miércoles, 27 de enero de 2021







INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA-Son" AO PLENO MUNICIPAL DO MES DE XANEIRO

MOCIÓN PARA INCLUIR COMO GRUPO PRIORITARIO ÁS TRABALLADORAS DE AXUDA A DOMICILIO 

Exposición de motivos:
 
O Plan Galego de Vacinación fronte ao Sars-COV2 iniciouse a principios de 2021 coa vacinación das persoas residentes e traballadoras dos centros de maiores, continuando, tras a segunda recepción de vacinas, polo grupo de persoal sanitario considerado de primeira liña. Esquerda Unida entende que a Xunta de Galicia debera incluír de xeito prioritario ás traballadoras de axuda a domicilio no plan de vacinación coma obxectivos inmediatos das seguintes vacinas.

 A situación de envellecemento e dependencia está a facer que cada vez máis galegas e galegos precisen axuda para realizaren actividades básicas nos domicilios. Este papel está a ser cuberto moitos casos por traballadoras subcontratadas polos concellos que visitan diversos domicilios de persoas vulnerables ao día. 

É precisamente a precariedade coa que traballan e a cantidade elevada de domicilios que fan diariamente o principal motivo polo que deberan ser unha prioridade na vacinación, tal e como xa se fixo en outras Comunidades como Aragón. 

 A exposición destas persoas ten un alto risco de infección ao mesmo tempo que de ser un vector da enfermidade, con visitas diarias e domicilios, principalmente de persoas maiores susceptibles de contaxiarse facilmente de Covid-19, motivos suficientes para incluílas como grupo prioritario. 

Por todo o anterior, dende Esquerda Unida de Cambre proponse ao Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

 O Concello de Cambre insta á Xunta de Galicia a: 

-Que inclúa como grupo prioritario no plan de vacinación, das seguintes vacinas, ás traballadoras de axuda a domicilio. 


 MOCIÓN EN DEFENSA DUNHA BAIXADA DE RATIOS EN EDUCACIÓN PARA GARANTIR UNHA EDUCACIÓN SEGURA E INCLUSIVA 

 Exposición de motivos:


As recomendacións da Red de Atención a la Infancia de la Comisión Europea, en materia de ratios, establecen que na educación infantil requírese unha persoa especialista por cada 4 bebés de 0 a 12 meses (1/4), 1/6 para nenos e nenas de 12 a 24 meses; 1/8 en nenos e nenas de 2 a 3 años; 1/ 15 nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. 

Pola súa parte, no ensino obrigatorio (de 6 a 16 años) as aulas non deberían superar os 20 estudantes por grupo-aula para poder dar resposta á diversidade do alumnado e desenrolar unha educación mais inclusiva e persoalizada. Asimesmo, o PLAN BOLONIA establecía que, para reforzar o traballo individualizado nas aulas universitarias, houbera un máximo de 30 estudantes por aula universitaria e que a partir de 38 suporía a formación dun segundo grupo. 

 A adecuación da ratio de alumnado por aula é unha medida clave e imprescindible, non só para respetar o distanciamento social necesario nestes tempos de COVID 19, senón como instrumento necesario nos sistemas educativos para poder garantir a inclusividade dos mesmos e loitar contra o abandono e o denominado fracaso escolar, permitindo unha educación persoalizada e que realmente poida atender á diversidade, 

 O tamaño da clase afecta á cantidade de tempo e atención que un profesor ou profesora pode dar aos seus estudantes de xeito individualizada, así como ás dinámicas sociais de interacción e aprendizaxe entre os estudantes. É positiva non só para persoalizar a educación de tódolos los estudantes, para dar resposta inclusiva á diversidade crecente nas aulas, e especialmente para o alumnado con mais dificultades, senón tamén é positiva para os e as docentes pola carga de traballo e a atención que poidan realizar de xeito individualizado. 

 Todo isto conleva o incremento significativo de plantillas de profesorado e o acondicionamento dos espazos e as infraestruturas escolares necesarias. Esta crise, neste sentido, pode supor unha oportunidade para poñer os pilares esenciais dunha educación inclusiva con recursos, coma sempre foi expresado nas declaracións oficiais e leis educativas. 

O único cuestionameto que se prantexa a esta medida é de carácter económico: o seu custo. Pero si a educación é un dos pilares do futuro da nosa sociedade, debe ser tamén unha das prioridades do noso investimento. Por iso, esta medida ten que vir acompañada, asimesmo, do investimento público preciso para artellar un incremento sustancial na prantilla do profesorado permanente para que quede garantida, tanto a seguridade, como a inclusión e a calidade do ensino e evite situacións de desigualdade no acceso á educación ou situación de falta de recursos.

 Por todo o anterior, EU de Cambre propón ao Pleno a adopción do seguinte: 
                                                                             
                                                                           ACORDO
                                                                         
PRIMEIRO: Adherirse como Concello á Petición número 0584/2020 ao Parlamento Europeo, presentada polo profesor da Facultade de Educación da Universidade de León, D. Enrique Javier Díez-Gutiérrez, para que inste aos Estados Membros a reducir a proporción de estudantes por aula e o aumento do número de profesorado correspondente para elo, en tódolos niveles educativos:https://cutt.ly/ohmCzAx. 

SEGUNDO: Instar ao gobierno autonómico a adherirse a dita Petición Europea.

TERCEIRO: Instar ao goberno autonómico a que sexan adoptadas as medidas necesarias para reducir as ratios escolares en tódolos niveis educativos, así como o incremento de profesorado necesario e os recursos económicos para realizalo.





MOCIÓN SOBRE A REGULACIÓN DO PREZO DA ELECTRICIDADE

Exposición de motivos: 


 O pasado 7 de xaneiro o mercado marcou un prezo medio de 88,93€/MWh, cun máximo de 108,97€/MWh na hora 20. Esta cantidade levaba anos sen rexistrarse. Sen embargo, a pesares da gravidade deste feito, que coincidía cunha ola de frío sen precedentes na Península, a situación empeorou. 

 A pesar de ser un prezo altísimo, non é o prezo máis alto da historia, pero si da última década ata que á mañá seguinte o mercado eléctrico, na poxa que realiza para o día seguinte, alcanzou o pico de 121,24€/MWh na hora 21. É dicir, o sábado día 9 cando as familias estabas nas súas casas tratando de quentarse ás 21h, pagaron polo MWh a cantidade de 121€. 

Esta situación é insoportable e responde aos intereses do oligopolio eléctrico e a un deseño do mercado ineficiente. Se ben é certo que o frío aumenta a demanda eléctrica, a meteoroloxía non esta a ser moi propicia estes días para a xeración de renovables (que é a que normalmente baixa os prezos), que o CO2 está caro e o mercado do gas está disparado por coxunturas externas, isto non xustifica que se estean a alcanzar estes límites récord. 

Por todo o anteriormente exposto, dende Esquerda Unida de Cambre, propoñemos para o seu debate e aprobación se procede, a adopción dos seguintes:

                                                                  
                                                                    ACORDOS 

 PRIMEIRO.- Instar ao Goberno de España a cumprir co punto 3.2 do acordo do Goberno e acometer unha profunda reforma do mercado eléctrico que evite estas situacións de prezos extremadamente elevados. 

 SEGUNDO.- Instar ao Goberno de España a que en virtude da Directiva 2019/944 sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade, o Ministerio para a Transición Ecolóxica interveña de forma temporal, ao menos ata o final do estado de alarma, os prezos de acordo ás excepcións que prevé o artigo 5 de dita Directiva. 

 TERCEIRO.- Instar ao Goberno de España a que deseñe unha tarifa regulada real baixo criterios de mercado como a actual, que substitúa ao actual PVPC. 

CUARTO.- Amosar o apoio deste pleno e instar ao Goberno de España a reverter a privatización de empresas como ENDESA ou REPSOL para crear unha empresa con capital 100% público e xestión pública que impulse, de forma decidida, as enerxías renovables e a necesaria transición enerxética. Transición enerxética que a de ser xusta, xa que sen ser xusta non será transición tal e como demandan as traballadores e traballadores de ENDESA estes días nas rúas. 

 QUINTO.- Instar ao Goberno a que acometa unha modificación no articulado do texto refundido da Lei de Augas aprobado polo RDL 1/2001, do 20 de xullo, ou en lexislación equivalente que se promulgue, para incluír os seguintes eixos fundamentais:

 • A recuperación de todos os aproveitamentos hidroeléctricos como política de Estado para poder ser xestionados dende o sector público en condicións favorables para o interese común. 
 • A axilización dos expedientes de reversión de saltos hidroeléctricos e a súa tramitación sen retrasos e sen caducidades. •
A tramitación do expediente á administración hidráulica competente. 
 • A iniciación, de oficio, de expedientes por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa ou como consecuencia de orde superior, a petición razoada doutros órganos ou por denuncia. 
 • O expediente de extinción será informado pola Comunidade Autónoma e os Concellos en cuxo ámbito territorial radiquen as centrais hidroeléctricas e demais infraestruturas que formen parte dese sistema de explotación hidroeléctrica.
 • A administración hidráulica, cando considere posible e convinte a continuidade do aproveitamento hidroeléctrico e compatible co plan hidrolóxico, acordará a reversión das instalacións do salto hidroeléctrico para a súa explotación. 
 • Tras a reversión dos saltos hidroeléctricos, e sen prexuízo de que a xestión técnica siga a desenrolarse por empresas do sector, os seus beneficios pasarán a ser de titularidade pública con criterios de vertebración territorial. Os beneficios dos saltos hidroeléctricos destinaranse á restitución económica e social dos territorios afectados polas instalacións hidroeléctricas e a outros fins de utilidade pública ou interese social de carácter xeral ou para inversión pública directa en construción de nova xeración renovable, previo proceso de consulta pública nos concellos afectados, ao obxecto de contar ca participación da cidadanía á hora de establecer ou elixir os proxectos que realizaranse grazas ao beneficio obtido da reversión da concesión e, polo tanto, da xeración hidroeléctrica pública. 
 SEXTO.- Que calquera contratación pública de subministros de enerxía eléctrica, gas natural e auga sexan realizados a partires da data de aprobación da presente moción con empresas que non teñan sido sancionadas por prácticas ilegais polo organismo regulador, para o cal incluirase dita restrición nos correspondentes pregos de contratación.
 • A iniciación, de oficio, de expedientes por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa ou como consecuencia de orde superior, a petición razoada doutros órganos ou por denuncia. 
 • O expediente de extinción será informado pola Comunidade Autónoma e os Concellos en cuxo ámbito territorial radiquen as centrais hidroeléctricas e demais infraestruturas que formen parte dese sistema de explotación hidroeléctrica. 
 • A administración hidráulica, cando considere posible e convinte a continuidade do aproveitamento hidroeléctrico e compatible co plan hidrolóxico, acordará a reversión das instalacións do salto hidroeléctrico para a súa explotación. 
 • Tras a reversión dos saltos hidroeléctricos, e sen prexuízo de que a xestión técnica siga a desenrolarse por empresas do sector, os seus beneficios pasarán a ser de titularidade pública con criterios de vertebración territorial. Os beneficios dos saltos hidroeléctricos destinaranse á restitución económica e social dos territorios afectados polas instalacións hidroeléctricas e a outros fins de utilidade pública ou interese social de carácter xeral ou para inversión pública directa en construción de nova xeración renovable, previo proceso de consulta pública nos concellos afectados, ao obxecto de contar ca participación da cidadanía á hora de establecer ou elixir os proxectos que realizaranse grazas ao beneficio obtido da reversión da concesión e, polo tanto, da xeración hidroeléctrica pública. 

SETIMO.- Que o subministro eléctrico que puidera realizarse en tanto, exixa no prego de condicións a obrigatoriedade de realizarse con enerxía 100% renovable a través do mecanismo de garantías de orixe. 


                                                                                 ROGOS:

                                                                     PRIMEIRO ROGO   


A recuperación, vixilancia, conservación e mantemento do público, é un dos piares do traballo da nosa formación. A obligación de manter, recuperar e vixiar o noso patrimonio é unha obriga desta Corporación. O caso que nos ocupa e que traemos a ésta sesión plenaria trata sobre os camiños públicos do Concello, que nalgúns casos están ocupados e pechados total ou parcialmente impedindo o seu tránsito. 

