martes, 4 de marzo de 2014






Esquerda Unida
Secretaría de Organización
R/. Dublín, 8 baixo 15707 Compostela
Tfno./Fax: 981 589 099 – 681 015 134
organizacion@esquerdaunida.org
www.esquerdaunida.org
R. Dublín, 8 baixo 15707 Compostela / Tfno.-Fax: 981589 099 – 681 015 134/organizacion@esquerdaunida.org
www.esquerdaunida.org

CIRCULAR ORGANIZACIÓN 061/04032014
Compostela, 04/03/2014

MÁXIMA PRIORIDADE: PARTICIPACIÓN E IMPLICACIÓN
DE ESQUERDA UNIDA NA MARCHA POLA DIGNIDADE A
MADRID

Estimado compañeiro/a:
Como sabedes EU apoia a MARCHA GALEGA A MADRID do 22 de marzo dentro das MARCHAS
POLA DIGNIDADE que sairán de varios puntos do estado.

Para ir a Madrid existe un tren que por 45 euros ida e volta foi contratado gracias ao esforzo e
mediación do SINDICATO FERROVIARIO. O custe de este tren é fixo polo que temos que garantir a
máxima presencia dos homes e mulleres de EU neste 22 de marzo, É UN COMPROMISO que todos
e todas temos que contraer coa nosa organización e os compañeiros e compañeiras que están
dando a batalla para o bo fin desta marcha.

Dende a secretaría de organización pedímosvos que chamedes ou comuniquedes esta implicación
a tódolos militantes de EU e que participen na viaxe do tren e na marcha en Madrid.
Para que teñades información adxuntamos circular Nº1 de organización con acordos acadados
onte en Compostela para levar a bó porto o tema da marcha a Madrid en tren.

O tempo se nos vota enriba e, nin que dicir ten, que iste ten que ser un tema prioritario para
todos e todas pola responsabilidade adquirida. PARA APUNTARSE TEDES TODA A INFORMACIÓN
NA CIRCULAR ADXUNTA

PEDÍMOSVOS MÁXIMA IMPLICACIÓN NO TREN, os que teñades problemas para afrontar os 45
euros da viaxe falade directamente con organización xa que estamos batallando unha
subvencion interna dende EU nacional para que ninguén se quede sen poder asistir.

Apertas
Rubén Pérez
Secretario de Organización


http://marchasdadignidade.blogspot.com/
MARCHAS DA DIGNIDADE Circular de organización Nº1/ 03/03/14

Na primeira reunión técnica hoxe, en Compostela, acadamos os seguintes acordos:
Asumimos a contratación dos dous trens cos itinerarios e horarios que se adxuntaron
na Proposta de Loxistica para a viaxe en tren S-730 a todas as organizacións con
anterioridade a esta reunión. 520 plazas distribuidas en dous trens de 260 plazas (un
con saída de A Coruña e outro con saída de Pontevedra) con un prezo acordado por
plaza de 45€. Isto supón un desembolso de 23.400€ que temos que abonar a Renfe
como data límite o día 14 de marzo. 11.700€ por cada tren que temos que recadar nas
respectivas comarcas nun prazo máximo de 10 días.

Entendendo esto como unha situación de urxencia, e máis co sondeo feito a día de
hoxe, donde constatamos que na Coruña temos anotadas a 133 persoas, e na zona de
Pontevedra 120, acordamos como PRIORIDADE ABSOLUTA a consecución das 267
plazas que quedan por vender para completar a totalidade das plazas contratadas, a
sabendas de que si non se venden, de algunha forma teremos que abonalas.
Para organizar o traballo, acordamos a seguinte distribución de tarefas.

Nun plazo de 48 horas os responsables de cada tren terán que saber o número de
plazas vendidas no seu ámbito, e o diñeiro recaudado que terá que ser ingresado nos
respectivos números de conta que se facilitaran a continuación. Estos responsables
teran que xestionar deica a o día 12 e traballar para garantizar a cobertura das plazas
que faltan hasta completar os trens. Caso de ter excedente nun deles, coordinará cos
responsables do outro, para ver a mellor forma de garantizar a plaza a todo o mundo.

Os responsables de cada tren confeccionarán un listado co nombre, cidade, e teléfono
de cada viaxeiro que abone o billete de tal xeito que se poidan intercambiar datos para
ver a mellor ubicación nun o noutro tren. (Cabe a posibilidade de que en Compostela se
apunte xente que pode coller o tren en Ourense ou en Vigo por exemplo, ou ao revés,
ou outros casos que poidadan darse. Temos que ver de contar e prever todo eso.)
Non se pode agardar a que nos chamen. Os responsables teñen que chamar a
xente de cada vila e de cada organización do ámbito demandando datos e
resultados. O tempo apremia.

NO TREN DO NORTE CENTRALIZARANSE AS RESERVAS DE A CORUÑA-FERROL E
COMPOSTELA . Nomeánse responsables de coordinación para este tren a :
Santiago (Frente Cívico A Coruña) Tfno. 654.629.190 frentecivicocoruna@gmail.com
Angel Valladares (CGT ) 696 903.890 sp.xeral@gmail.com

NO TREN DO SUR CENTRALIZARANSE AS RESERVAS DE A PONTEVEDRA-VIGOOURENSE/

LUGO. Nomeánse responsables de coordinación para este tren a :
Manolo Camaño (CUT) Tfno. 630.684.141 cut.cangas@gmail.com
JCCostoya (SF-Intersindical ) Tfno. 661.402.977 sf,pontevedra@sindicatoferroviario.com
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

En cada vila terá tamén que haber un responsable. A falta de máis datos que iremos
obtendo en breve, a día de hoxe, nomearonse as seguintes persoas:

A Coruña Santiago (Frente Cívico) Teléf. 654.629.190 frentecivicocoruna@gmail.com

Lugo Brais das XX.CC. - Teléf. 633.081.581

Compostela Rafa do MpB - Teléf. 669.277.160 rafa.dopico@gmail.com

Ourense Bernardo activista - Teléf. 687.958.161 988270876@telefonica.net

Pontevedra Fran da CUT- Teléf. 606.595.310 orevoltoso@gmail.com

Vilagarcía Ramón EU/IU Teléf. 680.560.310

Morrazo Maruchi da CUT Teléf 986 392.003 cut.cangas@gmail.com

Vigo Costoya do SF-IN. Teléf 661.402.977 sf.pontevedra@sindicatoferroviario.com
O día 5, ou 6, teríamos que ter concretadas xa o número total de plazas vendidas e
cobradas para cada tren, e si fora posible ingresadas as cantidades nas respectivas
contas. A comunicación nestes días ten que ser moi fluida.

Os ingresos teñen que corresponder a múltiplos de 45 e, para un mellor control, convén
facelos aportando datos no talón de transferencia. Por exemplo: para un ingreso de
135€ dende Ourense, anotar en observacions/concepto: “tres billetes Ourense”.
A OPERATIVA DE VENTA SERÁ A SEGUINTE:

 Co cobro de cada billete entregarase o recibo correspondente dos 45€ anotando no
mesmo o nombre e teléfono do viaxeiro e firma de quén efectúa o cobro.
 Cada recibo leva unha matriz donde tamen se anotará o nombre e o teléfono do
viaxeiro a quen se lle vendeu (si se quere tamén se pode poñer un número de serie
nas dúas partes que poida servir de control)
 Cos datos das matrices confeccionarese un listado en cada lugar de venta que será
o que se traslade aos coordinadores de cada tren.
 Por eses listados entregaránse, dous ou tres días antes da saida do tren, os billetes
aos puntos de venta para que se canxeen a cada viaxeiro polo recibo previamente
entregado.

AGORA TOCA , VENDER, VENDER, E VENDER. O día 12 temos que ter todo
rematado, e quedarannos 10 días para ver de que maneira podemos recaudar fondos
para devolverlle unha pequena parte dos cartos a cada un dos viaxeiros.
VENTA DOS BONOS DE 2, 5 e 10 € que acordamos hoxe, e outras iniciativas que
podamos acordar.

Todo isto salvo mellor opinión xa que todo é mellorable e sobre todo simplificable.
NA CONTA DE A CORUÑA Nº ES58 2080 5166 0030 0002 9394
Ingresará A Coruña, Ferrol, Compostela e todas as vilas de influencia

NA CONTA DE VIGO Nº ES29 2085 8160 3603 3025 4036
Ingresará Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, e todas as vilas de influencia
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
O día 11 de marzo ás 17 horas na sede da CUT de Compostela acordamos ter unha
nova xuntanza organizativa para valorar a situación.

En cada comarca haberá a liberdade para levar a cabo as iniciativas de recadación
económica, a mayores, como venda de bonos, das camisetas, concertos,…, que fagan
posible afrontar o reto económico da contratación do tren, e mesmo abaratar se é
posible o custe do billete do tren.

Saúdos fraternais.
Ado. JCCostoya



sábado, 1 de marzo de 2014

VOTE ESTA NOTICIA
    

Esquerda Unida recoge hoy firmas contra el servicio automático de petición de citas en centros de salud

01.03.2014 | 00:33
Esquerda Unida de Cambre instala hoy a las 12.00 horas en el paseo marítimo de O Temple una mesa para recoger firmas contra el servicio automático de petición de citas en centros del Sergas.

viernes, 28 de febrero de 2014


           EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE


CAMPAÑA DE “ESQUERDA UNIDA” DE CAMBRE PARA DENUNCIAR A DIFICULTADE PARA PEDIR CITA NO SERVICIO DE ATENCIÓN TELEFÓNICA DO “SERGAS”.


Mañán a partir das 12 horas, no Paseo Marítimo do Temple, EU de Cambre, instalará unha mesa co fin de “recoller sinaturas en contra do servizo automático de petición de citas nos Centros de Saúde do SERGAS”.

Conseguir unha cita nos  Centros de Saúde de Cambre mediante o sistema de atención teléfonica  implantado polo SERGAS, convirtese nun verdadeiro obstáculo para os usuarios, sobre todo para as persoas maiores. As queixas baséanse fundamentalmente no elevado custo que supón unha chamada a un servizo 902, así como polo molesto que resulta ir seleccionando as diferentes opcións do menú ata chegar a pedir a cita, algo que para moitas persoas supón unha obriga de desprazarse fisicamente ata o centro, ou depender de terceiras persoas.

Para EU resulta cuestionable tanto a eficacia do sistema implantado como a calidade do resultado do servizo aos pacientes implantado de xeito unilateral, o que hai que engadir as negativas repercusións en materia de emprego.

A  campaña, continuará o dia 2 na Praza Enrique Piñeiro en Cambre e o dia 8 na Urbanización de A Barcala.

           
              Asdo: Consello Local de “EU” Cambre

                               

INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL DE "ESQUERDA UNIDA" PRESENTADAS AO PLENO E COMISIÓNS INFORMATIVAS DO MES DE FEBREIRO.



MOCIÓN 8 DE MARZO  CONTRA O ATAQUE AOS DEREITOS DAS MULLERES.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Estamos asistindo a un dos momentos históricos de maior ataque aos dereitos das mulleres. A dereita está agredindo aos pilares máis básicos da democracia, como é a aspiración á que temos dereito todas as persoas á liberdade, á autonomía persoal, ao acceso aos recursos e á igualdade entre todos os seres humanos.

Esta grave regresión maniféstase de xeito categórico respecto dos dereitos humanos das mulleres, froito do reforzamento das posicións máis retrógradas do sistema patriarcal, que, coa escusa da crise económica, viu as posibilidades abertas para deconstruir todo o conseguido.

O dereito das mulleres a elixir sobre a súa maternidade, é dicir, si queren ou non ser nais, é un dereito rotundo que debe estar presente en calquera circunstancia. É un dereito fundamental e, como tal, non pode ser obxecto de intercambio cos estamentos relixiosos e sociais máis reaccionarios.

As normas segregadoras e sexistas como a de reforma laboral e a recente Lei de educación que se están adoptado, xunto cos recortes en sanidade e na asistencia na dependencia, a provisionalidad nos empregos, a privatización do público… son medidas que están producindo un impacto de xénero que está xerando o incremento da feminización da pobreza e a intensificación dos valores represores da autonomía das mulleres.

A asignatura de relixión na escola pública e a exclusión da educación sexual e reproductiva dela, non só é consecuencia da inxerencia do clero herdeiro do franquismo nas decisións gobernamentais, senón que pretenden instaurar o modelo xa caducado, de mulleres obedientes e sumisas.

POLO EXPOSTO O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PROPÓN AO PLENO A ADOPCIÓN DOS SEGUINTES ACORDOS:

1º.-  Elevar ao Goberno de España a solicitude/esixencia de que non se atente contra os dereitos fundamentais das mulleres e que non teña lugar a tramitación do proxecto de lei contra o aborto.

2º.-  Que se amplíen os dereitos recoñecidos no texto vigente para que o aborto deixe de ser un delito e poida practicarse libremente na sanidade pública en todo o territorio español.


3º.- O Pleno do Concello de Cambre, adhírese a todas as manifestacións do movemento feminista e organizacións de mulleres, que en reivindicación dos acordos subscritos se convóque.

4º.-  O Concello de Cambre, comprométese a potenciar os valores de igualdade real, poñendo para iso todos os medios ao seu alcance, como é a defensa da sanidade e a educación públicas e laicas e plans de emprego e formación igualitarios.

5º.- Deste acordo se dará traslado ao Goberno de España, aos Grupos Parlamentarios do Congreso de Deputados. Ao goberno, e aos Grupos Parlamentarios da Xunta de Galicia.

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DE “EU” QUE PROPÓN A TRAMITACION PARA A FORMALIZACIÓN EN DEFENSA DA AUTONOMIA LOCAL CONTRA OS ARTIGOS PRIMEIRO E SEGUNDO E DEMAIS DISPOSICIÓNS AFECTADAS DA LEI 27/2013, DE 27 DE DECEMBRO DE 2013, DE RACIONALIZACION E SOSTENIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL.


EXPOSICION DE MOTIVOS:

Os artigos 140 e 141 da CE non só garanten e protexen a existencia de municipios e provincias, senón que configuran ambas as dúas entidades integrando un nivel na articulación territorial do Estado, atribuíndo aos seus órganos, concellos e deputacións, as funcións de goberno e administración de municipios e provincias, ao tempo que lexitiman as súas políticas como expresión do pluralismo político e manifestación  do principio democrático.

A Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local inverte radicalmente esta interpretación. O Estado deixa de ser garante da autonomía para municipios e provincias e pretende pasar a impedir ou dificultar a mellora e ampliación da autonomía local polas Comunidades Autónimas.

Son tres grandes bloques de contidos da Lei 27/2013 os que lesionan a garantía constitucional da autonomía local:

-O desapoderamento competencial dos municipios con vulneración da garantía constitucional da autonomía local recoñecida nos artigos 137 e 140 da Constitución.

- A inclusión de mecanismos de tutela, condicionantes e controis de oportunidade con vulneración da garantía constitucional da autonomía local.

-Vulneración do principio democrático no ámbito local.

Por iso PROPONSE AO PLENO:

PRIMEIRO.-Iniciar a tramitación para a formalización do conflito en defensa da autonomía local contra os artigos primeiro e segundo e demais disposicións afectadas da Lei 27/2013, do 27 de decembro de 2013, de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (BOE n.º 312 do 30 de decembro de 2013) de acordo ao texto que se achega, segundo o sinalado nos arts. 75 bis e seguintes da Lei Orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional.



SEGUNDO. - Para tal efecto, solicitar Ditame do Consello de Estado, conforme ao establecido no art.º 75 ter 3 da Lei Orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, por conduto do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a petición da entidade local de maior poboación (art.º 48 Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local), así como outorgar á devandita entidade a delegación necesaria.

TERCEIRO. - Facultar e encomendar o Alcalde para a realización de todos os trámites necesarios para levar a cabo os acordos primeiro e segundo e expresamente para o outorgamento de escritura de poder tan amplo e bastante como en dereito se requira a favor da Procuradora Dña. Virxinia Aragón Segura, col. n.º 1040 do Ilustre Colexio de Procuradores de Madrid para que, en nome e representación do Concello de Cambre de forma solidaria e indistinta, interpoña conflito en defensa da autonomía local contra a lei 27/2013, do 27 de decembro de 2013 (BOE n.º 312 do 30 de decembro de 2013), de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local seguíndoo por todos os seus trámites e instancias ata obter sentenza firme e a súa execución.


 ROGOS:

1.- Tras mais de medio ano dende que o Concelleiro responsable da área de Deportes, Xuventude e Voluntariado adquirira co noso grupo municipal o compromiso de procurar un parque adaptado para os maiores en Cambre, aínda non temos ningunha información ó respecto das xestións, informes ou traballos realizados, no caso de que os houbera, para a consecución dun espazo adaptado ás persoas maiores que, no caso de Cambre, teñen que desprazarse a outros lugares do Concello para poder facer uso dos aparellos específicos para o seu lecer e exercicio.


-PPREGAMOS se nos informe das xestións realizadas e de si vai ser acondicionado o parque para maiores en Cambre ou non.

2.- O Concello ten o deber de protexer, defender, realzar e dar a coñecer o valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radique no seu término municipal.

Así, deberán realizar a tramitación administrativa que proceda para reclamar dos propietarios as accións necesarias que garantan a conservación do ben.

Unha  parte do patrimonio da Igrexa  en Cambre permanece sen darlle utilidade,  en algún caso (coma a casa rectoral de Pravio ou o mosteiro de Bribes, con especial deterioro). Estas propiedades registradas a nome da igrexa católica, foron levantadas co esforzo e contribución de moitas aportacións pesoais e económicas tanto públicas como privadas.

Resulta necesario evitar o seu deterioro ou desaproveitamento para que dalgún xeito revirtan ó servizo do pobo que as fixo realidade. Para conquerir este obxectivo, é preciso iniciar contactos co arcebispado de Santiago e establecer fórmulas posibles de utilización e a adopción de medidas que eviten o deterioro dos mencionados inmobles.  

O noso Grupo ten coñecemento que en datas recentes o Alcalde tiña previsto reunirse coa xerarquía eclesiástica para tratar este problema.

-Polo exposto o Grupo municipal de “EU”, PREGA o Sr. Alcalde nos informe dos resultados das  xestións e das medidas a tomar, en relación o problema.


3.- Un dos problemas que ocasionaron os fortes temporales de vento e choiva  nas últimas semanas, foi a caida e desplazamento dos contenedores de lixo, por carecer de suxeción e aparellos de anclaxe, este feito ten ocasionado diversos accidentes no tráfico rodado e peonil. O problema ten maior incidencia nas zonas mais urbáns do concello supoñendo un perigro para a circulación.

PREGAMOS se adopten con urxencia as medidas correctoras necesarias para solucionar o problema,  como primeira medida nas zonas urbanas  e nas estradas con mais circulación.

PREGUNTAS:

1.- O 065 e un servizo de transporte  público que garantiza a movilidade a persoas con dependencia sin recursos. Este transporte adaptado   corre o risco  de ser desmantelado sin ningún tipo de consenso, deixando os seus usuarios ante a indefensión.

Igualmente, esta medida condena o desemprego a traballadores e traballadoras que perderán o seu posto de traballo, pola aplicación de medidas de recorte do  goberno da Xunta de Galicia, na sua aposta por precarizar o emprego en xeral, e desmontar os servizos públicos en particular, afectando en este caso, as persoas mais vulnerables.

-¿Pode informarnos o Goberno  en que medida afectará o noso concello, e sí existe algunha previsión para garantir a movilidade os usuarios?

2.- O Goberno ten entre as súas funcións dotar de alumeado público os distintos camiños públicos do concello.

¿Cando ten previsto  o Goberno dotar de  alumeado, a parte da rúa Freixo que carece deste servizo?

3.- As compañias de suministro eléctrico, presentan as facturas para o seu pago que en moitos casos son difíles de comprender. Recentemente a Deputación de A Coruña por medio da Fundación Axencia Enerxética, informaba sobre a  prestación dun servizo gratuito de revisión das facturas eléctricas, co fin de interpretar os recibos e detectar posibles irregularidades. Para este fin o Concello deberá asinar un acordo de colaboración coa propia Axencia.

-¿Pode informarnos o Goberno si ten suscrito dito acordo  ou si está nas súas previsións realizalo a corto prazo?


                        En CAMBRE a 25 de febreiro de 2014
                           Asdo:  Grupo Municipal de EU


 COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO

ROGOS:

1.- PREGAMOS procedan a instalar unha arqueta no regato da   rúa Balado (esquina muralla “Cenador”) co fin de evitar posibles accidentes.


PREGUNTAS:

1.- ¿Cando ten previsto o Goberno o traslado da marquesina da parada do bus no Temple, e en que lugar pensa ubicala?