EU traslada ao Goberno
municipal a disconformidade veciñal co pintado de zona azul no Temple.
"Nunha parroquia sen
aparcamentos, con edificios carentes de prazas de garaxe e no que xa era
imposible aparcar, o executivo municipal, dinamita os
aparcamentos libres e baleira os
azuis, deixando sin alternativa aos residentes da zona." (Olga Santos,
Voceira EU Cambre)
"Como engadido, limita con
tempos diferentes as zoas azuis da mesma rúa, o que vai ocasionar confusións e
multas pola incompetencia do propio Goberno Municipal" (Olga Santos,
Voceira EU Cambre)
Calquera día, a calquera hora nos
últimos tempos, os aparcamentos libres da costa da Tapia na súa marxe dereita
de subida, eran unha solución para as veciñas e veciños residentes no Temple.
Convivían as persoas que tiñan que aparcar durante un espazo breve de tempo cos
propios residentes, que, en moitas ocasións, carecen nos seus edificios de
prazas de garaxe.
A día de hoxe, e tendo pasado un
só día dende o pintado de azul das case 30 prazas da costa da Tapia, observamos
como xa non hai coches aparcados, e por tanto, as veciñas e veciños do Temple,
trasládannos que, en moitos casos, chegan a buscar aparcamento na explanada do
Paseo Marítimo do Burgo, en Culleredo.
A maior abundamento, na marxe
dereita da Costa da Tapia, o tempo está limitado a 60 minutos, e xusto
enfronte, a 30 minutos, algo que vai orixinar múltiples confusións por quen
aparque pensando que ten mais tempo, e cando chegue ao vehículo teña una multa
por exceso de tempo.
Dende EU levaremos a este pleno a
petición de reconsideración dunha actuación que non foi nin consensuada, nin
meditada e que, adolece de graves erros como limitar tempo diferente en ambas
marxes da estrada.
Olga Santos
Eu Cambre
No hay comentarios:
Publicar un comentario