Esta é unha constante reclamación de moitos veciños do noso Concello, e por suposto moi necesaria para poñer en valor a nosa riqueza, tanto para o uso da comunicación, recuperación de actividades coma o senderismo ou o propio desenrolo turístico, etc. A proliferación cada vez maior de maleza, arames de espiños, valados é diferentes obstáculos, fragmentan, sen dereito, numerosos camiños públicos sentíndose os usuarios, na maioría dos casos, indefensos 2 desorientados ante feitos consumados, pola falta de información e de defensa decidida por parte da administración local. 

 O crecente uso público dos camiños fai necesario un control e cuidado, con un triple fin, de preservar os valores do patrimonio natural de Cambre, facilitar un uso harmonioso para os usuarios e mantelos en bo estado evitando vertidos de lixos, entullos, etc. Polo anteriormente exposto dende EU Cambre 

PREGAMOS que por parte do Concello sexa elaborado un estudo de camiños públicos en mal estado co obxecto de poder ser mais eficientes e dilixentes no seu coidado e mantemento, e garantindo a súa sinalización, conservación e protección. 

                                                                 SEGUNDO ROGO

No Concello de Cambre contamos cun Regulamento de Participación Cidadá aprobado hai camiño de 10 anos sen que este goberno fixera nin un guiño á súa aplicación e defensa. No pleno de orzamentos de hai unhas semanas días escoitábamos á Concelleira de Facenda e ao propio Alcalde decir de viva voz que para a elaboración dos orzamentos reuníranse coas asociacións de veciños, coas asociación de empresarios e co resto de tecido asociativo do Concello ao obxecto de recoller as súas demandas. 

 Xa hai 10 anos o Concello de Cambre pretendeu acabar con un xeito de política mais propio da época da Restauración que do século XXI. 

 Resulta curioso que tendo aprobado dende hai casi unha década un Regulamento de Participación Cidadá, a este goberno que, estando na oposición votaba a favor unha e outra vez todas e cada unha das ocasións na que Esquerda Unida propuxemos a posta en funcionamento do Consello Xeral de Participación Cidadá e os Consellos Sectoriais, estea na súa segunda lexislatura co Regulamento gardado baixo 7 chaves. 

Quero recordar que este regulamento ten como obxecto regular as formas, medios e procedementos de participación da veciñanza na xestión municipal, tanto individualmente como a través de asociacións veciñais. A constitución destes órganos é facultativa e a súa creación deberá se acordada polo pleno por maioría absoluta. Dito acordo xa se produciu en Decembro de 2013 nun pleno no que quedou aprobado crear con carácter permanente o Consello Xeral de Participación Cidadá, como órgano de participación dende o que se analicen e coordinen as actuacións que afecten ao conxunto do Concello. 

 Tamén quedou establecido e aprobado que a composición e funcionamento do Consello Xeral de Participación Cidadá atenderá ao regulado nos artigos 25 e 26 do Regulamento municipal de participación cidadá do Concello de Cambre.

 PREGAMOS Sexa posto en inmediato funcionamento o Consello Xeral de Participación Cidadá dacordo co estipulado nos artigos 25 e 26 do RPC. 

TERCEIRO ROGO Dacordo co estipulado no Artigo 6. 3 do RPC publicaranse na páxina web municipal: – Un extracto dos acordos da Xunta de Goberno Local. – A parte da acta das comisións informativas dedicada ao seguimento da xestión do alcalde, a Xunta de Goberno Local e os concelleiros que ostenten delegacións. – As percepcións mensuais dos concelleiros por asistencias a órganos colexiados. 

 Curiosamente a aplicación das normas propias do Concello non son defendidas coa mesma contundencia, cando do que se trata é de publicar os extractos dos acordos na XGL onde poden coñecerse as decisións de contratacións, ou os contratos menores, tampouco as actas das CCII adicadas ao seguimento da xestión do Alcalde e aos Concelleiros ou as percepcións mensuais dos concelleiros por asistencias a órganos colexiados. 

