viernes, 30 de abril de 2021

 



INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" AO PLENO DO MES DE ABRIL


PRIMEIRO ROGO

               Vimos de ser coñecedores do cambio na propiedade nos edificios da Patiña.

               Hai un ano exactamente o Sr. Alcalde dirixiu un escrito ao IGVS, como consecuencia da insistencia de EU, no que se indicaba literalmente:

               Pasado un ano, sin que tiveramos constancia nin coñecemento, do compromiso do Alcalde de Cambre adquirido cos diferentes grupos da oposición de manternos informados con respecto a este procedemento, e visto o cambio de propiedade e de xestión no edificio da Patiña, dende EU Cambre

PREGAMOS:

Sexa iniciada a investigación pertinente que esclareza o réxime, condicións, calificación e data da operación de compraventa dun edificio, que en palabras do propio alcalde de hai un ano, debería ser de VPO durante 30 anos según a documentación por él aportada á Xunta de Galicia.

SEGUNDO ROGO

Sexa trasladado ao equipo redactor do PXOM a idoneidade, según afirmacións do propio Alcalde no escrito dirixido ao IGVS, de que o Edificio da Patiña, sexa calificado no PXOM como VPO.

 

TERCEIRO ROGO

No escrito referenciado solicita o Alcalde ao IGVS que indicara cales foran as medidas previstas para reparar os perxuízos causados aos arrendatarios polas subas de renta improcedentes e as rescisións producidas por non asumir as subas ao reducirse o tempo de réxime de VPO.

A día de hoxe, a asinante deste rogo non ten coñecemento de que nin por parte do Concello nin do IGVS, foran reparados ningúns perxuízos a ningún dos perxudicados polas subas de aluguer.

PREGAMOS:

Que sexan realizadas as reunións e xestións necesarias coa nova propiedade do Edificio da Patiña para que manteña o compromiso requerido polo alcalde hai un ano e garanta que non se vai proceder a esas subas de renta improcedentes dentro dos 30 anos que o Concello de Cambre defende por escrito ante o IGVS, de calificación como VPO da Patiña. A ditas reunións requiro ser invitada como 

PREGUNTAS

Con data 15 de Abril de 2021 publicáronse no BOP as Bases da convocatoria para a provisión do posto de inspector-xefe da Policía Local do Concello Cambre polo procedemento de libre designación con convocatoria pública.

Na primeira base indícase:

É obxecto da presente convocatoria a provisión do posto de inspector-xefe da Policía Local do Concello de Cambre mediante o procedemento de libre designación con convocatoria pública (...) cuxas características se detallan a continuación de acordo coa vixente relación de postos de traballo:

Denominación: inspector Policía Local.

O posto a convocar non se trata do xefe da policía local explícitamente recollido no artigo 27 da Ley de coordinación de Policía local de Galicia senon dun inspector xefe.

O artigo 92 da Ley de empleo público de Galicia indica que soamente se poden proveer polo procedemento de libre designación con convocatoria pública entre otros supostos, que non son o que nos atañe, aqueles postos de traballo de especial responsabilidade ou cualificación profesional que se determinen na RPT.

 

               Dado que na RPT de Cambre non existe nomeadamente esta ficha, este posto nin esta denominación, dende EU Cambre formulamos unha serie de cuestións:

 



PRIMEIRA PREGUNTA

               Atendendo á literalidade da convocatoria do BOP no que indican literalmente "DA CORDO COA VIXENTE RELACION DE POSTOS DE TRABALLO

               ¿En qué parte da RPT, con indicación de ficha, páxina e posto ven determinado o posto de inspector xefe?

SEGUNDA PREGUNTA

               Tendo en conta que na vixente RPT non existe o posto de inspector xefe; tendo en conta que o posto de inspector está vacante; tendo en conta que afirmar que o posto de inspector xefe cumple coas características da vixente RPT e, por tanto, adolecendo esta resolución dun mais que posible vicio de nulidade,

               Cal é o motivo de non modificar a ficha de inspector a inspector xefe, preferindo "inventar" un posto non existente na vixente RPT.?

TERCEIRA PREGUNTA

               Dentro da ficha de inspector na vixente RPT consta que as súas funcións son:

"Organización e dirección dos servizos da Policía Municipal, asignación do persoal aos distintos servizos e demais funcións establecidas na Ley de Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado.".

Dentro da convocatoria por libre designación do posto de inspector xefe describen as súas funcións como:

"Organización e dirección dos servizos da Policía Municipal, asignación do persoal aos distintos servizos".

A descripción das funcións é exactamente a mesma.
Cal é a diferencia entre ambos postos no relativo as funcións a desempeñar? Ninguna
Cal é a diferencia entre ambos postos no relativo ao seu desempeño laboral? A diferencia básica é recollida na convocatoria: Base Sexta punto 3.- O funcionario nomeado poderá ser cesado con carácter discrecional.

 

              Sendo esta corporación, e varias corporacións anteriores, testemuñas dos fervorosos aplausos que lles temos brindado ao corpo da policía local do noso Concello, sentidos e defendidos por forzas de todo tipo e cor. Sendo, en moitas ocasións, o actual alcalde de Cambre, quen pediu aplausos públicos para un corpo de policía exemplar, algo que calquera de nos secundamos e apoiamos,

¿Cal é o motivo de convocar unha praza inexistente na nosa RPT sin modificala previamente para nomear un cargo de confianza sin ningunha función adicional ás que ten o posto recollido na RPT de inspector, a través da fórmula, nunca antes utilizada, de libre designación, que otorga poder absoluto ao Alcalde para controlar ata chegar a poder cesar sin dar explicacións á persoa que vai dirixir e coordinar a tódolos policías de Cambre?

 

OLGA SANTOS

 "EU" CAMBRE 






No hay comentarios: