseo fluvial do Río Mero e mais concretamente na ponte dos Galiñeiros, a vexetación invade a beirarrúa impidindo e dificultando a circulación das persoas. PREGAMOS procedan a actuar en consecuencia, co fin de permitir una circulación nas mellores condición de seguridade.
SEGUNDO ROGO Na confluencia dos camiños localizados no seu inventario con números: 00392 e 00393, no lugar do Pastel, consideramos que é necesario a instalación de medidas de seguridade, motivado polo risco permanente de accidentes, e vistas as as dificultades para incorporación de vehículos pola falta de visibilidade. Por isto, PREGAMOS procedan a realizar un informe e tomar as medidas axeitadas para correxir a mencionada deficiencia.
TERCEIRO ROGO No lugar do Covelo, en varios puntos, a maleza invade o vial dificultando a circulación. PREGAMOS subsanen dita deficiencia.
PRIMEIRA PREGUNTA Unha veciña de Cambre, usuaria do aparcamiento existente na Zona do paraguas puxo á nosa disposición un escrito de contestación do Concelleiro de Urbanismo no que lle comunica que "en una finca privada se pueden poner una sillas y unas cuantas mesas". A semana pasada comprobamos a existencia dunha señal de prohibición de aparcar excepto a clientes do restaurante. En relación a estas evicencias: PREGUNTAMOS: ¿O espacio privado que ata de agora permitía o aparcamento público ten algún título habilitante para exercer a actividade de hostelería e aparcamento?
SEGUNDA PREGUNTA Consultado coa propiedade , esta informa que dito espazo foi ofrecido ao Concelleiro de Urbanismo para o seu uso público. Tendo en conta as escasas posibilidades de aparcamento na zona. Pode o Concelleiro de Urbanismo informarnos sobre si existiría algún inconvinte en conveniar tal uso público?
TERCEIRA PREGUNTA No CEIP Wenceslao Fernandez Flórez non dispoñen de conserxe dende o 25 de Setembro. Según información do Concello ao Centro non vai ser cuberta a súa praza. ¿Poden informarnos sobre as xestións realizadas e futuras que o Concello de Cambre está a realizar para reclamar que se cubra a praza de conserxe no WWF?
Olga Santos López. Voceira do Grupo de EU-Son
No hay comentarios:
Publicar un comentario