 PREGAMOS Sexa cumplido a obriga regulamentaria recollida no artigo e norma anteriormente citada, para que todas as normas que rexen o funcionamento deste Concello sexan cumpridas na mesma medida. Tanto aquelas mais favorables ao sentir do goberno como aquelas mais pensadas para a defensa dos dereitos de información e transparencia de calquera outra persoa que non sexa cargo de poder no Concello. Concretamente, pregamos que se dea cumplimento ás obrigas relativas a:

 – Publicación dos extractos dos acordos da Xunta de Goberno Local. – A parte da acta das comisións informativas dedicada ao seguimento da xestión do alcalde, a Xunta de Goberno Local e os concelleiros que ostenten delegacións. 

– As percepcións mensuais dos concelleiros por asistencias a órganos colexiados. 

                          
                                                                    PREGUNTAS


                                                           PRIMEIRA PREGUNTA 

 O pasado día 23, como consecuencia dun accidente doméstico, produciuse un incendio nun piso da rúa Párroco Manuel Cobas. Acudiron os bombeiros e o 061, ademais da Policía Local de Cambre. Relatan veciños da propia rúa as dificutades que tiveron que superar tanto o camión dos bombeiros como o propio 061 como consecuencia dunha mais que advertida falta de accesibilidade para vehículos de emerxencias que dende EU fixemos dende que se iniciara a remodelación de diferentes rúas do Temple. Nese relato, aportáronnos fotografías que mostran cómo o camión de bombeiros permanece na confluencia coa rúa Francisco Rodríguez mentres a ambulancia do 061 no outro extremo da rúa en confluencia coa Pígara. 

A humanización do Temple é motivo de queixa constante por parte de moitísimos veciños e incluso por non veciños que ven como se reduciron as prazas de aparcamento e como se fixeron beirarrúas que impiden a accesibilidade de vehículos de emerxencias ante incendios e accidentes e sobre todo falta de compensación entre unha necesaria humanización dos peóns pero tamén da precisa mobilidade e posibilidade de estacionamento para quen transita as rúas a diario. 

Prevé o goberno local realizar algún tipo de adaptación, corrección ou actuación que corrixa a falta de accesibilidade nas diferentes rúas do Temple afectadas pola situación descrita, tales como Ánxel Fole, Luís Seoane, Teresa Herrera, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro, Francisco Rodríguez, Celso Emilio Ferreiro, Párroco Manuel Cobas ou Curros Enríquez? 

                       
                                                             SEGUNDA PREGUNTA 


 En relación á recentemente estreada LIÑA DIRECTA DE BUS Á UNIVERSIDADE, un estudante que non sexa do Temple ou da Barcala atópase ante dúas opcións.

 OPCIÓN "ANTIGA" Estudante que ten clase ás 12:00. Colle o bus en Cambre ás 11:00. Ao chegar a Alfonso Molina, á altura de Carrefour cruza a ponte para coller a liña UDC. TEMPO TOTAL DO TRAXECTO: Entre 35 e 45 minutos. 

 LIÑA DIRECTA Á UNIVERSIDADE:

 Estudante que ten clase ás 10:30 Si colle o bus de Cambre ás 9:30 Chega 9:40 á Barcala -1º parada- Agarda na Barcala 20-25 minutos. TEMPO TOTAL DO TRAXECTO: Aproximadamente 55 ou 60 minutos. 

 A liña directa ao non sair dende Cambre NON compensa a un enorme número de potenciais usuarios. Como mínimo tería que chegar ate Cambre, que é onde fan parada as liñas de autobuses que comunican Cambre coas parroquias. Un estudante de Bribes vese obrigado a coller dous buses para poder chegar á parada da Barcala. Salvo a persoas que vivan na Barcala ou no Temple, non teñen ningún tipo de beneficio con esta liña de bus. 

 ¿Teñen prantexado algún tipo de medida, reclamación ou xestión ante quen corresponda, dende o goberno local para poder dar un servizo de calidade a tódolos universitarios do Concello, independentemente da parroquia á que pertenzan? 


                                                         Asdo: Olga Santos López: Voceira.

No hay comentarios: